CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

25 anos do traslado dos restos de castelao
Cando a lingua e a cultura galega está a sofrir un ataque sen precedentes pola extrema dereita que nos governa, cúmprense 25 anos do traslado dos restos de Castelao, extraemos o artigo de vieiros.

fonte vieiros

Cando volveu Alfonso Daniel
Este domingo cúmprense 25 anos do traslado dos restos de Castelao a Galiza, para ser soterrado no Panteón dos Galegos Ilustres. Foi un regreso moi agardado, mais non exento de polémica.


Os restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foron repatriados e levados ao Panteón dos Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval, en Compostela o 28 de xuño de 1984.

Fanse este domingo xusto os 25 anos daquela chegada tan arelada e tan chea de polémica, porque quen formaba parte daquela maquinaria represora que o botara ao exilio, estaba agora reclamándoo como figura propia, un aceno que non sentou ben no nacionalismo galego. Dicir ben é pouco dicir, xa que aquel 28 de xuño a contorna do parque de Bonaval era un fervedoiro. Había milleiros de persoas arrodeando a Igrexa de San Domingos, denunciando que "os que o exiliaran, agora lle fixesen honra". Non había dereito, pensaban, que as autoridades que gobernaban o país, que eran as mesmas que estiveran décadas sentadas á dereita da ditador, dando por boas todas as súas ordes, trouxesen agora os restos do ilustre galeguista, finado moi lonxe da terra (en Bos Aires, o 7 de xaneiro de 1950), facendo coincidir a súa chegada, ademais, co aniversario do plebiscito no que se aprobou o Estatuto que eles mesmos quixeron deitar.

Para darlle aínda máis polémica, aquel día houbera unha moi soada carga da policía española, que bateu contra os manifestantes que berraban, entre outras cousas, "A Castelao non se traizoa" e "Galiza ceive, poder popular!".

"Castelao é a esencia mesma do noso país, da nosa nación"
No mesmo día, saía na prensa galega un artigo de Uxío Novoneyra, que, naquela altura, era o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e no que o poeta do Courel sinalaba que os restos de Castelo "poden ser manipulados, coma todo, polo poder, pero el só vén realmente para os que queremos unha Galiza ceive". O artigo enteiro foi lido por Tareixa Navaza, naquela altura xornalista de TVE en Galiza, quen narrou a chegada do féretro con emoción, referíndose ao galeguista coma a persoa "que nos ensinou a todos que Galiza é unha nación". Nestes días ela mesma, xa prexubilada, contaba que o Gobernador Civil quixera parar a transmisión dos feitos, que agora pode verse no YouTube, e que segue estremecendo pola súa forza. Aquelas imaxes e aquela voz queda custáronlle o cargo ao daquela director de Televisión Española en Galiza, Alexandre Cribeiro, xa falecido. Tamén se vira obrigado a dimitir o organizador da cerimonia, Arixel Teixeiro.

Cando, despois da carga, uns uniformados homes erguían o féretro do automóbil no que fora trasladado, e levábano cara o Panteón, os manifestantes deixaron de berrar e comezaron a bater palmas ao seu paso. Daquela, Navaza destacaba os aplausos dicindo que "Castelao está por riba de todas as ideoloxías, porque é a esencia mesma do noso país, da nosa nación".

Honras pomposas despois de empurralo cara o desterro
Cómpre destacar que o desexo de Castelao era que o seu corpo, de morrer no desterro, fora repatriado a Pontevedra, xa que se consideraba pontevedrés "pola miña propia vontade e pola identificación coas terras e xentes de Pontevedra". Porén, xace inda baixo unha grosa lousa de granito detrás da que o quixeron agochar, após o pomposo recoñecemento daquel día de 1984, e que todos os anos, polo Día da Patria, é visitada e honrada con varios ramos de flores, como tamén o é a de Rosalía.

O mesmo día en que chegaron os restos de Castelao, concedéuselle, a título póstumo, a Medalla de Ouro de Galiza e, en decembro dese mesmo ano a Xunta de Fraga creaba a tamén moitas veces polémica Medalla Castelao.

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 28-06-2009 13:58
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis