CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

NON á represión sindical en POVISA!!!
noticia extraida de Avantar

Instálase unha caravana fronte a Povisa para demandar a readmisión de Consuelo Martínez, unha semana antes do seu xuízo. Permanecerán até o 28 de outubro, mesmo a fin de semana, e conta co apoio de traballadores/as deste hospital.


Pancartas contra a represión sindical e pola readmisión de Consuelo Martínez, delegada da CIG en Povisa e portavoz do Comité de folga durante a mobilización que tivo lugar en maio pola negociación do convenio colectivo, permanecerán desde o xoves 22 de outubro até o mércores 28 fronte a Povisa instaladas nunha caravana, aparcada fronte a este centro hospitalario.

"Instalámonos aqui, xa que como nos queda unha semana para o xuízo que é o 29, con esta caravana coas pancartas en reclamación de que este despedimento se solucione antes do xuízo e co apoio dos traballadores e traballadoras de Povisa", sinalaba a propia Consuelo Martínez, xunto á caravana.

Acompañamento de traballadores/as de Povisa

A delegada da CIG explicaba que "estaremos aqui até o dia 29, xusto o dia antes do xuízo, e estará permanentemente a sección sindical da CIG en Povisa, co acompañamento dos traballadores e traballadoras, tanto nos tempos de cafetaria como nas entradas e saídas de quendas. Estaremos tamén a fin de semana e mentres imos preparando toda a documentación para o xuízo que se prevé longo".

Xuízo o 29 de outubro

O xuízo comezará o 29 de outubro ás 12 da mañá na Sala número 5 do Social e xa está convocada unha concentración ás 11 diante dos Xulgados, de apoio e solidariedade, e pola súa readmisión.

Sobre as previsións que ten para este proceso xudicial, Consuelo Martínez, manifestou que "se falamos de xustiza, o xuízo debera saír ben, xa que o que parece incríbel é que con catro sindicatos implicados na folga, doce membros do Comité de folga máis 23 membros do Comité de Empresa, que só a min se me acuse de todo canto aconteceu e mesmo do que non pasou, porque hai moita mentira na miña carta de despedimento".

Consuelo Martínez aporta para este xuízo a perto de sesenta testemuñas, e Povisa está a citar a traballadores e mesmo a pacientes.

Ausencia do resto de centrais sindicais

Por último, denuncian a ausencia das outras centrais sindicais que forman parte do Comité de Empresa xa que "están totalmente desvinculados, non forman parte do Comité de Empresa, non asisten ás asembleas do centro, e hoxe a asemblea acordou enviarlles un escrito porque queren que dean a cara nunha asemblea e que expliquen porque están tomando esta actitude diante do meu despedimento".

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 23-10-2009 19:15
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis