CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

somos unha área
A finais dos anos 80, mais de 15.000 persoas botáronse á rua nunha histórica manifestación para reclamar a creación dunha área sanitaria propia.

Mais adiante miles de persoas acudiron a Santiago para que o goberno a aprobara, pero non foi así. Un voto decidiu que a área de saúde non se creara naquel momento, un diputado de Valdeorras do que é mellor nin lembrar o seu nome traicionou ós seus veciños e veciñas, votando en contra da creación desta área de saúde.

Seguiron as protestas e por fin conseguimos que se tivera en conta a reivindicación. Non se solventaron tódolos problemas nin moito menos, pero fumos avanzando dotando de servizos un hospital que naquel intre solo tiña os servizos mais básicos.
Posteriormente a poboación seguise mobilizando para que se nos tivera en conta, as últimas mobilizaciois foron hai 4 anos, pola situación que atravesábamos pola falta de especialistas, a poboación respostou tamén voltando a encher a rua noutra manifestación multitudinaria.

Agora atopámonos outra vez contra a parede ameazados pola conselleira de sanidade que ten insinuado que cecais esta área desapareza para incorporarse na de Ourense. Ante esta situación que suporia a medio prazo a perda de servizos do HCV, a CIG non pode nin vai quedar quieta.

Para mañá temos convocada unha reunión da comisión de centro para intentar argallar dende alí a estratexia a seguir contra o que pode ser a maior agresión contra a poboación desta área de saúde dende que existe. Pensamos que por un lado o persoal debe manifestar o seu rexeitamento a esta mais que posible iniciativa da conselleira de sanidade. E por outra banda débese retomar a Plataforma en Defensa da sanidade pública para que dende ela sexan os cidadans e os seus representantes os que abanderen as iniciativas co fin de facer recapacitar o governo do PP e non inicie trámite algún para finiquitarnos como área.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 30-06-2009 12:25
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis