CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

información reunión OPE 12-02-2009
Información reunión OPE, 12-02-09.


Temas plantexados e acordados sobre a convocatória.

1.- Base sétima da convocatória. Inclúese a alegación presentada póla CIG-Saúde de dar por superada a proba de informática na quenda de promoción interna horizontal Auxiliares Administrativos – PSX, e viceversa.

2.- Anexo I.
Apróbase que o 1º exercício, que son duas partes (teórico- práctico) do mesmo temario, sexa eliminatorio no seu conxunto. Isto é de aplicación a todos os colectivos que o 1º exercicio sexa sobre o mesmo temario.

3.- Rama Administrativa.
En vez de modificar o temario, inclúense no 1º exercicio 10 preguntas da parte común, quedando exentos de realizalo o persoal da quenda de promoción interna.
Neste exercício modifícase o valor das preguntas ao persoal de P.I, isto obedece a que na convocatória anterior, como consecuencia de que as preguntas tiñan um maior valor, tamén valían máis as respotas negativas. A puntuación das negativas era maior para o persoal de P.I.

4.- Exame:
Esta convocatoria recolle um mesmo exercicio de informática para os colectivos de PSX e Auxiliares Administrativos.

O entorno informático no que se realizarán os exames, será o paquete de office 2007

5.- Exame grupo A e B Informática.
A subdirección de Informática plantexa que para os gupos A e B o 2º exercício sexa teórico-práctico sobre o desenvolvemento de aplicativos informáticos, non queren que sexa tipo test. O argumento é que con um exame teórico- práctico demostranse mais os coñecementos. Temos que posicionarnos sobre este tema.

6.- Baremos.
Os servizos prestados tópanse em 7 anos e 7 meses, aumentanse 7 meses com respecto á convocatória do ano 2006.

Esta convocatoria recolle que o persoal deberá presentar un certificado médico que acredite a capacidade funcional; preguntamos se o SERGAS tiña claro que as/os médicas/os de Atención Primaria estaban obrigados a cumprimentar o dito certificado. A representante de CESM dixo que non. Para emitir o dito certificado serve calquer profesional colexiado, se non se fai na pública o persoal terá que recurrir aos psicotécnicos.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 13-02-2009 10:29
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis