CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

novas aclaraciois do SERGAS sobre o exame de galego
estas de abaixo son as novas aclaraciois do SERGAS sobre o exame de galego de facultativos, en canto teñamos información do resto de categorias a publicaremos.

No Diario Oficial de Galicia nº 122, do 24 de xuño, publícase a Lei 2/2009, do 23 de xuño, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.

Como consecuencia do establecido no artigo único e na Disposición Transitoria Única da devandita lei, o Servizo Galego de Saúde debe proceder á modificación das diversas Resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (D.O.G. nº 247, do 22 de decembro), polas que se convocou concurso-oposición para a categoría de facultativo especialista de área de diversas especialidades, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia de atención primaria, pediatra de atención primaria, farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria e médico coordinador do 061, co fin de adecualas ao contido da devandita disposición.

Polo tanto o vindeiro venres, día 26 de xuño, publicarse no Diario Oficial de Galicia unha Resolución da Xerencia do Servizo Galego de Saúde pola que se procede a modificar as devanditas resolucións, e que producirá efectos respecto dos exercicios da fase oposición que se celebrarán o vindeiro sábado, día 27 de xuño.

As modificacións que se levarán a cabo consisten basicamente en garantir a liberdade de elección de lingua galega e de lingua castelán en relación co segundo exercicio da fase de selección que, polo tanto, non será exclusivamente en lingua galega.

Por outra banda, se garantirá que os aspirantes que acrediten posuír o Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega; D.O.G nº 146, do 30 de xullo), queden exentos da realización do terceiro exercicio de coñecemento da lingua galega.

De conformidade co anterior, os aspirantes que estean en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado (curso de perfeccionamento ou validación correspondente, conforme á Orde do 16 de xullo de 2007 antes citada) poderán abandonar o recinto onde se realicen os exercicios ao finalizar o segundo exercicio, permanecendo no mesmo exclusivamente os aspirantes que teñan que realizar o terceiro exercicio de coñecemento da lingua galega, que será realizado unha vez rematado o segundo exercicio.

Recórdase que o exercicio de coñecemento da lingua galega é obrigatorio para os aspirantes de calquera quenda de acceso (libre, persoas con discapacidade e promoción interna) que non teñan os devanditos cursos de coñecemento da lingua galega, polo que se recomenda que aqueles aspirantes que teñan algunha dúbida sobre a validez dos cursos dos que poidan dispoñer, permanezan no recinto ó finalizar o segundo exercicio e procedan á realización do terceiro.

Nos primeiros días do vindeiro mes de xullo publicarase no Diario Oficial de Galicia unha resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se abrirá un prazo para que os aspirantes que estean exentos da realización do exercicio de coñecemento da lingua galega, aporten a documentación que acredite que están en posesión dos devanditos cursos de coñecemento da lingua galega.

Aos aspirantes que de conformidade co establecido no punto anterior, acrediten estar en posesión do curso de coñecemento da lingua galega Celga 4 ou equivalente (perfeccionamento) ou a validación correspondente, se lles outorgará unha puntuación de 5 puntos no terceiro exercicio.

Os aspirantes que deban realizar o terceiro exercicio por carecer do correspondente curso de coñecemento da lingua galega, serán valorados de 0 a 5 puntos, en función da puntuación acadada no devandito exercicio.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 25-06-2009 18:29
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis