CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

información mesa sectorial
MESA SECTORIAL 16-07-09.

Na reunión da Mesa Sectorial abordáronse os seguintes temas:

1.- Borrador de proxecto de integración no réxime estatutario do persoal da Lei 17.Fixeron entrega do borrador de Decreto dando un prazo de 10 días para que as organizacións sindicais lles fixéramos chegar as nosas alegacións. Nesta reunión, despois de darlle unha ollada rápida ao texto, fixemos as seguintes alegacións:
a.- Artigo 7.- Carreira profesional: o texto presentado no recolle que o sistema de acceso á carreira será no réxime extraordinario.
b.- Táboa de homologación: nesta táboa non se recolle o nivel do complemento deste persoal. Nos Decretos de integración publicados anteriormente as táboas de homologación recollían o nivel correspondente. Na actualidade, este persoal ten un nivel inferior cuantificado en 1, 2 ou 3 puntos que o seu correspondente estatutario.
Revisaremos o texto e enviaremos as alegacións correspondentes.

2.- Consolidación de grao licenciadas/os e diplomadas/os sanitarios. Só nos informaron que están elaborando o Decreto e que nolo enviarán no mes de setembro. Como CIG-Saúde manifestamos que queríamos un Decreto de consolidación de grao que recollese a todo o persoal estatutario e que se adaptase ás especificidades do noso persoal. Cando envíen o documento temos que seguir insistindo nisto.

3.- Xestión integrada. Áreas sanitarias.
A Directora de Asistencia Sanitaria fixo unha exposición extensa do que supón este modelo organizativo e da necesidade de desenvolver ferramentas de xestión que permitan a súa implantación.
Unha vez rematada a súa exposición, como CIG-Saúde manifestamos que non estábamos a falar da xestión integrada das áreas, senón que a nosa preocupación era o cambio do mapa sanitario; preocupación que xerou a Administración polas súas manifestacións públicas.
Insistimos en que non íamos aceptar un cambio no mapa sanitario que conleve a desaparición das áreas sanitarias existentes, e no seu dia xa entrariamos no debate da xestión integrada. Manifestamos publicamente que a experiencia de Ferrol contradice claramente o establecido na Lei Xeral de Sanidade, optando por un modelo de integración baseado nunha xestión orientada á atención da enfermidade mediante os recursos de atención especializada, marxinando á atención primaria.
Neste modelo, a participación dos profesionais na xestión concrétase unicamente en temas asistenciais, sen ningún papel no resto de actividades relacionadas coa promoción e prevención. Non está desenvolvida a participación cidadá.
Como conclusión deste tema podemos dicir que o tema está mais verde do que pensabamos e que a Administración comprometeuse a non tomar ningunha iniciativa antes de que as organizacións sindicais fósemos informadas na Mesa Sectorial. O que non acadamos foi o compromiso de que se mantivese o actual mapa sanitario. A Administración insiste en que a Lei de Saúde lles outorga competencia para modificar o mapa sanitario. Grazas pola información, pero xa o sabíamos.

4.- Calendário Mesa Sectorial Agosto.
Solicitamos que se nos entregase o calendario de negociación deste mes, xa que os medios de comunicación recollían a negociación do complemento específico durante o mes de agosto. Asemade, lembrámoslle que non esqueceran que o ámbito de negociación era a M.S. e que xa hai un acordo neste âmbito sobre o devandito complemento.
A Directora de RRHH manifestou que unha cousa eran as reunións que puidera manter con certos colectivos e outra o marco de negociación. Alegrámonos que o teña tan claro.

5.- Contratacións. Non teñen claro en que situación está a baremación das solicitudes. Durante o mes de agosto enviarán un novo calendario de negociación; neste calendario incluirán todo o referente á selección temporal, incluída a negociación do novo pacto.

6.- Temas de Primaria. Central de chamadas.
O SERGAS esta a valorar qué facer coa central de chamadas. Nunha reunión que mantiveron cos xerentes de primaria trasmitíronlles que os centros de saúde tiñan que volver a dar citas. Neste momento a cita para primaria pódese pedir no centro de saúde ou a través da central de chamadas. Solicitamos información máis detallada, e reprochamos que tomen accións deste tipo sen ningunha comunicación ás organizacións sindicais. Reivindicamos o mantemento da central de chamadas con persoal estatutario.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 17-07-2009 12:04
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis