CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

manifesto a prol da música galega
nova extraida de A nosa terra, para vela completa, preme aquí

Os músicos reúnense na Asemblea Aberta

Ao redor do Manifesto básico pola defensa da RTVG, o pasado 13 de xuño constituíuse en Compostela a Asemblea Aberta integrada por músicos profesionais, grupos noveis e representantes de salas e programadores de festivais. Membros de Machina, Esquíos, Ataque Escampe, Sacha na horta, Zënzar, Ruxe Ruxe, Fanny e Alexander e outros moitos uníronse “contra a censura e a marxinación da música galega”.


A súa principal reivindicación é conseguir que “a sociedade teña un espazo na radio pública no que escoitar a música que se fai no país”. No seu primeiro encontro, a Asemblea Aberta acordou traballar nun plan de accións reivindicativo, no que se está a barallar a recollida de firmas para poñer en marcha unha Iniciativa Lexislativa Popular e abrir novas vías de expresión a través da internet.


Pola súa banda, os interlocutores da Radio Galega comunicáronlle a A Nosa Terra que tanto o futuro de Aberto por reformas como a programación en xeral “está en estudo” e que a nova dirección “non ten unha decisión tomada” ao respecto da política que se vai seguir no referido á música galega.


Crear público, materia pendente en Galiza

Unha das grandes materias pendentes da música en galego, segundo apunta Brais de Esteban, membro de Som do Galpom, é facer público. Existen dúas formas neste sentido: “tocar ao vivo e ter espazo na radio pública”. Neste último senso, o papel de Aberto por reformas, ao seu ver, foi “clave”.


“As estadísticas demostran que en Galiza hai máis grupos que no resto das comunidades, por diante mesmo de Cataluña”, comenta Brais de Esteban. No terreo da escena emerxente, só en Nsaio, o programa, agora tamén en suspenso, promovido pola anterior Consellaría de Benestar a través de Xuventude que tiña entre as súas principais finalidades habilitar locais de ensaio, están adscritos máis de 360 grupos noveis. “Debemos ser ambiciosos e pensar en exportar porque a música aquí cumpre condicións para ser primeira industria”.


Dende o colectivo hip hop Dios ke te crew cualifican o papel do programa como “unha dose de autoestima, de coñecemento, de dinamización, de difusión e tamén de liberdade sen censuras”. Como radio pública que é “a Radio Galega non debe excluír a diversidade cultural deste país na programación diaria”.


A Asociación Galega de Fonografistas, AGAFONO, a través de Fasero, responsábel de Zouma Records, mostrou tamén a súa preocupación por que “se lle quiten espazos a música galega, que sempre tivo moi pouco protagonismo, incluso na última lexislatura” pero mantense á espera de reunirse coa xunta directiva da Radio Galega para poder tomar medidas nun sentido ou noutro.l

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 24-06-2009 00:51
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis