CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

máis instruccións convocatoria listas
Pegámosvos aqui parte das instruccións que no seu día ditou o SERGAS sobre a convocatoria de listas de contratación, a modo orientativo:

(lembrade que as instruccións fan referencia á convocatoria anterior de diverso persoal sanitario e de xestión e servizos, pero as aclaracións que se reflicten son aplicables igualmente a esta convocatoria)

Informe da Subdirección Xeral de Politicas de Persoal acerca das dúbidas máis destacadas e criterios que se deben seguir en relación coas solicitudes das persoas interesadas en participar no proceso de selección temporal (...)

1.-Precisión acerca das solicitudes e incorporación de novos méritos.
A resolución ten por obxecto "convocar as novas persoas aspirantes que estivesen interesadas en presentar a sua solicitude de inscrición nas listas que se confeccionen en aplicación do pacto de selección temporal (...)". "Procédese, así mesmo, a abrir o prazo para a incorporación dos novos méritos que queiran presentar aqueles e aquelas aspirantes que xa figuran inscritos en virtude da convocatoria ordinaria(...)
Polo tanto, as persoas que xa gozan arestora da condición de aspirante por figuraren nas listas de selección temporal vixentes, non teñen que volver presentar a solicitude requirida na disposición Segunda -1 da convocatoria para conservar a citada condición. Mais, de pretender estas persoas que se lles valoren novos méritos, isto require a presentación da pertinente solicitude (coa unica excepción, de ser o caso, da experiencia laboral no Servizo Galego de Saude pois, quen só teña servizos prestados neste organismo non ten que anotarse, ao incorporarse a experiencia directamente desde a aplicación de persoal e nóminas dos centros de xestión ao programa UCOT), do mesmo xeito que quen se inscriba por vez primeira.

2.-Prazo de presentación de solicitudes (...) As solicitudes que sexan presentadas antes ou despois de prazo serán extemporáneas, o cal supón que, no caso dos aspirantes que pretendan inscribirse por primeira vez, sexan excluidos do proceso de selección; e os que xa figuran admitidos nas listaxes anteriores, non poidan actualizar os seus méritos ou modificar as condicións previamente consiqnadas.

(...)

4.-Pago de taxas (...) deben aboalas:
a) Quen se inscriba por vez primeira nas listaxes do Servizo Galego de Saúde.
b) Quen, figurando xa como admitido nas listas da convocatoria ordinaria anterior (...), varíe as condicions consignadas na solicitude dese ano cunha modificaci6n substancial, entendendo por tal, aquela que implique mudanza de categoría, de listaxe ou de area de xestión.
O concepto de cambio de listaxe implica a entrada au saida de calquera das listas específicas (pull, áreas especiais, cambio da quenda de acceso -libre a promocion interna-, etc.) ata o de agora vixentes, polo que se trata dunha modificacion substancial que necesariamente require o aboamento das taxas. No suposto de que algun aspirante non pagase as taxas, malia ter solicitado o cambio de lista (ao igual que o de categoría ou área), non será excluido, senón que a consecuencia será, (...) que o aspirante se manterá como admitido na lista, mais sen variar as condicións consignadas na solicitude anterior (xa que logo na mesma cateqoría, lista e área de xestión nas que xa estaba), variación que para ser efectiva requiriría o imprescindible aboamento das taxas.

5.-Devolución das taxas. Só procede (...)"no caso de erro ou discrepancia co importe autoliquidado", suposto no que se establecerá unha exclusion provisional, que poderá ser emendada no prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais de admitidos e excluidos. De non solicitarse esta emenda (o que produciría o efecto da exclusión definitiva), e ainda que non se explicita no texto da convocatoria, é de aplicación a regra xeral a calquera proceso selectivo en virtude da cal os aspirantes excluidos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de resolución pola que se publiquen as listaxes definitivas, para solicitar a devolución das taxas aboadas en concepto de inscrición.

(...)

6.-CNP.
Tratase do Código Numerico Persoal, propio de todo o persoal estatutario do Servizo Galego de Sauce. Só o ten que cubrir aquel aspirante que o coñeza (introduciuse nos formularios seguindo indicacións da Asesoría Xurídica, por ser de obrigado cumprimento para determinados trámites e procedementos relacionados coa actividade asistencial, sobre todo, por parte do persoal licenciado sanitario, mais a súa cumprimentación non é obrigatoria para os efectos da selección temporal).

7.-Presentación de documentación compulsada. Carecerán de validez as compulsas practicadas por persoas ou entidades alleas á condición de Administración Publica (caso dos colexios profesionais), de conformidade co Real Decreto 772/1999, do 7 de maio (BOE num. 122, do 22 de maio), polo que se regula a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións ante a Administración Xeral do Estado, a expedición de copias de documentos e a devolución de orixinais e o réxime das oficinas de rexistro. O citado Real Decreto configúrase como desenvolvemento dos artigos 35 c). 38, 46 e 70.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e constitúe a norma de referencia para resolver este tipo de cuestións, ben que de xeito supletorio, toda vez que non existe na nosa Comunidade Autónoma normativa especifica sobre as citadas materias.

8.-Exames aprobados da ultima oferta publica de emprego do Servizo Galego de Saúde (formalizada no DOG nº 156, do 14 de agosto de 2006). Nas cateqorías que consonte á convocatoria deberon realizar dous exercicios que, neste ano, se celebraron o mesmo día, en unidade de acto, aos aspirantes que teñan aprobado o 2º deles (parte práctica), pero non asi o 1° (parte teórica), dado o seu carácter eliminatorio e sucesivo, non se lles outorqará puntuación ningunha por este apartado do baremo; toda vez que é a primeira parte a que dá acceso á valoracion da segunda, mais non á inversa. De tal xeito que os aspirantes que teñan superado os dous exercicios recibirán 18 puntos neste apartado, os que teñan aprobado o primeiro, pero non o segundo, 9 puntos; e non recibirán puntuación ningunha tanto quen só teña aprobado o segundo exercicio, como ningún dos dous.


Tíñamos publicado no 2007 un "manual para apuntarse nas listas de contratación do SERGAS", que vos poidera ser de axuda.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 24-04-2009 13:49
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis