|
|
|
|
espazo técnico |
|
Levamos mais dun ano esperando que o SERGAS normalice e regule via DOG a situación das categorias de técnico especialista en dietética, técnicos documentalistas e técnicos de farmacia. A situación de cada un destes grupos é distinta, posto que tanto dietistas como documentalistas poden ser contratados polos centros via listas de contratación se así o solicitan as Xerencias, non pasa así cos técnicos de farmacia que ata que saia o decreto de creación de categoria non poden ser chamados.
O problema d@s dietistas e tamén pasa nalgún centro cos documentalistas, na maior parte das Xerencias é que este servizo está privatizado ( en O Barco por sorte e tamén porque se reclamou no caso da dietista estase a tirar das listas de contratación e non hai subcontrata), dende hai tempo dende CIG-Saúde nos centros onde isto ocurre, estase a comprobar cando rematan estas contratas para presionar as xerencias que tiren de listas de contratación e eliminar deste xeito a xestión privada destes servizos.
Ante esta situación de espera e a actitude de pasotismo do SERGAS decidimos abrir este espazo onde tervos informados e ver de que xeito podémonos organizar para conquerir a publicación rápida dos decretos, e así mesmo poda ser usado por este persoal co fin de autoorganizarse ou manifestar ou transmitir o que se pensa sobre este asunto. Estamos abertos a calquera idea que poda contribuir a arranxar o problema,
Nesta semana dende CIG-Saúde enviarase un escrito instando ó SERGAS a solventar de forma áxil o problema (ó parecer debe andar pola mesa dalgún asesor xurídico polo que nos din). Unha vez sexa enviado o publicaremos no blog. |
|
|
|
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO |
|
|
|
|