CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

aclaraciois sobre LDs
Estannos a entrar moitas preguntas sobre o disfrute de LDs por parte do persoal eventual, polo que entendemos que cecais cumpra aclarar o disfrute neste concepto.
Os permisos por LD veñen regulados no acordo de concertación social no seu punto 4.

O punto 4.1 dí textualmente:

O persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo terá dereito a desfrutar 9 días ó ano de permiso retribuído por asuntos propios, cando a prestación de servicios abarque os doce meses do ano natural. Nos supostos de que a prestación de servicios sexa inferior, os días de libre disposición calcularanse de xeito proporcional, a razón de 1 día por cada período de 40 días naturais de servicio ininterrompido, redondeándose por exceso a fracción que se puidera producir.

Isto quere decir que ten dereito todo o persoal que traballe durante todo o ano ou parte del para o SERGAS e que corresponde 1 LD por cada 40 dias calculándose por exceso (unha persoa que teña 41 dias de traballo ten dereito a 2 LDs).
Pero coidado, isto non significa que conleve reducción de xornada que tamén ben definida no Acordo de Concertación e marca un determinado número de horas a realizar en base ós días de contrato e de noites, no acordo tedes fórmulas para o cálculo da xornada que vos corresponde na que xa van deducidas as vacaciois e os LDs é decir o resultado daravos as horas efectivas a realizar (os días de asuntos propios “enfermidade dun familiar, fallecemento, etc,“ compútanse como xornada realizada).
Alguna vez temos visto que se lle plantexa ó persoal que non pidan LDs posto que a xornada que realizan xa se axusta á establecida, é opción do persoal aceptar isto sen mais ou exercer o seu dereito de disfrutar os LDs que lle coresponda cando lle interese a él e non á Xerencia de turno.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 25-08-2009 13:24
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis