CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

xestión das listas de contratación (bis)
En vista que entran moitas preguntas sobre a xestión das listas, voltamos a poñer un post que publicamos xa hai un ano sobre a xestión das listas de contratación.

moita é a xente que se incorpora iste ano as listas de contratación e a xuzgar por moitos comentarios dos que temos no blog, moita dela está perdida en canto ó funcionamento da xestión das listas, neste post imos intentar aclarar o seu funcionamento, simplemente extraendo os artigos 7 e 8 ademais do 12 do Pacto e remarcando en negrita algúns textos para que vos sexa de mais facil comprensión. Todo está no Pacto de contrataciois.

7. Xestión das listas.

7.1 A determinación das necesidades de vinculación compételles ós directores xerentes dos respectivos centros sanitarios, de acordo coas súas competencias de xestión normativamente recoñecidas, sen prexuízo da preceptiva información sobre os nomeamentos efectuados, que periodicamente debe facilitarse ás xuntas de persoal de área, nos termos recoñecidos no artigo 9 da Lei 9/1987 do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servizo das administracións públicas (BOE nº 145 do 18 de xuño de 1987), e así mesmo nos artigos concordantes da Lei Orgánica 11/1985, de liberdade sindical.

As comisións provinciais de seguimento tamén poderán recaba-la citada información ós directores xerentes, que deberán facilitala nun prazo razoable.

7.2 A xestión das listas e os chamamentos dos aspirantes levarase a cabo nas direccións provinciais do Sergas, a través dun proceso informatizado, respecto de tódalas categorías incluídas no presente Pacto.

Emporiso, as xerencias de atención primaria poderán exercer tal cometido respecto ó persoal facultativo de medicina de familia, odontólogos e pediatras verbo dos distintos ámbitos da súa competencia.

Cando as circunstancias o aconsellen, polo intre, inmediatez e perentoriedade para efectua-lo chamamento dun aspirante, os centros de atención especializada e de atención primaria efectuarán directamente tal chamamento, con respecto absoluto dos criterios de selección previstos no presente Pacto. A tal efecto a dirección provincial correspondente dará cumprida e periódica información da situación e estado das listas, coa explicitación da orde de chamamento dos aspirantes, coordinando axeitadamente o proceso cos centros sanitarios.

7.3 Para efectua-los chamamentos seguirase rigorosamente a orde de puntuación acreditada polos aspirantes en cada ámbito, sen prexuízo dos supostos de suspensión previstos na norma xeral oitava, e dos supostos especiais a norma xeral 12*.
Para a formalización de nomeamentos de duración igual ou superior ó ano chamarase, en todo caso, ó aspirante que acredite a maior puntuación na lista da área sanitaria que corresponda, sempre que non estea xa vinculado por outro nomeamento de duración igual ou superior ó citado período.

De acordo co anterior, cando un aspirante figura con dereito preferente, pola puntuación que acredite, para ocupar praza vacante con carácter interino ou para formalizar outro vínculo de duración prevista igual ou superior ó ano, e se atope vinculado por un nomeamento de duración inferior, será requirido para ocupa-la citada praza vacante ou para formalizar outra vinculación de duración igual ou superior ó ano.


7.4 Para as vinculacións programadas, e sempre que exista un prazo suficiente de 48 horas, os aspirantes serán avisados mediante carta ou telegrama. No resto dos supostos nos que exista premura na vinculación avisarase telefonicamente.

En todo caso, quedará constancia da data e hora na que cada aspirante sexa requirido, mediante dilixencia estendida para o efecto, levándose un libro de rexistro das chamadas efectuadas.

7.5 De constatarse un erro material ou de feito no chamamento e posterior vinculación a prol dun aspirante, que pola súa orde de puntuación non lle corresponde, procederase, no prazo dos 15 días seguintes, á revogación do nomeamento expedido por tal circunstancia.

De tal actuación, notificarase á maior brevidade posible á Comisión provincial de seguimento correspondente.

8. Duración dos vínculos formalizados.

8.1 Os aspirantes que acrediten un período de traballo de 360 días ou superior, nun prazo de tres anos, en virtude deste ou anterior pacto, non serán chamados para subscribir novos vínculos de duración inferior a un ano nun período de tres meses, desde a data de finalización do último vínculo en virtude do cal se acumule o referido período de traballo.


Para estes efectos os meses contaranse por mes natural ou, no seu defecto, pola agrupación de días traballados, a razón dun mes por cada 30 días de prestación de servizos.

Esta regra será de aplicación ó cómputo do tempo de traballo, así como do período de suspensión, que de se-lo caso se estivese aplicando ós aspirantes, desde a entrada en vigor do pacto, con independencia de que o citado cómputo comezase baixo a vixencia do pacto anterior.

8.2 Esta medida de suspensión dos chamamentos non será de aplicación no caso de que, por razóns conxunturais non existan profesionais suficientes nalgún listado das categorías convocadas e, de se-lo caso, área sanitaria, sen prexuízo da continuidade da aplicación da medida unha vez que se superen as citadas circunstancias.

Así, de procederse á convocatoria extraordinaria prevista por indispoñibilidade entenderase aplicable esta medida de suspensión.

8.3 Finalizado o período de suspensión dos chamamentos, os servizos prestados comezarán a computarse para os efectos de completar un novo período de 360 días que dea lugar á aplicación novamente da medida de suspensión.

Non poderán acumularse períodos de suspensión dos chamamentos. En todo caso, a citada suspensión non será superior a tres meses, nun período de doce desde a aplicación da medida.

8.4 Sen prexuízo do reflectido non parágrafos anteriores, coa finalidade de acadar unha maior mobilidade das listas en función das peculiaridades que concorran nalgunha área sanitaria ou provincia, as comisións provinciais poderán propoñer, mediante acordo adoptado de conformidade co previsto na disposición décima deste pacto, o establecemento do sistema que consideren máis conveniente para consegui-la aludida maior mobilidade das listas.

Tal proposta de sistema só poderá referirse ós vínculos de duración inferior ós 12 meses e requirirá para a súa efectividade a ratificación da Comisión central de seguimento.

Sen prexuízo do anterior á Comisión central de seguimento do pacto acordará as medidas necesarias para a aplicación destas medidas de suspensión

*norma xeral 12:

12. Disposicións especiais.

12.1 Período de proba.

Nos nomeamentos expedidos estipularase un período de proba para os aspirantes, de conformidade co establecido no artigo 33.2 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco de persoal estatutario dos servizos de saúde, e artigo 5 da Orde da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais do 1 de xullo de 1997, pola que se regulamentan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Servizo Galego de Saúde e demais normas concordantes e complementarias ou que a substitúan.

Cando un aspirante sexa cesado por non supera-lo período de proba que no nomeamento se estipule, quedará automaticamente excluído da lista.

Emporiso, a Comisión central de seguimento do pacto poderá excepciona-la aplicación de tal medida de exclusión, de xeito motivado, naqueles casos nos que, polas circunstancias concorrentes se considere oportuno, así como as medidas adicionais que se estimen convenientes.

Os centros sanitarios deberán comunicar á Comisión central de seguimento do pacto, coa maior brevidade, os cesamentos que se produzan por tal motivo e, de existir, as circunstancias que razoablemente obsten a aplicación da medida de exclusión.

12.2 Áreas especiais.

12.2.1 Cando sexa preciso cubrir necesidades de vinculación de ATS/DUE que se produzan nas áreas de UCI-reanimación, quirófanos, hemodiálise, transplantes, hospital de día onco-hematolóxico e onco-pediatría e prematuros-neonatos, e así mesmo no que respecta ás categorías de persoal adscrito ás unidades de saúde mental, os aspirantes que acrediten experiencia profesional nas citadas áreas ou posúan a especialidade ou titulación específica que non fose preceptiva farano constar no espacio reservado para o efecto nas solicitudes que formulen, achegando, en todo caso, certificación acreditativa da experiencia expedida polo centro sanitario correspondente ou a titulación da especialidade.

Excepcionalmente, as xerencias poderán propoñer ás comisións provinciais de seguimento outras áreas de traballo de carácter sanitario, nas que sexa necesario que os aspirantes acrediten experiencia profesional nelas, ou posúan unha determinada especialidade. Para tal fin, o centro achegará informe debidamente razoado e xustificativo. A comisión provincial resolverá sobre a procedencia do chamamento dun aspirantes cualificado na área ou servizo, e sobre o sistema de efectua-la designación daquel.

12.2.2 O chamamento para tales áreas farase seguindo a orde de prelación da lista e a prol das persoas que acrediten a experiencia ou a especialidade aludidas. Así mesmo, requirirase un informe por escrito do centro sanitario solicitante, no que se fará consta-la área sanitaria especial da que se trate e maila necesidade de que para esta, se designe persoa coa especialidade ou titulación, de se-lo caso, ou con experiencia acreditada. En todo caso, excluiranse de tal sistema a cobertura das prazas vacantes e as substitucións dunha duración previsible superior a 60 días, que se proverán sempre na forma ordinaria.

Serán de aplicación ós aspirantes as medidas de penalización e suspensión de chamamentos previstos nos apartados 11 e 8 respectivamente do presente Pacto.

12.3. Vinculacións de curta duración.

12.3.1 Para a cobertura das necesidades de persoal estatutario naquelas categorías que razoadamente se considere oportuno, producidas como consecuencia do traslado de enfermos en ambulancias, absentismo, incapacidade temporal pendente de xustificación non superior a 3 días desde a data da súa efectividade, permisos e licencias, poderá confeccionarse un listado especial por centro ou complexo da correspondente categoría para nomeamentos que non excedan de 5 días.


12.3.2 Os centros interesados no citado sistema farán a oportuna proposta á Comisión central de seguimento do pacto, que resolverá sobor da pertinencia concreta de cada listado e o número de aspirantes que proceda incluír, en atención ás circunstancias concorrentes e ás necesidades reais de vinculación manifestadas por aqueles.

12.3.3. Os aspirantes que soliciten a inclusión no listado especial, exercitarán a súa opción consignándoa no apartado específico do modelo formalizado da solicitude.

Os aspirantes incluídos na listas, de conformidade co parágrafo 12.3.2, serán chamados para a cobertura deste tipo de situacións pola súa orde de puntuación e de xeito rotatorio.

Ademais, poderá elaborarse un listado de reserva que será utilizado no suposto de esgotamento ou insuficiencia do listado principal.

Os aspirantes deberán permanecer no citado listado principal durante a vixencia de cada convocatoria.

Serán de aplicación ós aspirantes as medidas de penalización e suspensión de chamamentos previstos nos apartados 11 e 8 respectivamente do presente Pacto.

12.3.4 Os aspirantes que figuren nos listados a que se refire esta norma xeral 12.3 non poderán ser chamados para vinculacións que superen o cómputo de 10 días por cada mes.

No caso de que acrediten un tempo de vinculación que exceda dos 120 días ó ano, con ocasión dos chamamentos realizados por este listado, serán excluídos do listado de vinculacións de curta duración e serán chamados cando lles corresponda polo seu número de orde no listado ordinario. Para a realización do cómputo dos citados días teranse en conta como termo inicial a entrada en vigor dos listados que se elaboren conforme ó presente pacto.

12.3.5 En tanto se manteña un aspirante nos listados a que se refire este punto, quedarán excluídos da formalización de vínculos inferiores a 4 meses, agás nos casos de indispoñibilidade de aspirantes da lista xeral para a cobertura do período de vacacións estivais en que serán chamados polo seu número de orde con preferencia sobre as listas a que se refire a norma xeral 6.3. Os citados casos de indispoñibilidade serán acreditados perante as comisións provinciais de seguimento do pacto que serán debidamente informadas.

12.3.6 As comisións provinciais de seguimento do pacto poderán solicitar información das xerencias ó obxecto de realiza-lo control pertinente sobre as citadas vinculacións, e serán informadas mensualmente da xestión e das súas incidencias dos listados para vínculos de curta duración.

12.3.7 Así mesmo as comisións de centro poderán solicita-la citada información das xerencias.

12.4 Vinculacións a tempo parcial ou en ámbito territorial distinto ó do listado.

Caberá a renuncia do aspirante á oferta de vinculacións a tempo parcial ou que supoñan a prestación de servizos nun ámbito territorial distinto ó da lista do que forme parte, agás nos casos en que por indispoñibilidade de profesionais, sexa necesaria a súa inmediata incorporación. Para os efectos esgotarase previamente a oferta a tódolos aspirantes dispoñibles na lista de que se trate. De non ser aceptada a oferta por ningún deles, a aceptación do chamamento será obrigatoria en segundo chamamento.

Así mesmo caberá a renuncia sen penalización do aspirante vinculado mediante un nomeamento a tempo parcial ou que supoña a prestación de servizos nun ámbito territorial distinto, sempre que exista dispoñibilidade de profesionais na lista da súa correspondente categoría.

12.5 Cobertura de atención urxente extrahospitalaria.


I.- Selección de persoal temporal no ámbito da atención urxente no nivel de atención primaria.

A) Selección para vínculos de longa duración (novas prazas e incidencias nesas prazas que conleven vínculos de longa duración) no novo modelo de urxencias en atención primaria.

1º.- A selección do persoal temporal para vínculos de longa duración na nova organización de atención urxente extrahospitalaria que resulte do futuro modelo de urxencias en atención primaria, realizarase de conformidade cos criterios xerais do Pacto de selección temporal, coas particularidades seguintes:

1.- Os aspirantes optarán voluntariamente a formar parte dunha listaxe específica que será o instrumento utilizado nos chamamentos para os vínculos de longa duración no futuro modelo de atención urxente extrahospitalaria.

Estes vínculos ofertaranse polo número de orde na listaxe específica que resulte da aplicación dos apartados do baremo xeral ó que se engadirá a puntuación derivada do parágrafo IX do baremo de médicos e VII do baremo de enfermería.

Nestes apartados do baremo tense en conta a prestación baixo a modalidade de vínculos para cobertura de atención continuada en atención urxente extrahospitalaria.

2.- A inclusión dun aspirante neste listado específico non o excluirá dos chamamentos que lle correspondan pola súa orde de prelación na listaxe ordinaria.

3.- A aceptación dos vínculos de longa duración do novo modelo organizativo de urxencias en atención primaria non suspenderá os chamamentos ós vínculos de longa duración que lle correspondan pola lista ordinaria. Se ben a renuncia a un vínculo de longa duración ó que sexa chamado pola súa orde na lista ordinaria implicará o rexeitamento para todo tipo de vínculo destas características, e, xa que logo, a súa opción por permanecer no vínculo de longa duración nas urxencias extrahospitalarias.

A súa opción por permanecer prestando servizos no ámbito das urxencias extrahospitalarias non obstará a súa obrigatoriedade de incorporarse á prestación ordinaria se houbera indispoñibilidade de aspirantes para a súa cobertura.

2º.- A selección de vínculos de curta duración poderá establecerse mediante o sistema previsto no apartado B deste punto primeiro, se así se acorda no marco de negociación da selección temporal.

B) Selección para outros vínculos derivados da atención continuada en atención primaria: Vínculos de atención continuada en PAC que non estean configurados como de novo modelo.

A vinculación para a prestación á que atinxe este apartado realizarase a prol dos aspirantes que figuren na lista especial á que se refire o apartado anterior e que soliciten voluntariamente a súa inclusión nun listado de chamamentos para outras vinculacións das urxencias extrahospitalarias non incluídas no apartado anterior:

1.- A listaxe elaborarase cos aspirantes a que se refire o apartado anterior que voluntariamente o manifesten no modelo de solicitude.

2.- Os profesionais inscritos cubrirán as necesidades de atención urxente extrahopitalaria e as demais de carácter temporal que supoñan vinculación dun mes ou período inferior, nos ámbitos territoriais do servizo de atención primaria ou punto de atención continuada (PAC), segundo se determine, en cada caso, no marco de negociación da selección temporal.

3.- A incorporación á listaxe especial non obstará o chamamento para as vinculacións superiores a un mes que lle corresponda pola súa orde de prelación no listado ordinario.

4.- A voluntariedade manifestada para o acceso a vinculacións derivadas desta lista B será tida en conta en futuras convocatorias de selección temporal nos apartados VI e IX de médicos e nos apartados V.4 e VII de enfermería. Nos baremos dos apartados IX e VII anteriores serán incluídos en tanto permanezan vixentes ditos listados

2.- Puntuación adicional

Nos baremos de persoal de enfermería e persoal médico que se inclúe nos apartados VII e IX respectivamente dos baremos anexos tómanse en conta os servizos prestados de atención continuada no modelo transitorio para a configuración dos listados de aspirantes ás vinculacións ós que se refire esta disposición.

3.- Regras transitorias

1.- Transformación dos vínculos actuais de atención continuada.

De conformidade co acordo acadado na data 5 de marzo de 2004, as actuais vinculacións para a cobertura da atención urxente extrahospitalaria formalizados no mes de marzo de 2004 transformaranse nos novos nomeamentos eventuais que se configuren para a citada prestación coas características e vixencias que se determinen.

2.- Dispositivos de posta en marcha do novo modelo de urxencias de atención primaria.

Unha vez determinados os ámbitos dos dispositivos de posta en marcha do novo modelo de atención continuada no ámbito de atención primara, de conformidade co acordo acadado no seo da Comisión de seguimento do pacto de urxencias extrahospitalarias, a incorporación de profesionais ós mesmos, realizarase en virtude da convocatoria específica para cada ámbito, na que se terán en conta os baremos deste Pacto de selección de persoal temporal, coa consideración específica dos servizos prestados no ámbito das urxencias extrahospitarias.

As vinculacións que se realicen terán a consideración de vinculacións de longa duración a que se refire o punto 1. Xa que logo, non excluirá o chamamento para vinculacións de longa duración que corresponda ó número de orde da lista ordinaria, sen prexuízo de que o seu rexeitamento por unha soa vez implica a opción do profesional de manterse vinculado no ámbito das urxencias extrahospitalarias ata a finalización do seu vínculo.

12.6 Nomeamento de médicos de familia con diploma de puericultura.

Para poder aspirar ós nomeamentos de médico especialista de pediatría na atención primaria será requisito imprescindible a acreditación do título especialista en pediatría. Non obstante, no suposto de non existir médico pediatra inscrito nas listas que poida efectua-la cobertura de substitucións ou eventualidades, poderanse utiliza-los servizos dos aspirantes da lista de médicos de familia que acrediten o diploma de posgrao en puericultura, que así o soliciten. En todo caso producirase o cese dese persoal no suposto de dispoñibilidade de médicos especialistas en pediatría.

Así, confeccionarase unha lista de médicos de familia que acrediten o diploma de posgrao en puericultura por área de xestión sanitaria, co fin de poder chamar ós incluídos nela por orde de puntuación para cubri-las necesidades asistenciais aludidas no parágrafo anterior.

Para a súa baremación teranse en conta os méritos recollidos no baremo de pediatras agás a formación especializada e coa precisión de que a experiencia profesional se refire á acreditada como médicos de familia en prazas pediatra de atención primaria.

12.7. Compatibilidade da permanencia nos listados especiais dunha mesma categoría.

O aspirante poderá solicita-la súa inclusión nun ou varios listados ós que se refire a presente norma xeral décimo segunda, agás nos casos de incompatibilidade expresamente indicada en cada convocatoria ou neste pacto.

esperamos que o texto da xestión de listas extraido do conxunto do Pacto vos servira para aclarar parte das vosas dúbidas, posto que as veces o ver moito texto xunto (ademais sin santiños que o adornen) pode resultar difícil de entrar para moita xente, todo o que remarcamos con negriña, é moi importante, á hora de entender como se fan os chamamentos no SERGAS, tede en conta de que si se detecta un erro nun chamamento, dispoñemos de 15 dias para denuncialo é que o SERGAS o revoque.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 03-12-2008 19:16
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis