|
|
|
|
validación documentación en galego noutras comunidades |
|
VALIDACIÓN DE DOCUMENTACIÓN:
http://www.xunta.es/linguagalega/validacion_de_documentacion
As persoas que precisen presentar en castelán documentos oficiais (títulos, diplomas, etc.) redactados en galego poden facer uso do servizo de validacións da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que certifica o valor desa tradución.
Requisitos
Documentación necesaria:
- solicitude de validación de documentación traducida,
- fotocopia do documento ou documentos orixinais compulsada por un organismo oficial,
- tradución literal ao castelán dese/s documento/s,
- datos do solicitante cun enderezo, no caso de que desexe recibir a documentación de volta por correo.
Presentación da documentación
Esta documentación poderá ser presentada nos gabinetes provinciais de normalización lingüística, en calquera rexistro da Administración ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Política Lingüística (R/ Pastoriza, n.º 8, 15781 Santiago de Compostela).
Entrega da validación
As traducións validadas entregaranse en man no correspondente gabinete provincial de normalización lingüística no que foi entregada a documentación ou na Secretaría Xeral de Política Lingüística, se é o caso.
Se o solicitante así o indica no momento da presentación da documentación, poderá recibir a tradución validada por correo no seu enderezo particular.
|
|
|
|
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO |
|
|
|
|