CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

información reunión coa Xerente
Onte tivemos reunión ordinaria coa Xerente. Os puntos que se trataron foron os seguintes:

1. Situación económica do HCV. Segundo a Xerente a situación económica actual é nefasta, posto que unha grande parte do presuposto está xa executado. O luns día 20 ten unha reunión en Santiago de todo o equipo directivo do HCV xunto coa Consellería, onde vai levar unha petición de cartos para rematar o ano. A Comisión de Centro expresou que esta situación de déficit presupostario é histórica, que sempre se produciu porque os orzamentos que se proxectan para o HCV adoitan ser escasos e sempre hai que botar man de financiación a maiores deles. Tamén lle dixemos que esta non pode ser unha excusa que valla para atrancar ou frear todas aquelas melloras necesarias no centro.

2. Plan Funcional HCV. Desde a Comisión de Centro preguntámoslle á Xerente se pensaba continuar co Plan Funcional elaborado e desenvolvelo o máximo posible ou qué pensaba facer con el. A Xerente respostou que acaba de aterrizar e inda non tivera tempo de estudalo en profundidade, que o ía facer e nos contestaría en breve. En todo caso, comentou que ía solicitar unha reunión coa Consellería en setembro para tratar este tema. Asegurou que vai intentar conseguir todas as melloras posibles para o HCV.

3. Consolidación de prazas que están en acumulación de tarefas. Solicitamos que os postos de traballo que están cubertos desde hai tempo por acumulacións de tarefas que se van renovando (técnicos de laboratorio, auxiliares administrativos, celadores...) sexan consolidadas como prazas estruturais. A resposta da Xerente foi que lle gustaría ampliar a plantilla, pero que "a ver que nos din o luns día 20, na reunión coa Consellería" e que "haberá que ver se son necesarias".

4. Reorganización do traballo de celadores de servizos centrais. En vista das grandes cargas de traballo que teñen que soportar algúns dos celadores de servizos centrais (nomeadamente consultas e suministros), solicitamos que se estude a posibilidade de ampliar a plantilla para reforzar estes postos, e, en todo caso, mentres non se faga esta ampliación, que sexan reorganizadas as tarefas para aliviar as cargas de traballo que sobrelevan estes postos. A Xerente comprometeuse a estudalo.

5. Peonadas. Preguntámoslle cal era a situación actual no que se refire á autoconcertación. Parece ser que desde a Xerencia do SERGAS lles deron orde de paralizar as peonadas en canto o presupostado para elas estivera esgotado. Segundo a sra. Magadán, no HCV non só está esgotado, senón que xa se sobrepasou, polo que están paralizadas.
A Comisión de Centro fíxolle chegar á Xerente que, en todo caso, as peonadas non nos parecen o xeito de mellorar as listas de espera, ao que ela respondeu que ela estaba máis por tentar que se cumpran os horarios de xornada ordinaria. A Comisión de Centro alégrase de que asi sexa e apoiará á Xerente para que se cumpran os horarios de xornada ordinaria.

6. Resonancia Magnética Nuclear itinerante. Preguntóuselle se esta nova administración tiña intención de manter a RMN móbil, ao que respostou que preguntará en Santiago.

7. Política de Contratacións. A Xerente anuncia que non vai continuar coa política da anterior xerencia de cubrir con comisións de servizo sempre que haxa comisións solicitadas. Polo que nos comentou a súa intención é cubrir ao 50% con comisión e 50% listas de contratación, alternando. E parece ser que xa deu para atrás unha comisión que xa estaba concedida para contratar pola lista de contratación na categoría de celador.

8. Plan Funcional de Urxencias. Desde o SERGAS enviaron un escrito á Xerencia instándoa a tentar poñer de acordo aos facultativos de urxencias e á comisión de centro. Explicámoslle que non se trata de poñernos de acordo, senón que a redacción do Plan Funcional ten que cumprir a legalidade do Decreto de Urxencias Hospitalarias. Quedamos en enviar as nosas alegacións (que xa foron remitidas no seu día á Xerencia e ao SERGAS) e que as estudiarían.

9. Área Única. A Xerente comenta que non tén moita máis información que na última reunión que mantivo con nós. O que nos informa é dunhas Xornadas que a FEGAS vai organizar no Barco sobre a xestión integrada primaria-especializada, ás que nos invita a participar para que nos informemos. Desde a Comisión de Centro comentámoslle que, dependendo de como se faga, nós non vemos problema na integración dos dous chanzos da asistencia (primaria-especializada), pero si na desaparición da área do Barco, poñendo exemplos concretos dos prexuizos que acarrearía, ao que a Xerente contesta que está de acordo.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 17-07-2009 12:01
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis