CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

voltamos ao chollo
Antes de falar do blog e o traballo d@s delegad@s de CIG-Saúde Barco queremos explicar para quen lle poida interesar como é o funcionamento e a toma de decisiois na nosa central sindical para deste xeito cando se fagan críticas, se fagan con coñecemento de causa.

A afiliación de CIG-Saúde compóñena miles de persoas, cada unha cunha situación laboral distinta, fixemos a estadística da afiliación de CIG-Saúde O Barco, e a distribución é a seguinte:

persoal fixo o 44% da afiliación

persoal interino 22% da afiliación

persoal temporal ou parado 34% da afiliación.

No resto das zonas imaxinamos que as porcentaxes serán parecidas. Iso quere decir que as situaciois laborais da nosa afiliación son tan dispares que sería imposible facer algo para algúns sen perxudicar a outros.

Por outra banda as decisiois que adopta CIG-Saúde non salen de un iluminado que vai á Mesa Sectorial e di o que pensa él, a nosa estructura sindical contempla unha serie de grupos que van dende as secciois sindicais das zonas e os grupos de traballo de asuntos concretos como OPE, contratación, primaria, saude laboral, formación, etc,etc.. onde participamos delegados e delegadas de tódalas zonas, os asuntos de mais calado lévanse as bases e logo no Consello do sindicato, onde participamos de media entre 30 e 50 persoas de tódalas áreas, toma as decisiois en base á maioria, estas decisiois habitualmente son consesuadas e ás veces, como a sensibilidade e as prioridades como é lóxico non son iguais en tódolos lados, vótanse e así se toman as decisiois, NUNCA en base a interses escuros da nosa afiliación, senon ás nosas ideas e á nosa coherencia.

Unha vez aclarado este asunto que compete a toda a CIG-Saúde de todo o pais, vaiamos coa sección sindical de O Barco no referente ó blog.

A área de O Barco é a mais pequena do SERGAS, pero polo apoio dado polo persoal desta área nas últimas elecciois que nos permite contar con 2 liberados para facer o traballo como mellor sabemos, é por iso que a realidade deste blog é posible grazas a toda a xente desta área que nos apoiou. Nin un sólo dos nosos afliados e afiliadas puxo problemas por abrir a información e respostar ás preguntas de toda a xente independentemente da súa filiación sindical. É por iso que os comentarios de certos francotiradores degradando, insultando, non solo a nós, senon a nosa afiliación como se fosen bichos raros por defender os seus dereitos e ideas baixo as siglas da CIG e acusándonos de que defendemos os seus intereses en detrimento do resto, resúltannos especialmente ferintes.

Cando abrimos este blog hai 2 anos, a nosa intención era abir un espazo que pensábamos que podia ser de interese para moito persoal, tamén era a nosa intención acercar todo o que acontece no SERGAS que poidera resultar útil, ben sexa de OPE, contratación, problemática laboral etc, sen renunciar a outros asuntos de carácter social.

Por outra banda dimos opción a que poiderades dende este foro aportar o que pensábades e en moitos casos trasladamos as vosas inquietudes ó debate interno da nosa central sindical para reivindicalo ante o SERGAS, así xurdiron as mobilizaciois para o cambio de ritmo para solventar a OPE e as listas de contratación, as mobilizaciis contra a central de chamadas, etc etc...; polo tanto vós tamén contribuides dalgún xeito nos posicionamentos de CIG-Saúde.

Foi moita a xente que nos recomendou non abrir comentarios, posto que xa se veian vir estes ataques, ademais resulta polo menos curioso que os ataques mais viscerales que recibimos é cando intentamos facer normas que midan a todo o mundo por igual ou cando denunciamos situaciois de persoal posto a dedo. Pero pensamos que a axuda que prestábamos a moitas e moitos de vós pagaba a pena inda recibindo ataques insultantes contra nós e contra a nosa afiliación.

E chegados ao punto en que nos fartamos de recibir comentarios cheos de insultos e improperios varios, decidimos paralizar as respostas momentáneamente. Levamos unha semana dándolle voltas á situación, tentando decidir se era conveniente continuar respostando as preguntas e ignorando as sandeces, ou se era preferible deixar de facelo e dedicarnos a publicar información simplemente, como fan a maioría dos blogs e páxinas sindicais deste país. Nesta semana non deixaron de entrar mensaxes, os máis deles agradecéndonos o noso traballo ou facendo preguntas, pero tamén houbo quen se permitiu o luxo de esixirnos que respostáramos (e lembrámosvos que NON TEMOS OBRIGA DE RESPOSTAR, facémolo porque queremos e pensamos que é unha boa forma de facer traballo sindical) e tamén algún que outro troll deixándonos sapos e cobras unha vez máis.

A decisión xa está tomada. Imos retomar as respostas ás preguntas. Tamén seguiremos recollendo as vosas suxestións e comentarios. Tamén as vosas críticas, sempre que sexan feitas desde o respeto e constructivamente. Os ataques, insultos, esixencias e berrinches... coma se non existiran, de feito non existirán; porque o que si vai variar no noso xeito de xestionar o blog é que, a diferencia do que facíamos antes, os comentarios insultantes ou denigratorios serán eliminados definitivamente sen dar explicación ningunha. Retomamos o tema sobre todo porque está a punto de convocarse unha nova OPE e tamén a punto de abrirse listas de contratación dalgunhas categorías, e sabemos a confusión que isto vai crear, e que moit@s teredes dúbidas ao respecto que, como sempre dentro das nosas limitacións, tentaremos resolver.

Pero tamén nos gustaría que quedara claro que se a situación volve chegar ao extremo da semana pasada, plantexarémonos moi en serio botar o peche definitivo das preguntas e comentarios e limitarnos a publicar información, como funcionan o resto de blogs e webs de información sindical.

Asi que, volvemos ao chollo ao 100%.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 13-02-2009 11:50
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis