CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Prestación anual por filla/o a cargo
Prestación anual filla/o menor a cargo. 2009

Persoas beneficiarias:
 Persoas que teñan ao seu cargo crianzas menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2008 (con data de nacemento entre o 2-1-2006 e o 1-1-2009, inclusivos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2007 nin elas nin ningún dos/as membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presenta-la declaración do IRPF.
 No caso de crianzas adoptadas ou acollidas entre o 31 de decembro de 2007 e o 31 de decembro de 2007, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
 Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos.
 Persoas estranxeiras que residan na Galiza, sempre que cumpran as condicións da Lei sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros e a súa integración social e os requisitos establecidos na presente norma, e tiveran a condición de contribuíntes.

»Quedan excluídas:
 As unidades familiares nas cales os seus ingresos considerados de forma individual ou conxunta, segundo a opción de tributación elixida, superasen no exercicio 2007 os 22.000 €, sumadas a parte xeral e especial da declaración do IRPF.
 Pais e nais privadas da patria potestade , ou se a tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.

■ Requisitos:
 Residencia habitual na Galiza.
 Que na data da solicitude as/os nenas/os convivan coa persoa solicitante.

■ Contía da axuda:
Pagamento único de 360 € por cada menor que a persoa solicitante teña ao seu cargo.

■ Documentación:
 Solicitude e anexos
 Fotocopia do DNI/NIF da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella.
 Autorización para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os datos de carácter tributario (anexo II)
 Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
 Certificado de empadroamento do conxunto da unidade familiar.
 Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
 Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
 Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta ou, no seu defecto, certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á que se refire.
 Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública (anexo III).
Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2008 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude e copia do DNI/NIF, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación. Neste caso poderá obterse a solicitude cuberta. As solicitudes que se presenten eliminando delas algún do proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental:
 En caso de separación, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
 No caso de parellas de feito, certificado de convivencia, que poderá substituírse por un informe dos servizos sociais do concello.
 En caso de falecemento, certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.

■ Lugar de presentación:
 Delegacións Provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar
 Por vía telemática: os solicitantes que teñan sido beneficiarios destas axudas no ano 2007, e non teñan variado as circunstancias determinantes do dereito á prestación. Para esta vía de presentación deberán posuir un certificado dixital.

Prazo de presentación:
Ata o 13 de Maio de 2009

descarga aquí a solicitude
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 14-04-2009 10:11
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis