CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

instrucciois SERGAS contratación
como están a xurdir diversas preguntas sobre algúns aspectos da convocatoria de listas de contratación, deixámovos parte das instrucciois que mandou o SERGAS (as que afectan ás categorias agora convocadas)coa publicación das listas do resto de categorias.

1.2.- Comunicación de dispoñibilidade de aspirantes con vínculos de longa duración inscritos noutra área.

Os aspirantes con nomeamento en praza vacante ou vínculos de duración igual ou superior a un ano que tiveran solicitado a súa inscrición noutra área sanitaria na presente convocatoria de selección temporal, deberán remitir escrito á dirección provincial correspondente, manifestando a súa dispoñibilidade para chamamentos na área sanitaria na que figuran inscritos, no prazo de trinta días, contados a partir do día seguinte ao da data da citada resolución.

Os aspirantes que manifesten a súa dispoñibilidade para chamamentos, serán chamados por unha vez para calquera vinculación que lle corresponda polo seu número de orde na nova área e, en caso de aceptar esta oferta, conlevará a renuncia á vinculación na área de orixe, que por pasar a prestar servizos na nova área non será obxecto de penalización.

No caso de que o aspirante rexeite este primeiro nomeamento ofertado unha vez presentado o escrito manifestando a súa dispoñibilidade, seralle de aplicación as penalizacións previstas no punto 11. do Pacto sobre selección temporal.

1.3. Solicitude devolución aboamento de taxa.

De acordo co disposto no punto oitavo da convocatoria, poderán solicitar a devolución dos importes aboados en concepto de taxa os aspirantes que figuren definitivamente excluídos nas listaxes de vinculacións temporais ou que efectuaran indebidamente o aboamento. O prazo para solicitar dita devolución será dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente dirección provincial.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 21-04-2009 12:12
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis