|
|
|
|
| Corrección erro e aclaraciois |
|
Estabamos a informar de xeito errado no tocante á solicitude para as persoas que figuran nas listas de contratación de convocatoria automática.
Se xa figurades na listas (ben nas xerais, ou ben nas automáticas) tedes que riscar na solicitude "INCORPORACIÓNS SUCESIVAS" e non "1ª inscripción" como por erro respostamos nalgún comentario.
Pedimos desculpas polo erro.
Aproveitamos para extraer da convocatoria unha serie de temas que estades a preguntar:
1. Solicitudes.
As persoas aspirantes non poderán solicitar a súa inclusión en máis dunha categoría profesional, coa excepción das categorías de persoal médico de familia e persoal médico de urxencias hospitalarias, que serán compatibles entre si.
As persoas aspirantes que se limiten a incorporar novos méritos non terán que aboar taxas no concepto de inscrición nas listaxes, pero si marcar a epígrafe da solicitude correspondente a Actualización de méritos.
Polo tanto as persoas que están nas listas automáticas non teñen que pagar taxas se non fan modificacións substanciais.
1.3. Así mesmo, deberán presentar a súa solicitude as persoas aspirantes xa admitidas nas listaxes confeccionadas por mor da convocatoria ordinaria anterior e as incorporacións automáticas sinaladas no punto primeiro, para actualizar méritos ou ben para modificar condicións previamente consignadas.
Nestes dous supostos deberán marcar a epígrafe relativa a Incorporacións sucesivas.
Ollo a este punto de arriba, nas listaxes pasadas de celador, Aux adm, técnicos etc: non habia que presentar instancia se non tiñas nada que aportar mais que a experiencia no SERGAS, agora non é así, se non botas a instancia non se desaparece das listas pero sí non serán actualizados os méritos como ben refrexado na base 2ª.2.
As persoas aspirantes que se limiten a incorporar novos méritos non terán que aboar taxas no concepto de inscrición nas listaxes, pero si marcar a epígrafe da solicitude correspondente a Actualización de méritos.
Aqueloutras que varíen as condicións consignadas na solicitude anterior, poden realizar unha modificación non substancial ou unha modificación substancial, entendendo por tal aquela que implique mudanza de categoría, de listaxe ou de área de xestión No primeiro caso, deberán marcar a epígrafe correspondente á Modificación non substancial sen ter que aboar taxas. No segundo suposto, teñen que marcar a epígrafe correspondente a Modificación substancial e achegar, xunto coa solicitude, o xustificante de ter aboado as taxas de acordo co previsto na disposición novena desta resolución.
Para estes efectos, cómpre incidir en que as novas instancias nas cales unha persoa aspirante inscrita nas listaxes ata agora vixentes solicite a entrada ou saída de calquera das listas específicas (curta duración, áreas especiais, etc.) agora en vigor e nas cales
aquela figura xa admitida, supoñen unha modificación substancial que necesariamente require o aboamento das taxas. Polo tanto, naqueles supostos en que unha persoa que teña cuberta a epígrafe relativa a Incorporacións sucesivas, e que malia ter solicitado o cambio de lista, non acredite o aboamento das correspondentes taxas, non quedará afectado o mantemento da/o aspirante como admitida/o, mais tampouco variarán as condicións consignadas na solicitude da convocatoria anterior.
Terceira.-Requisitos.
............
Só se valorarán os méritos acreditados ata o día inmediatamente anterior á data de publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, tanto aqueles que incorporen as persoas aspirantes xa inscritas, como os presentados por quen acceda por primeira vez.
D) Áreas especiais.
Os aspirantes das categorías de enfermaría e auxiliares de enfermaría que acrediten dous meses de servizos prestados nas áreas especificadas no modelo, ou ben, na categoría de enfermaría, acrediten posuír a titulación ou formación específica nunha concreta especialidade, poderán presentar a solicitude para figurar nesas listaxes especiais, marcando a correspondente área no modelo de solicitude.
Quinta.-Documentación.
2.2. Para a acreditación de servizos prestados:
-En institucións sanitarias públicas ou entidades públicas: certificado asinado polo director ou directora da institución sanitaria, ou responsable do órgano administrativo, en que conste toda a información necesaria para a baremación.
-En institucións ou empresas privadas: requírese a certificación en que conste toda a información necesaria para a baremación e, ademais, o informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou calquera outro documento de carácter público, en que se ratifique a veracidade dos datos reflectidos no certificado; de xeito particular, a cotización polo grupo correspondente á categoría de que se trate, e os períodos de prestación efectiva de servizos nela.
Para estes efectos, cómpre aclarar que a soa presentación da vida laboral non acredita os servizos prestados. Repútase insuficiente, así mesmo, a simple presentación do contrato ou contratos laborais para valorar este mérito, toda vez que o contrato non acredita de seu a efectiva prestación de servizos nas datas recollidas nel
A acreditación do tempo traballado na privada ten dado lugar a moitas reclamaciois, polo incluide toda a documentación que piden.
3. Non será preciso presentar certificación ou documentos xustificativos dos requisitos habilitadores e méritos relativos a: experiencia profesional, dispoñibilidade en médica/o de familia, formación académica, formación especializada, formación continuada e coñecementos do idioma galego xa tidos en conta na anterior convocatoria ordinaria do ano 2006, ou nas incorporacións automáticas posteriores e que, polo tanto, xa constan no expediente da persoa interesada.
E lembrade que a xente que se quere presentar ás listaxes especiais (Pool, áreas especiais), ten que cubrir as dúas solicitudes.
convocatoria de listas
Pacto de contrataciois
baremos |
|
|
|
|
| 32 Comentario(s) |
|
| 1 |
Eu teño unha dúbida. Resulta que na anterior lista de contratación, explicome: non na que rexe na actualidade, senon na anterior, estiven la lista#blgtk08# do pool e na anterior mesa non me puntuaron o pool. ¿Cómo fago agora para reclamar eses dous puntos? ¿Preciso pedir servizos prestados? Graciñas |
|
|
Comentado por anonimo (20-04-2009 21:53) |
|
|
| 2 |
Hola, gustaríame saber para qué serve a lista de corta duración de urxencias extrahospitalarias, se limita o tempo traballado a 10 días mes igual que o pool de hospital e se é compatible coa lista xeral, é dicir se te chaman para contratos de hospital e#blgtk08# primaria indistintamente se estas anotado nos dous ou se estar anotado na lista de corta duracion te exclue para contratos en hospital.
Aquí en Lugo non a estiveron usando ata o de agora por iso non temos nin idea en qué consiste.
Gracias |
|
|
Comentado por DUE LUGO (20-04-2009 22:30) |
|
|
| 3 |
Para anónimo: debes botar a instancia normalmente, pero se non che ven puntuado outra vez, debes reclamar para que chos puntúen.
Para DUE LUGO: son listas para cubr#blgtk08#ir os PACs e para contratos de ata un mes en atención primaria. Estar nesta lista non impide que se chame pola lista xeral para os contratos superiores a un mes que correspondan. |
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (21-04-2009 11:04) |
|
|
| 4 |
Hola,eu teño unha duda, non sei a que se refiren n#blgtk08#a instancia o "codigo numerico personal".Graziñas |
|
|
Comentado por aux. enf. (21-04-2009 12:58) |
|
|
| 5 |
Se xa estiveches traballando para o SERGAS, é un código que te#blgtk08# identifica como traballador/a. Non é obrigatorio que o poñas. |
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (21-04-2009 13:07) |
|
|
| 6 |
hola. nunha pregunta q vos fixen anteriormente sobre o tempo traballado, entendin q non necesito pedir ningun papel q o xustifique, pero agora, e lendo a convocato#blgtk08#ria, creo entender que teño q ir o hospital a pedir o certificado de meu tempo traballado para o sergas. e asi ou entendin mal?
graciñas, sodes os mellores |
|
|
Comentado por monica (21-04-2009 13:48) |
|
|
| 7 |
se xa figurabas nas listas do SERGAS NON teis que presentar o tempo traballado nél,#blgtk08# sí en cambio o tempo novo que poideras ter noutros servizos de saúde ou na privada |
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (21-04-2009 14:04) |
|
|
| 8 |
si estás xa nas listas como é o mismo pacto non fai falta presentar cursos verdade? e s#blgtk08#e teño algun que caduque ahora, debería meter outro no seu lugar? grazas por axudarnos. |
|
|
Comentado por outra afiliada (21-04-2009 14:24) |
|
|
| 9 |
Se xa figuras nas listas e tiñas o tope por cursos#blgtk08# (5 ptos) tés que actualizar un curso de 20 horas. |
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (21-04-2009 14:28) |
|
|
| 10 |
hola, teño unha dúbida........eu estou nas listas de aux. de enf. do 2006, ahora quero entregar o titulo de tec. esp. en lab, ademais disto o certificado de notas e tamen o tempo traball#blgtk08#ado na XUNTA. a miña pregunta e, ¿teño que pagar as taxas?(imaxinome que non, pero mais vale previr.......), ¿sabedes canto puntua 1 mes traballado na xunta?. GRACIAS DE ANTEMAN!!!!!!!!!! |
|
|
Comentado por begoña (21-04-2009 15:38) |
|
|
| 11 |
hola son auxiliar de enfermeria, e teño unha duda,eu estou anotada nas listas de contratacion anteriores#blgtk08# nas do pull, nestas quero seguir no pull pero¿podo estar tamen nas de saude mental?graciñas de anteman |
|
|
Comentado por auxi (21-04-2009 16:58) |
|
|
| 12 |
son a do comentario nº 10,non sei se o certificado de notas d#blgtk08#e tec. esp. lab. me puntua para as listas de auxiliar.gracias |
|
|
Comentado por begoña (21-04-2009 19:50) |
|
|
| 13 |
hola
nesas instruccions non di nada de apuntuación por aprobar os examens das exfundacios nin os puntos por estar nas listas pull destes centros?
que pasa con isto? queda no aire o tema, sabedes a#blgtk08#lgo?
teño entendiddo que existía un acordo do sergas cos sindicatos, como e entón que non aparece nada nin nestas instruccions nin no doga do 17 de abril
agradeceria resposta
grazas
|
|
|
Comentado por roberto (21-04-2009 20:01) |
|
|
| 14 |
hola!!, Sabedes se as Residencias d Maiores #blgtk08#privadas puntúan para o Sergas??... Gracias |
|
|
Comentado por (22-04-2009 10:36) |
|
|
| 15 |
para Begoña: non nos queda claro se o que queres é cambiar de lista ou simplemente que che valoren eses méritos na lista actual. Se se trata do primeiro caso, é unha modificación substancial, polo que debes pagar taxas. Se simplemente achegas esa documentación como méritos novos na lista de auxiliar, entón só tés que riscar "actualización de méritos" e non tes que pagar taxas.
para auxi: no pacto non fala de que sexan incompatibles, polo que entendemos que podes anotarte nas dúas.
para roberto: efectivamente este tema falouse co SERGAS no seu momento na mesa sectoria#blgtk08#l sen quedar pechado; para poder poñelo na convocatoria, tería que haber outra mesa sectorial antes, pero iso retrasaría ainda máis a publicación da convocatoria, polo que se quedou en que, inda que non se fixera alusión expresa ao tema na convocatoria, se reuniría a mesa sectorial posteriormente e, se hai acordo, puntuaríanse os exames das ex-fundacións que fixeran o proceso selectivo con bases similares ás do SERGAS.
para 14: depende, hai direccións provinciais que si o puntúan e outras que non. Mete os papeis, e de non puntuarche tocaría reclamar.
|
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (22-04-2009 11:04) |
|
|
| 16 |
Bos días! Teño unha dúbida. Levo traballando no Sergas desde setembro de 2007. Estou nas listas de urxencias extrahospitalarais e desde entón sempre traballei en At. primaria e nos Pac. Agora levo bast#blgtk08#antes meses sustituíndo unha baixa en At. primaria. Teño dereito igual ós puntos por estar na listaxe de urxencias extrahospitalarias (independentemente dos puntos por mes traballado)? Moitas gracias. |
|
|
Comentado por Maria (22-04-2009 11:59) |
|
|
| 17 |
Os puntos deste tipo de listas son por tempo de permanencia nas listas traballando. Se agora estás substituindo unha baixa, ese tempo no#blgtk08#n conta para a puntuación de lista pool. Logo terás dereito aos puntos que che correspondan polo tempo de permanencia efectiva na lsita. |
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (22-04-2009 12:18) |
|
|
| 18 |
Hola, hoxe fun a preguntar polos servicios prestados en unidades especiais para poder apuntarme nas listas e tiven que apuntarme nun papel para solicitar o certificado e dixeronme q#blgtk08#ue xa eles se encargan despois, é isto así no resto?? posto que eu non vou entregar nada nin me deron xustificante ningún de que o solicitara...dáme que pensar... GRACIAS por todo! |
|
|
Comentado por maría (22-04-2009 13:02) |
|
|
| 19 |
Non nos cadra o que nos dis. Normalmente, ti solicitas o certificado e eles remítencho a ti para que o engadas na solicitude. Non t#blgtk08#emos coñecemento de que se faga doutro xeito nalgunha dirección provincial. Volve preguntar e asegúrate de é asi como cho dixeron. |
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (22-04-2009 13:11) |
|
|
| 20 |
Poderíame apuntar as listas especiais para PAC inferior a un mes e máis a#blgtk08# lista de unidade especial (rea-uci)?? ¿son compatibles?? Moitas gracias. |
|
|
Comentado por (22-04-2009 14:11) |
|
|
| 21 |
En principio, segundo nós entendemos a#blgtk08# convocatoria, non son incompatibles. |
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (22-04-2009 14:43) |
|
|
| 22 |
Buenas tardes quería saber si el codigo numerico personal es#blgtk08# nlo que aparece en la nómina como nº de plantilla? gracias |
|
|
Comentado por (22-04-2009 15:36) |
|
|
| 23 |
Respecto a la compatibilidad entre listas de corta duración en AP y lista UCI-REA son totalmente compatibles, te lo digo por propia experiencia. Lo único que debes#blgtk08# de tener en cuenta, es que si te apuntas a las lista de corta duranción de AP, no te llamaran de las listas generales para contratos de duración inferior a 1 mes. |
|
|
Comentado por (23-04-2009 07:52) |
|
|
| 24 |
para 22: o CNP ou código numérico persoal é un cógido que o SERGAS dá a cada traballador, non tén porqué coincidir co nº de cadro de persoal (normal#blgtk08#mente non coincide), pero se tes acceso ao FIDES podes velo nos teus datos persoais. En todo caso, non é obrigatorio sabelo nin poñelo na instancia. |
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (23-04-2009 09:39) |
|
|
| 25 |
Acabades de solucionarme unha dubida que xa facia tempo que a tiña e sempre me decian que o CNP tiñ#blgtk08#a que coincidir con Nº de plantilla, menos mal porque a min non me coinciden......
GRACIÑAS. |
|
|
Comentado por carla (23-04-2009 11:41) |
|
|
| 26 |
Mooitisimas gracias a persoa do comentario do 2#blgtk08#3 (son a do 20) por aclararme eso!!! gracias!! |
|
|
Comentado por (23-04-2009 12:14) |
|
|
| 27 |
Hola¡
Son afiliado. Eu quería saber como me vai a puntuar nestas listas o sergas o tempo traballado no Barbanza e no Centro de Transfusión, posto que agora téño ese tempo traballado ó sergas pero como són automáticas teño a dúbida de que me puntuén ca puntuación de antes. ¿ a hora de baremar o tempo traballado part#blgtk08#en de 0 ou suman o que traballei desde a fecha da última convocatoria ? porque antes o cTG puntuaba menos de un mes do sergas e agora debería puntuarme como un mes do sergas. Tamén teño a dúbida de qué debo facer para que me puntuén o resto de puntos de pull que quedaron colgando entre unha convocatoria e outras. gracias.
|
|
|
Comentado por enfivi (23-04-2009 13:52) |
|
|
| 28 |
parten de 0, posto que sería engañoso facelo doutro xeito; en teoria débenche puntuar o pooll e todo o que teñas, claro que como sexan tan "eficien#blgtk08#tes" como o foron coas listas que sairon en decembro teis bastantes boletos (ti e tod@s) de ter que facer unha reclamación ós listados provisorios. |
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (23-04-2009 14:04) |
|
|
| 29 |
HOla, quixera que me aclararais una duda; respecto a lista de pull de primaria que cubre vinculacións iguales ou inferiores a un mes, ata o de agora nun estuvo funcionando na área Norte de Lugo (Burela) ou polo menos nas listas anteriores nun#blgtk08# existia esto, correxideme si me equivoco y Tamen quería preguntar si te apuntas nesta lista en qué cambia respecto o nun estar apuntada en relación a os outros vínculos (bajas e días en primaria, hospital, pac de longa duración...) graciñas |
|
|
Comentado por Mariña (04-05-2009 13:00) |
|
|
| 30 |
Non temos coñecemento de que non funcionara esta lista na área de Burela, pero non é a nosa área, polo que podemos estar equivocad@s. Se te ap#blgtk08#untas nesta lista chamaríante para contratos de menos dun mes en primaria e para os que che corresponderan pola lista xeral de máis dun mes. |
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (04-05-2009 13:23) |
|
|
| 31 |
Hola, gustariame que me aclarasedes como puntuan as listas de corta duracion de urxencias extrahospitalarias, ¿dan dous puntos por ano e aparte o#blgtk08#s puntos que correspondan por haber traballado? ¿si na proxima convocatoria me borro destas listas, sacanme os puntos?
Moitisimas gracias. |
|
|
Comentado por patricia (05-05-2009 09:18) |
|
|
| 32 |
danche 2 puntos por ano mais o tempo traballado e na próxima convocatoria non #blgtk08#che sacarían os puntos a non ser que se modifique ese apartado no novo pacto. |
|
|
Comentado por CIG-Saúde O Barco (05-05-2009 10:54) |
|
|
| DIRIXE AS PREGUNTAS Á SECCIÓN CORRESPONDENTE (PICA NO ICONO DO MENÚ DA ESQUERDA). ASEGÚRATE DE QUE NON ESTÁ XA CONTESTADA. NON RESPOSTAMOS PREGUNTAS REPETIDAS. NO RESTO DE ARTIGOS, SÓ COMENTARIOS. |
|
|
|
| |
| Ligazóns dende outras webs |
|
|
|