CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

modelo de recurso de alzada
Deixámosvos aqui un modelo de recurso de alzada aproximado. Para evitar que nos inundedes de preguntas repetidas e redundantes, lede ben antes estas instruccións:

1. Para facer un recurso de alzada é preceptivo ter realizado antes unha reclamación. O recurso de alzada tén que estar baseado nunha reclamación previa, da que se debe axuntar copia ao recurso. Pódese presentar o recurso de alzada sen reclamación previa naqueles casos en que nas listas provisionais non houbera nada que reclamar, pero nas definitivas cambia a situación.

2. Este modelo é orientativo. Depende da causa pola que presentedes o recurso tendes que adaptalo ao que corresponda. Facemos un modelo do que sería o máis habitual, que é reclamar puntos nun apartado, pero tendes que adaptalo se o recurso o presentades para que vos cambien de área ou de categoría, por exemplo, poñendo o que corresponda.

3. Unha vez que teñades o recurso feito tendes que presentalo xunto cunha copia da reclamación previa e da documentación que creades oportuna para xustificar a vosa petición, en calquera rexistro, do SERGAS ou doutra administración, dirixido á División de Recursos Humanos (isto xa vai posto no escrito). Os rexistros do SERGAS atópanse en cada xerencia (ben sexa hospitalaria, ben sexa de primaria) e nas direccións provinciais do SERGAS.

Dito isto, velaqui vos deixamos un modelo que vos servirá de base, pero tende en conta as adaptacións oportunas. Todos os ocos que están cubertos con XXXXXXXX, son ocos que tendes que rechear cos datos correspondentes.



De: XXXXXXXXXXXX
A: División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do SERGAS


Don/Dona XXXXXXXXXXXXXXXXX, con D.I. nº XXXXXXXXX e domicilio a efectos de notificación en XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX;

EXPOÑO:

1. Que presentei solicitude para as listas de contratación do SERGAS na convocatoria realizada por Resolución do 28 de xuño de 2007 (DOG nº 140, do 19 de xullo) na categoría de XXXXXXXXXXXXX na área de XXXXXXXXXXXXXXX.

2. Que ante a publicación das listas provisionais o pasado 5 de agosto de 2008, presentei reclamación en tempo e prazo (da que axunto copia), por non estar de acordo coa puntuación no apartado de XXXXXXXX.

3. Que na publicación de listas definitivas de día 15 de decembro de 2008, aprecio que non é subsanado o problema e sigo coa mesma puntuación. Polo que volvo expoñer a causa do meu desacordo con esa baremación:

a. XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX

b. XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX.

c. XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX

SOLICITO: Se teña por presentado este escrito e sirva como RECURSO DE ALZADA, xa que por todo o exposto, non podo estar de acordo cos XXXX puntos que se me outorgan no apartado de XXXXXXX e solicito que se revise a miña baremación e se me concedan XXXXX puntos que me corresponderían polos motivos expostos, quedando eu nos listados cun total de XXXXX puntos.


En XXXXX a X de XXXXXXX de 2008
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 15-12-2008 11:44
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis