CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

propostas da CIG-Saúde para o novo pacto de contratacións
No seu dia publicamos as propostas de CIG-Saúde cara o novo Pacto de contrataciois, como xa choveu dende aquela (30-10-2008); posteámolo novamente.

CONTRATACIÓNS – PROPOSTAS CIG-SAÚDE



1. PROPOSTA XERAL: unificar convocatoria de OPE e listas de contratación. A convocatoria sería única, a solicitude tamén. Unha vez realizado o exame, as listas de baremación servirían como base para as listas de contratación, incluíndo nelas ás persoas que aínda botando a solicitude non acudan ao exame. A puntuación de OPE faríase proporcional á nota acadada, incluíndo tamén á xente que non supere o exercicio de oposición. Deste xeito, incentívase que a xente se presente á oposición e estude para conseguir nota (ou sexa, puntuación para as listas) e ao mesmo tempo redúcese drasticamente a burocracia e papeleo de diversas listas e o número de taxas que hai que pagar para inscribirse nos distintos procesos.

2. SEGUIMENTO DO PACTO. Neste apartado presentaremos ao SERGAS a seguinte proposta: as Provincias de Lugo e Ourense queren manter a situación actual. Pontevedra, Vigo: Manter os chamamentos nas Dirección Provinciais e que se constitúa unha comisión de seguimento en cada área sanitaria. Coruña, Compostela e Ferrol: Xestión integral do pacto en cada área sanitaria. Na área de Ferrol que se aplique o Decreto de área única. Como argumento para manter a diferenza de criterio neste tema , basearémolo na situación que presenta cada Dirección Provincial, moi distinta de unhas a outras. Ademais pediremos que se redacte dun xeito máis conciso o apartado que fala do funcionamento das comisións de seguimento.

3. REXISTRO INFORMATIZADO: Solicitaremos que exista un rexistro informatizado que recolla as chamadas telefónicas realizadas mediante conexión coa empresa telefónica, que o rexistro non consista en que o funcionario/a introduza os datos. Tamén se propón que se publique a orde de chamamentos para que en todo momento se saiba cal é o número da lista ao que lle corresponden os contratos.

4. CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL: Solicitaremos as seguintes medidas.
a. Renuncia sen penalización á oferta de vínculos de curta duración de incorporación inmediata.
b. O persoal con fillas/os menores de 12 anos poderá solicitar suspensión temporal de chamamentos durante o periodo vacacional escolar.
c. Regular a reserva de vínculos de longa duración durante o permiso maternal.
d. Cambio de área por agrupación familiar (traslado de domicilio por agrupación familiar).

5. ÁREAS ESPECIAIS. Incluir como área especial Quirófano-Esterilización e incluir nelas ás Auxiliares de Enfermaría.

6. FUNDACIÓNS: Se se mantén o sistema actual (non aceptándose a nosa proposta xeral), incluir os últimos procesos de selección de fundacións nas valoracións de OPE.

7. CONTRATOS A TEMPO PARCIAL: Seguir mantendo a valoración destes contratos como xornada completa. Buscar un xeito de que se oferten ás persoas que os cubren os contratos superiores a catro meses para que poidan escoller sen penalización (mellora de contrato).

8. COMISIÓNS DE SERVIZO: Inda estando en contra da forma en que se conceden as comisións de servizo, CIG-Saúde estaría por buscar un sistema de oferta que implicara que cando menos o 50% das vacantes que xurdan sexan cubertas por listas de contratación, para evitar que sexan cubertas no 100% por comisións de servizo sen que se movan as listas.

9. BAREMO PSX. Posto que a categoría foi creada xa hai suficiente tempo como para que haxa servizos prestados nela para baremar, eliminar a puntuación que se outorga polo tempo traballado noutras categorías (telefonista, celador...). Ao mesmo tempo, solicitar a reciprocidade na valoración dos servizos prestados como Auxiliar Administrativo.

10. CONTRATOS EN ÁREA LIMÍTROFE. Para a xente que se atope cubrindo unha vacante na área limítrofe daquela onde está apuntada, oferta do contrato e rescisión do actual, cando xurda un contrato na propia área.

11. EXCEDENCIA POR COIDADO DE FAMILIAR. Ofertaranse con criterio de 1º de lista e ao persoal que este realizando estes vínculos ofertaránselle as interinidades que xurdan, dado que neste tipo de excedencias practicamente ningunha chega ao ano.

12. PROMOCIÓN INTERNA. Preferencia absoluta de ofertar as vacantes a promoción interna, 100% das vacantes que xurdan. Oferta á área sanitaria cando a contratación é reducida ou nula no centro nesa categoría.

13. SUSPENSIÓN TEMPORAL DE CHAMAMENTOS: O persoal, previa comunicación escrita, poderá solicitar a suspensión de chamamentos en días concretos por eventos familiares: vodas, bautizos... Asemade poderá solicitar , polo mesmo procedemento, un mes ao ano por vacacións.

14. BAIXA AUTOMÁTICA DO PERSOAL ESTATUTARIO. Propoñemos unha nova redacción: “Se unha persoa non aporta documentación ou efectúa a renuncia antes da elección do destino, o que permite correr a lista da ope para completar o número de vacantes, non sería penalizado coa exclusión das listas. Se polo contrario realiza a renuncia con posterioridade á elección de destino, si se penalizaría coa exclusión xa que nese momento non se podería completar a lista de OPE”. Entenderase como prazo de toma de posesión cando sae publicado no DOG o prazo para presentar a titulación correspondente ; se o persoal non presenta a documentación decae o aprobado e corre a listaxe de aprobados. Se a persoa que aprobe a OPE renuncia con posterioridade á praza impedindo que corra a lista de aprobados, será dado de baixa nos listados de contratacións.

15. EXPEDIENTES: regular a incorporación ás listas do persoal excluido das mesmas mediante expediente.

16. CHAMAMENTOS PARA VÍNCULOS DE DÍAS SOLTOS. serán ofertados coa maior proximidade ao día da substitución, xa que do contrario figura como persoa vinculada e non se lle oferta un novo vínculo. Regular o dereito a formalizar un vínculo cando a persoa estea en situación de IT por accidente laboral.

17. “INCORPORACIÓN” SEGUNDO O ESTATUTO MARCO. Producirase o cesamento do substituto pola reincorporación do titular ou cando este perda o seu dereito á reincorporación á mesma praza? O caso que hai que regular é: cando unha persoa esta substituíndo a ausencia dun titular que presenta distintos motivos continuados (IT, baixa maternal, vacacións, excencia por coidado de fillas/os) se o substituto está de IT coincidindo co cambio de contrato o SERGAS non lle permite formalizar o novo vínculo,ofertándolle o contrato a outra persoa das listas.

18. SAÚDE LABORAL:
a. Solicitar do SERGAS que regule as contratación para o persoal que presenta unha incapacidade física ou psíquica recoñecida pola Seguridade Social.
b. Ao persoal que presente unha discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia aceptaráselle a suspensión de chamamentos. O SERGAS remitirá a este persoal as U.P.R.L
c. O persoal que renuncie a un chamamento por motivos de saúde laboral, quedará suspendido dos chamamentos até a súa valoración pola U.P.R.L do SERGAS.
Comentarios (24) - Categoría: contratacion - Publicado o 18-09-2009 11:37
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
24 Comentario(s)
1 eu creo que os puntos do paro non tiña que habelos,que unha persoa de 18 anos que acaba de terminar os estudos teña os puntos ca#blgtk08#ndo non tuvo tempo de traballar,e inxusto,igual que o que non traballa para ter os puntos e logo fai "chambonadas" etc...saudos.
Comentado por Ninfa (19-09-2009 11:44)
2 boas: con respecto a negociación do novo pacto, sabedes si van a contemplar a posibilidade de abrir listas especiais para tel e ter por centro? explico o tema:
nas exfundacions para traballar de ter o de tel tes que ter unhas prácticas voluntarias, que o fin non son tan voluntarias nas que aprendes a manexar todos os aparatos, xa que aqui os tel e ter quedan solos de noite, sin analista nos caso dos tel#blgtk08# e validando eles as analíticas, e tes que atender un laboratorio de urxencias e atender a todo ( bioquimica, hematoloxia, coagulacions,orinas,...etc) e validar as análises xa que non hai médico responsable de presencia física...
por todo isto escoitei que van a seguir mantendo asi o tema, que tes que ter esas prácticas voluntarias para poder traballar ainda sendo agora do sergas...
sabedes algo?
Comentado por rosa (19-09-2009 17:23)
3 Considero que debedriades ter en conta o de p#blgtk08#oder anotarse a mais dunha categoria e area.
Comentado por Paula. (21-09-2009 10:21)
4 DIRIXE AS PREGUNTAS Á SECCIÓN CORRESPONDENTE (PICA NO ICONO D#blgtk08#O MENÚ DA ESQUERDA). ASEGÚRATE DE QUE NON ESTÁ XA CONTESTADA
Comentado por CIG-Saúde O Barco (21-09-2009 11:57)
5 Eu non entendo que ten que ver unha oposicion e unha bolsa de traballo, por que se ten que puntuar o exame con tantos puntos,o que aproba ben pero o que suspende pola causa que sexa pode irlle mui mal. Parece que o que interesa é que vaiamos ás academias, que pagemo#blgtk08#s a burrada que nos piden por que nos dea clase xente que non está preparada. Creo que se deberia quitar o de puntuar o exame, eu particularmente teño os puntos da de 2007, pero antes parciame inxusto e agora igual. É a miña opinion, e de algún máis tamen. Gracias.
Comentado por Miñorano (21-09-2009 12:26)
6 Non entendo o do punto 6, pedides que valoren as anteriores probas das exfundación, e non pedides que se valoren as anteriores Opes.

Ademais opino como Miñorano, é imposible adicarse toda a vida a preparación dunha oposición, eu levo aprobado duas#blgtk08# na miña categoria e sen praza, e cada vez con menos tempo para preparalas.

Se os da empresa esta de Francia que se están a suicidar ven as condicións nas que traballamos para seguir traballando os traballadores do Sergas, dalles a risa. E inhumano.
Comentado por (22-09-2009 09:30)
7 Para o nº 6- Estiven en Francia e pódoche decir, que al íen urxencias vín enfermeiras facendo de ,auxiliar,celador, e limpiadora...Así que o SERGAS, comparado con outros sitios é UN LUXO, o que pasa e que canto menos traballamaos menos queremos...#blgtk08#Así lle vai a S.Social, pero mirande para os privados como medran e medran.... Eu opositei moitas veces aprobando sempre ,casado e con fillos e pais o cargo, así que filliñas....TODOS temos os nosos problemas e a vida tén que seguir. Unha aperta.
Comentado por Marcos (22-09-2009 23:02)
8 Sinto moito ter que contestar, pero outra das cousas que non acabo de entender e o modelo clasista de traballo que eiquí temos. O mellor si que así nos vai porque somos como somos. Isto quén o ten que facer?
A min DUE non me caen os aneis por facer moitos traballos que hai nos servizos onde ando, sin ter que mirar a quen pertencen, sinon simplemente que os hai que facer atendendo á carga de traballo de cada sitio, e dende logo non me dis nada con todo o esfor#blgtk08#zo feito para acadar unha praza. Mellor nos iría a todos se ese esforzo o adicaramos a un meior traballo non a un maior esforzo para obter ese traballo.
Con habelo demostrado unha ou duas veces supoño que debera ser suficiente.
O que hai que demostrar logo é a competencia no traballo non a competencia nun temario.
Un saudo, e non busco enfrontamentos.
Simplemento expreso unha forma de opinar que tanto eu como moitos outros compañeiros temos.
Comentado por (22-09-2009 23:44)
9 Para el nº 7. Mi madre! mira que escucho una y otra vez a veteranos o de privados decir... "ay ay, pues yo sí que lo pasé mal,y cuántas injusticias pasé, ésto no es nada, yo hacía de celador, auxiliar y lo que me echaran...Mira que os quejais.." y bla bla..
Pues vale. Y? Que haya gente que lo haya pasado o esté pasando peor que los del SERGAS "actual" no justifica que tengamos que pasarlo mal ni pasar por injusticias. Es que sino, no avanzarí#blgtk08#amos nunca. Lo "vuestro"estaría peor, pero lo de ahora sigue mal. A mi es que me repatea escuchar éso una y otra vez como si nos tuviéramos que resignar y tragar con todo simplemente porque hubo gente y hay que lo pasa peor.
En fin, así nos va.
Yo tampoco busco enfrentamientos, ni muchísimo menos, pero esa mentalidad creo que nos hace bastante daño para seguir luchando para que se hagan las cosas lo más justas posible. Un saludo
Comentado por Lucía (23-09-2009 12:34)
10 Acabo de der o pto 6 duas veces pero aindo non o entendo tampouco. A que vos referides. Polo que eu lembro algunha das probas obxetivas das fundacións era unha entrevista persoal. ¿Iso tería algún valor?

Por outra banda tamén opino que a nota outorgada a unha OPE convocada cada dous anos é excesiva, non daría tempo a ter xente formada, polo menos #blgtk08#nesta categoría sería un ir e vir de xente. Cada convocatoría quen mais tempo tivera para preparar os exámes entraría, mentres que a maior parte da xente que estivera nas listas non tería puntos de traballo para competir, tendo menos tempo para preparar os exámes.

Ademais claro está de ser un saqueo para o peto en academias.

Un saudo
Comentado por psx (24-09-2009 16:36)
11 As últimas convocatorias de exame para as ex-fundacións seguiron unhas bases idénticas ás da OPE do SERGAS, e incluso se celebraron o mesmo día, xa que nese momento xa empezara o proceso de integra#blgtk08#ción das fundacións. Por este motivo, estes exames deberían ser puntuados na mesma medida que os da OPE SERGAS, posto que moita xente tivo que escoller entre ir ao exame SERGAS ou ao da fundación.
Comentado por CIG-Saúde O Barco (25-09-2009 09:17)
12 Somos currantas de sergas desde hace 15 años, nos gustaría saber ¿a quién les interesa los cambios del pacto de contrataciones?, a los trabajadores del sergas ? No, a los Sindicatos?=Espero que No, al Sergas? No creemos.
Nos gustaria que cuando quisiera#blgtk08#n hacer alguna modificación ,nos los preguntarán antes y contaran con nuestra opinión ,al menos de la mayoría que somos los más interesados en tener un baremo justo ya que nos pasamos la vida en la carretera y ahora no quieren contar nuestro tiempo trabajado.
Comentado por Las Marias (06-10-2009 14:29)
13 Yo creo que deberían fijarse en otros servicios de salud, me refiero a Enfermeria, que realmente tienen un baremo mucho más relacionado con la profesion.
Como en Madrid, en donde la formacion cuenta más puntos, pero también cuentan más de 1000 horas de foramc#blgtk08#ion en las listas. Y la docencia, los cursos, las comunicaciones a congresos, los articulos publicados. QUe la Enfermeria no es solo trabajar en un hospital, que se nos puntue TODO. Que también conlleva un esfuerzo y tiempo, a mayores de nuestro trbaajo asistencial.
Comentado por Eva (08-10-2009 12:28)
14 http://gestiona.madrid.org/i012_impresos/run/j/VerImpreso.icm?CDIMP#blgtk08#RESO=IMPH120581

AUTOBAREMO DE LISTA UNICA DE MADRID
Comentado por (08-10-2009 12:33)
15 PENSO QUE AS LISTAXES NON DEBEN TER EN CONTA O RESULTADO DA OPE NO#blgtk08#N PODEMOS ENXUICIAR A XENTE POR UN DIA SENON POLO TEMPO TRABALLADO
Comentado por MARIA (11-10-2009 11:45)
16 Tengo entendido y me parece injusto que gente que no ha echado la solicitud para las listas de contratación actuales se les mantiene en ellas solamente porque estuvieron anotadas en #blgtk08#listas anteriores, si hablamos de incentivar el estudio, creo más importante estar al tanto de cuando se abren las listas y por lo menos preocuparse de presentar la solicitud
Comentado por Aurora (20-10-2009 12:20)
17 No debería ser Urgencias servicio espec#blgtk08#ial como en muchos muchos hospitales ?
Comentado por Pilar (20-10-2009 13:06)
18 Qué pasa con el 061? ? seguiremos viendo niños recién termin#blgtk08#ados trabajando con ellos y otros q queremos no hay manera??
Comentado por Pilar (20-10-2009 13:09)
19 Non estou de acordo co punto 12 da proposta.A experiencia demostra que nos concursos oposición, casi nunca se cubren todas as prazas de promoción interna, eso é por duas razóns, ou ben no se presentan ós examenes , ou ben suspenden as probas.Premiar esa actitude con darlles ó 100% das vacantes que #blgtk08#xurdan, pareceme un insulto as personas, que ano tras ano, pagamos as tasas, e que ano tras ano, rompemonos os cornos preparando unha oposición , e non collemos a plaza por falta de tempo traballado.Si ahora traballamos pouco, que será de nós si todos os contratos bós son para a promoción interna?????
Comentado por Lola (22-10-2009 09:24)
20 Gracias pola túa opinión Lola, falas en nome de moita xente que su#blgtk08#fre nas bibliotecas, esperando a que lle den unha oportunidade...
Comentado por Angie (23-10-2009 02:19)
21 Penso o mesmo que Lola, pareceme un desproposito e unha inxustiza, a promocion interna non ten mais que aprobar o exame para coller praza, n#blgtk08#on necesita tempo traballado... e ainda asi nada, o final pretenden que xente con a oposicon suspensa teña todas as vacantes!!!ten delito...
Comentado por Estefania (23-10-2009 09:16)
22 Totalmente en desacordo co 100% de prazas para a promoción interna. Xa teñen a sorte de ter praza#blgtk08# e ainda encima todas a vacantes para eles.
NOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOONNNNNNNNNNNNNNNNNNNN.
Comentado por Paula (23-10-2009 10:09)
23 Siempre creí que el personal eventual pertenecía a la misma clase trabajadora que el personal con plaza en propiedad, pero leyendo y viendo la actitud de algún sindicato, y os incluyo a vosotros, me entran serias dudas.
Vemos como año tras año se da prioridad absoluta a las comisiones de servicio, y se cubre el 100% de las vacants.Ahora pretendeis que se cubr#blgtk08#an por promoción interna.Tragamos además con cobrar con dos meses de retraso nuestros salarios( al menos en el area donde yo trabajo)........Tengo la impresión de que el hecho de que los eventuales solo podemos votar en las elecciones sindicales si estamos en activo en ese momento, tiene algo que ver,....... parece que no somos generadores de muchos votos no??.
Comentado por L.P. (25-10-2009 02:31)
24 Esta é unha proposta que o Grupo de Traballo de CIG-Saúde elaborou, que se someteu á aprobación dos afiliados de CIG-Saúde (polo menos no Barco) saindo refrendada, e que temos publicitado ata en tres ocasións sin que ninguén dixera nada a respecto deste punto. En todo caso, CIG Saúde sempre escoita aos/ás traballadores/as e non é a primeira crítica que nos chega sobre ese punto, polo que parece ser, que se vai retomar este tema no Grupo de Traballo. Xa vos diremos cal é o resultado.

Por c#blgtk08#erto, para CIG Saúde tod@s @s traballador@s son iguais, independentemente do seu vínculo ou non vínculo, e así o temos demostrado en numerosas ocasións (só tendes que lembrar as concentracións convocadas non hai moito para esixirlle ao SERGAS celeridade na resolución dos procesos de listas, por exemplo). O feito de que o persoal temporal vote nas eleccións sindicais só se está vinculado non implica que non vaia votar despois cando teñan contrato estable, polo que ese argumento cae polo seu propio peso.
Comentado por CIG-Saúde O Barco (26-10-2009 09:41)
DIRIXE AS PREGUNTAS Á SECCIÓN CORRESPONDENTE (PICA NO ICONO DO MENÚ DA ESQUERDA). ASEGÚRATE DE QUE NON ESTÁ XA CONTESTADA. NON RESPOSTAMOS PREGUNTAS REPETIDAS. NO RESTO DE ARTIGOS, SÓ COMENTARIOS.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis