CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

presentación da nova xerente do HCV: o SERGAS pretende eliminar a área do Barco
Visitaronnos hoxe a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e a Xerenta do SERGAS, Rocío Mosquera, para facer a presentación da nova Xerenta do HCV, Mª Jesús Magadán. Durante o acto, o discurso da Conselleira volveu mencionar esas frases xa pronunciadas hai pouco tempo de "xestión integral", "xerencias únicas", "eliminar cargos intermedios" etc... A Xerenta do SERGAS insistiu sobre o tema tamén.
Unha vez rematado o acto, desde a Comisión de Centro solicitamos falar coa Conselleira e mantivemos unha conversa informal con ela e a Xerenta do SERGAS na que, ademáis de entregarlle un escrito amosando a nosa preocupación, lle preguntamos directamente se era a súa intención eliminar a área de saúde do Barco, creando a área única. Sen dicilo expresamente, abondando en circunloquios e retórica varia, falando novamente de "xestión integral" e melloras nas competencias das direccións dos hospitais, ao final sacamos a conclusión, tanto nós, como moitos dos que forman parte da Comisión de Centro, de que finalmente si é iso o que pretenden: cargarse a área sanitaria do Barco e facer unha área única de toda a provincia, con todos os problemas que, ao noso entender, isto conlevaría.

Asi que, desde aqui, CIG-Saúde O Barco, quere, para empezar, saudar á nova Xerenta do HCV, Mª Jesús Magadán, e desexarlle unha boa xestión á fronte do mesmo, inda que moito nos tememos que non vaia ser asi, non porque non teña intención de facelo, senón porque probablemente perda moitas das atribucións como Xerenta do HCV ademais de capacidade operativa en canto se fusionen as áreas de Ourense e O Barco.

En todo caso, xa anunciamos que CIG-Saúde non permitirá este retroceso na xestión da sanidade na área do Barco e que fará todo o que estea na súa man para evitalo.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 26-06-2009 15:11
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis