CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

publicada convocatoria
Tal e como se anunciaba, publícase hoxe a convocatoria da OPE. Podedes consultala aqui.

Prazo de presentación solicitudes ata o 31 de marzo de 2009.

Formalización da solicitude:
O modelo de solicitude estará a disposición dos/as interesados/as que desexen participar no proceso na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), premendo a icona emprego público, OPE 2009, debendo cumprimentarse e imprimirse o formulario que aparecerá neste apartado.
O impreso xerado neste apartado deberá presentarse no rexistro xunto co resto da documentación.

Formalización do pagamento das taxas:
Deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe que, para cada categoría, se especifica no Anexo II e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación orixinal como o sinalado no anexo II. Devandito impreso facilitarase aos/ás interesados/as nos servizos centrais e periféricos (Servizos de Persoal)
Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición os/as que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e os/as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial; no caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%; circunstancias que deberán ser acreditadas coa correspondente xustificación documental (copia cotexada) presentada xunto coa solicitude.
O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/as aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as.

Documentación:
a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.
b) Xustificante de aboar os dereitos de exame.
c) As persoas exentas do pagamento das taxas deberán, ademais, presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito.

A presentación das solicitudes poderán realizarse nos rexistros dos Centros ou no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución para poder corrixir, no seu caso, o defecto que motivou o seu exclusión.
A estimación ou desestimación de devanditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique o listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 26-02-2009 10:22
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis