CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

as embarazadas ingresadas poderán facer a OPE
noticia extraida da web do SERGAS

AS EMBARAZADAS QUE INGRESEN PARA DAR A LUZ NUN HOSPITAL PODERÁN FACER A PROBA DA OPOSICIÓN RESPECTANDO A UNIDADE DE ACTO

O Servizo Galego de Saúde desprazará ao centro hospitalario unha delegación do tribunal para garantir que se cumpran as mesmas condicións que no lugar do exame

Santiago de Compostela, martes 24 de febreiro de 2009.- A División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, á vista dos recursos presentados por mulleres embarazadas, resolverá indicándolles que a Sanidade pública galega permitirá que aquelas opositoras que estean ingresadas nun hospital galego o mesmo día do exame poderán facer a proba respectando, en todo momento, a unidade de acto como garantía de igualdade e de imparcialidade para todas e todos os aspirantes.

Esta decisión adoptouse no marco da normativa vixente e co escrupuloso respecto ao texto da convocatoria, acorde coas sentenzas xudiciais que resolveron sobre o anterior proceso selectivo e dentro dos parámetros establecidos polos axentes sociais na Mesa Sectorial da Sanidade.

Para garantir a igualdade de dereitos, tanto das opositoras xestantes como do resto de candidatas e candidatos, o Servizo Galego de Saúde desprazará ao centro hospitalario unha delegación do tribunal encargada de velar por que se cumpran as mesmas condicións que nos outros lugares do exame.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 24-02-2009 11:02
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis