CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

incompatibilidades SERGAS
Desde CIG-Saúde vimos de enviar á nova Conselleira de Sanidade esta solicitude con respecto á lei de incompatibilidades:

Pilar Farja Abadía.
Conselleira de Sanidade.
Sán Lázaro s/n. Santiago de Compostela.


M.ª Xosé ABUÍN ÁLVAREZ, con D.I 31.836.309 na súa condición de secretaria nacional do sindicato CIG-SAÚDE, con domicilio para notificacións na rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10 – 15703 Santiago de Compostela, EXPÓN:

Que, en exercicio do dereito fundamental previsto no artigo 29 da Constitución e regulado mediante Lei Orgánica 4/2001, do 12 de novembro, formula a presente PETICIÓN, que fundamenta nos seguintes

MOTIVOS


PRIMEIRO. Os requisitos e procedemento administrativo para autorizar a compatibilización de actividades públicas e privadas ao persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde non presentan diferenzas substanciais cos que se estabelecen para o común dos empregados públicos, recollidos con carácter xenérico na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións, e o seu regulamento executivo, aprobado por Real Decreto 598/1985, do 30 de abril.

Neste sentido, o recoñecemento da compatibilidade para o exercicio da actividade privada, por conta propia ou allea, configúrase como un requisito previo imprescindíbel para o seu exercicio, após solicitude do interesado. Así, o incumprimento das obrigas legais en materia de incompatibilidades leva aparelladas responsabilidades disciplinarias que, nos casos máis graves, poderían implicar a separación do servizo do infractor.

Achégase con este escrito a copia dun informe solicitado por CIG-Saúde á Dirección Xeral da Función Pública da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que dá conta do rexime legal aplicábel.

SEGUNDO. Malia a clareza das normas reseñadas, a actitude tradicional das Administracións sanitarias en relación coa compatibilización de actividades públicas e privadas por parte do seu persoal facultativo foi de extrema tolerancia, cando non de aberta inhibición. Así, o que debería ter un carácter excepcional, taxado e controlado (a compatibilización de actividades) converteuse na regra xeral no campo sanitario, onde son frecuentes as compatibilizacións de facto, sen previa solicitude á Administración nin comprobación por parte desta da concorrencia dos requisitos legais para a súa autorización.

Boa mostra desta patolóxica situación é que o persoal facultativo que pretenda percibir o Complemento Específico nos termos previstos no Real Decreto-Lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do INSALUD, ha de facer unha manifestación expresa de que desexa prestar os seus servizos en rexime de dedicación exclusiva ao sistema sanitario público. Tal manifestación sería ociosa en caso de que a Administración sanitaria levase un control exhaustivo sobre as situacións de compatibilidade, como é vontade do lexislador.

TERCEIRO. A situación descrita, de patente ilegalidade, aconsella a abertura dun período extraordinario para a regularización das situacións de compatibilización de actividades públicas e privadas, que permita a aqueles facultativos que simultanean actividades públicas e privadas, sen contaren coa preceptiva autorización, poderen optar a ela nos termos legais.

Este procedemento de regularización, que podería acometerse nun prazo non superior a un ano, permitiría a presentación por parte dos facultativos das solicitudes de compatibilidade e a conseguinte autorización ou denegación por parte da Administración, após comprobar a concorrencia dos requisitos legais, nomeadamente en materia de colisión de horarios e intereses públicos e privados. Unha vez finalizado este período excepcional e inscritas as compatibilidades concedidas no Rexistro Central de Persoal, sería factíbel un control estrito do cumprimento da legalidade nesta materia, se for necesario mediante o exercicio da potestade disciplinaria.

Polo exposto,

SOLICITA: Que teña por formulada a presente petición e, na súa virtude, proceda a articular un sistema extraordinario de regularización das situacións de compatibilidade de actividades públicas e privadas do persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde, nos termos propostos no motivo terceiro deste escrito.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2009

M.ª Xosé Abuín Álvarez
Secretaria Nacional de CIG-Saúde
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 24-04-2009 10:21
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis