CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

propostas da CIG-Saúde para o novo pacto de contratacións
Estas son algunhas das propostas que sairon do grupo de traballo de CIG-Saúde de cara ao novo pacto de contratacións e que se irán plantexando na mesa negociadora. En todo caso iremosvos informando a medida que vaiamos sabendo dos avances na negociación.

CONTRATACIÓNS – PROPOSTAS CIG-SAÚDE


1. PROPOSTA XERAL: unificar convocatoria de OPE e listas de contratación. A convocatoria sería única, a solicitude tamén. Unha vez realizado o exame, as listas de baremación servirían como base para as listas de contratación, incluíndo nelas ás persoas que aínda botando a solicitude non acudan ao exame. A puntuación de OPE faríase proporcional á nota acadada, incluíndo tamén á xente que non supere o exercicio de oposición. Deste xeito, incentívase que a xente se presente á oposición e estude para conseguir nota (ou sexa, puntuación para as listas) e ao mesmo tempo redúcese drasticamente a burocracia e papeleo de diversas listas e o número de taxas que hai que pagar para inscribirse nos distintos procesos.

2. SEGUIMENTO DO PACTO. Neste apartado presentaremos ao SERGAS a seguinte proposta: as Provincias de Lugo e Ourense queren manter a situación actual. Pontevedra, Vigo: Manter os chamamentos nas Dirección Provinciais e que se constitúa unha comisión de seguimento en cada área sanitaria. Coruña, Compostela e Ferrol: Xestión integral do pacto en cada área sanitaria. Na área de Ferrol que se aplique o Decreto de área única. Como argumento para manter a diferenza de criterio neste tema , basearémolo na situación que presenta cada Dirección Provincial, moi distinta de unhas a outras. Ademais pediremos que se redacte dun xeito máis conciso o apartado que fala do funcionamento das comisións de seguimento.

3. REXISTRO INFORMATIZADO: Solicitaremos que exista un rexistro informatizado que recolla as chamadas telefónicas realizadas mediante conexión coa empresa telefónica, que o rexistro non consista en que o funcionario/a introduza os datos. Tamén se propón que se publique a orde de chamamentos para que en todo momento se saiba cal é o número da lista ao que lle corresponden os contratos.

4. CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL: Solicitaremos as seguintes medidas.
a. Renuncia sen penalización á oferta de vínculos de curta duración de incorporación inmediata.
b. O persoal con fillas/os menores de 12 anos poderá solicitar suspensión temporal de chamamentos durante o periodo vacacional escolar.
c. Regular a reserva de vínculos de longa duración durante o permiso maternal.
d. Cambio de área por agrupación familiar (traslado de domicilio por agrupación familiar).

5. ÁREAS ESPECIAIS. Incluir como área especial Quirófano-Esterilización e incluir nelas ás Auxiliares de Enfermaría.

6. FUNDACIÓNS: Se se mantén o sistema actual (non aceptándose a nosa proposta xeral), incluir os últimos procesos de selección de fundacións nas valoracións de OPE.

7. CONTRATOS A TEMPO PARCIAL: Seguir mantendo a valoración destes contratos como xornada completa. Buscar un xeito de que se oferten ás persoas que os cubren os contratos superiores a catro meses para que poidan escoller sen penalización (mellora de contrato).

8. COMISIÓNS DE SERVIZO: Inda estando en contra da forma en que se conceden as comisións de servizo, CIG-Saúde estaría por buscar un sistema de oferta que implicara que cando menos o 50% das vacantes que xurdan sexan cubertas por listas de contratación, para evitar que sexan cubertas no 100% por comisións de servizo sen que se movan as listas.

9. BAREMO PSX. Posto que a categoría foi creada xa hai suficiente tempo como para que haxa servizos prestados nela para baremar, eliminar a puntuación que se outorga polo tempo traballado noutras categorías (telefonista, celador...). Ao mesmo tempo, solicitar a reciprocidade na valoración dos servizos prestados como Auxiliar Administrativo.

10. CONTRATOS EN ÁREA LIMÍTROFE. Para a xente que se atope cubrindo unha vacante na área limítrofe daquela onde está apuntada, oferta do contrato e rescisión do actual, cando xurda un contrato na propia área.

11. EXCEDENCIA POR COIDADO DE FAMILIAR. Ofertaranse con criterio de 1º de lista e ao persoal que este realizando estes vínculos ofertaránselle as interinidades que xurdan, dado que neste tipo de excedencias practicamente ningunha chega ao ano.

12. PROMOCIÓN INTERNA. Preferencia absoluta de ofertar as vacantes a promoción interna, 100% das vacantes que xurdan. Oferta á área sanitaria cando a contratación é reducida ou nula no centro nesa categoría.

13. SUSPENSIÓN TEMPORAL DE CHAMAMENTOS: O persoal, previa comunicación escrita, poderá solicitar a suspensión de chamamentos en días concretos por eventos familiares: vodas, bautizos... Asemade poderá solicitar , polo mesmo procedemento, un mes ao ano por vacacións.

14. BAIXA AUTOMÁTICA DO PERSOAL ESTATUTARIO. Propoñemos unha nova redacción: “Se unha persoa non aporta documentación ou efectúa a renuncia antes da elección do destino, o que permite correr a lista da ope para completar o número de vacantes, non sería penalizado coa exclusión das listas. Se polo contrario realiza a renuncia con posterioridade á elección de destino, si se penalizaría coa exclusión xa que nese momento non se podería completar a lista de OPE”. Entenderase como prazo de toma de posesión cando sae publicado no DOG o prazo para presentar a titulación correspondente ; se o persoal non presenta a documentación decae o aprobado e corre a listaxe de aprobados. Se a persoa que aprobe a OPE renuncia con posterioridade á praza impedindo que corra a lista de aprobados, será dado de baixa nos listados de contratacións.

15. EXPEDIENTES: regular a incorporación ás listas do persoal excluido das mesmas mediante expediente.

16. CHAMAMENTOS PARA VÍNCULOS DE DÍAS SOLTOS. serán ofertados coa maior proximidade ao día da substitución, xa que do contrario figura como persoa vinculada e non se lle oferta un novo vínculo. Regular o dereito a formalizar un vínculo cando a persoa estea en situación de IT por accidente laboral.

17. “INCORPORACIÓN” SEGUNDO O ESTATUTO MARCO. Producirase o cesamento do substituto pola reincorporación do titular ou cando este perda o seu dereito á reincorporación á mesma praza? O caso que hai que regular é: cando unha persoa esta substituíndo a ausencia dun titular que presenta distintos motivos continuados (IT, baixa maternal, vacacións, excencia por coidado de fillas/os) se o substituto está de IT coincidindo co cambio de contrato o SERGAS non lle permite formalizar o novo vínculo,ofertándolle o contrato a outra persoa das listas.

18. SAÚDE LABORAL:
a. Solicitar do SERGAS que regule as contratación para o persoal que presenta unha incapacidade física ou psíquica recoñecida pola Seguridade Social.
b. Ao persoal que presente unha discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia aceptaráselle a suspensión de chamamentos. O SERGAS remitirá a este persoal as U.P.R.L
c. O persoal que renuncie a un chamamento por motivos de saúde laboral, quedará suspendido dos chamamentos até a súa valoración pola U.P.R.L do SERGAS.
Comentarios (37) - Categoría: contratacion - Publicado o 30-10-2008 14:53
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
37 Comentario(s)
1 referente al punto: A puntuacion da ope faríase proporcional á nota acadada". ¿que quiere decir?. Que si s#blgtk08#acas un 80, por ejemplo te puntuaría mucho mas para las listas y sacando un 50 tendrías menos puntuacion?
Comentado por mar (30-10-2008 15:11)
2 Paréceme excelente esta borrador en liñas xeráis. Tamén pode mellorarse un chisco. Por exemplo, que este novo pacto teña ideas das bases, dos traballadores, que non sexa imposto polas direccións administrativas. Para ilo, este blog é ideal. A xente podería engadir ideas e propostas, inda que para este ano quizáis sexa xa tarde.
Eu engadiría que o tempo do paro só se puntuara para aquelas personas que foron ata o INEM a selar as solicitudes d#blgtk08#e traballo. Ou sexa, que non se deran eses 6 puntos ás persoas que estiveron na casa sen facer nada.
Tamén habería que arranxa-lo problema que sucediu este ano co esgotamento das listas e a tardanza en publica-las novas xa baremadas. Poderíase arranxar contemplando a contratación de persoal eventual e temporal para acelera-lo proceso de baremación (cousa que está xa recollida no estatuto marco do SERGAS). Polo resto, xenial. Moitas grazas.
Comentado por Berto (30-10-2008 15:49)
3 Referente o de que OPE e listas vaian de forma conxunta quere dicir que a#blgtk08#gora no se abrirán novas listas ata que non se resolva a futura OPE 2008?
Comentado por Carmen (30-10-2008 16:03)
4 Para Mar :Quiere decir que si en cada examen de la OPE. sacas por ejemplo, 60 en cada uno, tendrías 12 puntos en vez de los 18 actuales. Si sacas 70 en cada examen...14 puntos para las listas de contratación en vez de los 18 actuales.¿QUÉ QUIERE DECIR ESTO...? Que se ignora por completo a aquellas personas que llevan opositando y aprobando año tras año y que por edad, edad de los padres, tener hijos etc...no están en las mismas condiciones para estudiar que una chica/o joven...Me parece mal y así lo dije en su momento en la reunión a la que me invitó CIG.Mi opción fue que convocasen un #blgtk08#nº de plazas sin ser concurso ( libres), para que las jóvenes tuviesen posibilidad de plaza, y otro nº de plazas tipo " concurso-oposición para las de mas edad... ¡Sería mucho mas justo ! En fín...Yo no tengo problema porque soy fija...pero y el resto de gente de mas de 35 años...? ¿ Y las jóvenes que no tienen apenas tiempo trabajado ...? Aparte ,CIG, dijo que lucharía por QUITAR los cursos, dado que solo son un " chupa-dinero" y todas acabamos teniendo esos puntos....pero por lo que veo , ese apartado se IGNORÓ.Solo digo mi opinión,y me parece justa: oportunidades para todos ! Saludos.
Comentado por Afiliada (30-10-2008 16:28)
5 Estas son algunhas (xa o poñemos no artigo) das propostas que sairon do grupo de traballo, elaboradas na súa maioría en base ás ideas e suxestións que desde as asembleas das distintas áreas se incorporaron, e tamén tendo en conta o que moita xente nos fai chegar, ben a través dos blog, ben a través de correo electrónico ou outros medios. É dicir, poñer nun artigo absolutamente todas as cousas que se miran no grupo de traballo conlevaría facer un post kilométrico e non é a nosa intención. Simplemente quixemos achegar algunhas das ideas que recollimos para que sigades a facer as vosas aportacións#blgtk08#.
Con respecto á idea de fundir as convocatorias de OPE e listas de contratación: efectivamente nas asembleas houbo algunhas persoas que se amosaron contrarias a este sistema, pero a inmensa maioría da xente estaba de acordo en que era xusto e incentivaba a estudar para as oposicións, ademáis de reducir papeleo e gastos en taxas, e por iso se adoptou a postura de levar a proposta á mesa de negociación. Só é unha proposta, non quere dicir que o SERGAS o vaia aceptar, e se o fai, tampouco quere dicir que o vaia facer tal e como se lle presenta.
Seguimos recollendo as vosas ideas.
Comentado por Cig-Saúde O Barco (30-10-2008 16:38)
6 Me parece muy bien todo, pero lo de los 6 puntos del paro, sigo sin estar conforme. Es una forma de conseguir puntos muy pòco meritoria con respecto a la gente que estamos desde hace años trabajando. Si te quedas en casa sin hacer nada dos añitos, pues el sergas te regala 6 puntitos, y si luchas por un puesto de trabajo en el Sergas, formandote profesiona#blgtk08#lmente y todo lo que haga falta, durante eses dos añitos, pues el Sergas te da 6 puntitos tambien. Nos vamos todos a lo comodo? Y lo que es peor aun,.. el fomento de que todos durante esos dos añitos sin hacer nada", nos vusquemos un trabajito en el cual no nos aseguren, asi ademas de defraudar pues el Sergas nos regala igualmente los 6 puntitos,........
Comentado por mary (30-10-2008 17:26)
7 Estoy totalmente en desacuerdo con la puntuación que proponeis de #blgtk08#la OPE para la lista de contratación. Y si con que salgan juntas.
Comentado por Ana (30-10-2008 18:13)
8 Bueno, yo diría que lo de que te puntuen el paro se puede mirar desde el punto de vista de la persona que ha dejado de trabajar y de ser demandante de empleo porque ha decidido criar a sus hijos desde casa. Yo, por ejemplo, decidí dejar de trabajar para hecerlo y sacrifiqué un sueldo y me adapté a lo que había. Después de diez años es complicado encontrar un empleo medianam#blgtk08#ente digno y estable y decidí preparar la oposición. Yo creo que puede ser un incentivo para ayudar a personas que se encuentran en una situación similar. No sé si esto es justo o no pero yo no he estado estos diez últimos años sin hacer nada, tomé esta opción porque no podía conciliar mi vida laboral con la educación de mis hijos y ahora también me merezco una oportunidad.
Comentado por Marta (30-10-2008 18:15)
9 Con respecto a la nota de la OPE y los puntos estoy de acuerdo con lo que han dicho por aquí de que no es lo mismo una persona sin obligaciones que puede dedicar todo su tiempo a estudiar que un padre o madre de familia que después de trabajar tiene que llegar a casa, atender a su familia y sacrificar m#blgtk08#uchas horas de dedicación a ella por tener que preparar la oposición. Para mi tiene más mérito esa persona sacando un 60 que un chico de 24 sin otra obligación que la dedicación al estudio que saque un 80. Yo también creo que sería discriminatorio para quien no puede dedicar todo su tiempo a prepararla.
Comentado por Marta (30-10-2008 18:24)
10 Para Marta:
-es cierto que te mereces una oportunidad, pero mira,..yo y otras muchas personas tambien tenemos hijos, tambien hemos tenido que sacrificarnos, dejandolos en guarderias, con abuelos, etc...y seguimos luchando para conseguir un empleo digno. Estoy completamente de acuerdo contigo en que te mereces una oportunidad, pero no estoy en concordancia con que sea #blgtk08#a costa de sacrificar a otros. Que vusquen la forma de ayudarte, pero no a costa de perjudicar a los que no nos pudimos permitir el lujo de vivir sin un sueldo y tener que conciliar nuestra vida laboral y personal.
Creo que la solucion no es esta, quitar a unos y poner a otros.
Espero no ofender a nadie, es mi punto de vista y respeto el de los demas. Un saludo
Comentado por mary (30-10-2008 19:24)
11 Pues yo creo que cada uno mirará para lo suyo,también hay gente que sin estudios ni experiencia consigue los 6 puntos de paro,y está muy por encima mío que tengo experiencia,estudios específicos y oficiales,pero nada de paro por haber sido autónoma y e#blgtk08#mpeñarme hasta las cejas,mis puntos sólo son 0.833,con más de 10 años de experiencia que no puedo documentar,pues las empresas que trabajé ya no existen,y según el pacto,es una documentación imprescindible.Ya se sabe que nunca llueve a gusto de todos.
Comentado por Maria (30-10-2008 19:41)
12 Non podo creer o que estou lendo,que pasa que por ter familia,padres etc teñen que facilitar a OPE,¿esto é o xusto segun vós? pois nada que viva a "igualdade",e claro logo queix#blgtk08#arédesvos de que os fillos non se van da casa.O mais xusto seria(penso eu)q todos teñamos o mesmo proceso,independientemente das circustancias persoales de cada un un saúdo
Comentado por marta (30-10-2008 19:42)
13 Pareceme de coña o de xuntar a ope coas listas, enton que pasa con esta ultima Ope, non se podera disfrutar de esos 18 puntos e seguiran chamando e dando interinidades cos puntos da Ope#blgtk08# de 2oo1 ( se vai facer 8 ANOS DE ESO).
INCREIBLE APORTE.
Por certo falo das listas dos DUES.
EStous hasta os putos ovarios do sergas e de todo este puto tinglado.
Comentado por ALBA (30-10-2008 19:59)
14 Estou de acordo con alba, haber que pasa coas listas de contratacion de Enfermeria que segun a teoria tiñan que sair c/ anos ( e decir#blgtk08# tocaballe no 2008) e ahora sacan esto de que non vale para nada esta ultima Ope e por riba hai q esperar a que salga unha nova Ope.
Comentado por susana (30-10-2008 20:33)
15 estase a repetir o mesmo debate que tivemos primeiro nas zonas e logo no grupo de traballo, diferentes sensibilidades que hai que unificar para facer unha proposta.
queremos aclararlle a ALBA e a tod@#blgtk08#s que de ir adiante a proposta nosa de unificar OPE e listas, habería que facer unha última convocatoria XA, para as categorias das listas que levan ano e medio funcionando (enfermeiras, aux enfermaria etc)
Comentado por CIG-Saúde Barco (30-10-2008 20:35)
16 Enton, segundo isto, daríanse os 18 puntos ou quitaríanos segundo esta ultima OPE, e despois seguirí#blgtk08#ase o dictado no novo pacto?
Si é así, pq non sacaron xa a convocatoria de listas fai meses?
Comentado por Eva (30-10-2008 22:41)
17 para marta:
Nadie habla de facilitar la OPE, para tener acceso a coger plaza hay que sacar una buena nota a no ser que tengas mucho concurso. Estamos hablando de las listas de trabajo temporal y por supuesto que no es lo mismo, si no has tenido la oportunidad de comprobarlo seguramente lo comprobarás en un futuro pero nadie dice que tenga que ser así, simplemente es mucho más difícil preparar una oposición a tope a una persona con obligaciones familiares que a otra sin ellas.

Para mary:
criar a los hijos no es un lujo, lujo es vivir com#blgtk08#o vivimos hoy en día. Es una pena que tengamos que renunciar a eso por otras cosas que al final no sé si son tan importantes. Cada uno opta por una opción, todas son válidas. Yo opté por la mía pero esta opción tiene otras consecuencias como es la pérdida de poder adquisitivo y las opciones laborales una vez decides reincorporarte. Esperemos que las leyes hagan posible que la vida laboral y familiar puedan llegar a ser compatibles y entonces ganaremos todos, sobre todo nuestros hijos.
Y tranquila, no me has ofendido, entiendo perfectamente tu punto de vista.
Comentado por Marta (30-10-2008 23:34)
18 teño a ope do 2006 de celadora aprobada e ainda non empecei a traballar.Enton se na próxima convocatoria que pronto será, a xun#blgtk08#tan cas lista de contración os da ope 2006 non nos dará tempo a traballar nada.Dende logo que en esta ope nada sae ben.un saúdo
Comentado por maría (31-10-2008 00:26)
19 para marta , mira marta a mi lo que tu planteas me parece injusto , yo no tengo hijos y como e aceptado el trabajo del sergas en las listas de contratacion , un dia en un lado y otro dia en el otro, jugandome el pellejo en alguna carretera, veras a mi me parece muy bien que decidieras tener hijos y cuidarlos me parece muy loable, pero no es justo para los demas, es que siempre nos tenemos que joder los#blgtk08# jovenes y los que no tenemos hijos y eso no es justo enserio, somos todos el mismo personal y todos realizamos el mismo trabajo no es justo que a unos les faciliten las cosas y a otros no , a mi estudiar me cuesta dios y su madre .... y a los demas tambien y como ha dicho una compañera cada uno sabe lo que tiene en su casa ...
yo creo que lo que tu propones no es justo
un saludo
Comentado por rosa (31-10-2008 08:10)
20 pues yo creo que las litas de contratacion deberian salir todos los años como pasa en otras comunidades y no cada #blgtk08#vez que haya oposicion. si la oposicion tarda años en salir las listas no se abren para incorporar nuevos meritos.
Comentado por (31-10-2008 10:49)
21 pues yo creo que las litas de contratacion deberian salir todos los años como pasa en otras comunidades y no cada #blgtk08#vez que haya oposicion. si la oposicion tarda años en salir las listas no se abren para incorporar nuevos meritos.
Comentado por (31-10-2008 10:55)
22 A min o punto A tampouco me parece xusto. Non temos o mesmo tempo para estudar( a parte do cansancio) a xente q#blgtk08#ue temos vacantes e traballamos todo o ano que xente que traballa pouco tempo ó ano e pode estudar moito máis.
Comentado por (31-10-2008 11:15)
23 Con respecto a unificar OPE e listas de contratación non estou a favor. Penso que non é proporcional o que estudias coa nota do exáme. Podes estudiar e saber moito e polo tipo de exame que poñan non sacar boa nota, ou ter un mal día, ou a influen#blgtk08#cia dos nervios (non se xoga o mesmo un que vai por 1ª vez a oposición que os que teñen moito tempo traballado). Todos sabemos que na última oposición xente sacou boa nota sen practicamente estudiar e xente que sabía moito máis sacou menos nota.
Comentado por carmen (31-10-2008 11:25)
24 A min o que me parece é que cada un mira o seu cú e xa está. Problemas persoais témolos todos, non se pode confundir o persoal co resto. Porqué está tan claro que unha persoa con fillos terá menos tempo para estudiar que unha que non os tén? Porqué pensades que unha persoa que traballa uns días ao mes terá máis tempo para estudiar que outra que tén unha interinidade? E logo a que traballa uns días ao mes non terá que buscarse a vida para sobrevivir sen un soldo? É alucinante as chorradas que se din.
Eu penso que a opción de facer ope e listas xuntas é boa, porque nos aforra de pagar tasas, porque nos aforra papeleos, por#blgtk08#que a oposición ten que sair por lei cada dous anos, e asi non andarían como agora rascándoa despois de ano e pico de botar os papeles, porque se a puntuación é proporcional á nota da oposición é xusto, se suspendo porque tiven mala sorte ou porque non estudiei non me quedo sen puntos, polo menos teño algo. O mismo que esa xente que di que non pode estudiar porque ten fillos e non sei cantas cousas, salen favorecidas porque polo menos sempre terán algo de puntuación, e se é como agora non, porque se suspenden quedan con 0 puntos. Hai que ver todo en total, non solo o que a un lle parece.
Eu penso que é unha boa solución
Comentado por bieita (31-10-2008 11:32)
25 está claro que non chove a gusto de todos, pero vou o que vou; eu teño a última ope aprobada e sen traballar máis que dos meses no vran, agora creo que é o momento de que nos digan, van a cargar a ope 2006?, e decir, xa non #blgtk08#van a poñer os puntos na lista de contratación ata que se faga a ope 2008?, agora creo que deberiades abordar en serio este tema, e que conste que para min sodes o mellor sindicato, pero necesitamos saber agor máis que nunca
Comentado por maria (31-10-2008 12:02)
26 Estoy totalmente de acuerdo con bieita. Me parece ridiculo todas esas suposiciones que se estan haciendo sobre quien tiene más tiempo para estudiar. Cada persona tiene su vida fuera de si tiene hijos o no, o si esta trabajando o no, y si tuvieramos que dar cada uno nuestra escusa de por qué no podemos estudiar estariamos buenos. Mientras yo estudiaba tenia que trabajar a la #blgtk08#vez, y no por eso me ponian mas facilidades, a lo mejor no tenia los mejores resultados, pero me parecia justo, porque tenia una nota equivalente a lo que habia estudiado y cada persona tendria sus motivos para estudiar mas o menos. Ya todos sabemos que hay gente con mas suerte que otra, pero no por eso van a tener que cambiar las reglas. Igualdad para todos los aspirantes.
Comentado por (31-10-2008 12:18)
27 Estoy de acuerdo con las ..."jovenes", y " con las menos jóvenes" ;Cada uno sabemos y tenemos nuestros problemas, pero...¿si como era mi caso , empiezas de joven, apruebas siempre religiosamente, tienes hijos, estudias y ....no cojes plaza por falta de experiencia, Pasan los años, puteandote en veinte mil contratos basura y llegas a los 40, y cuando por fin tienes una " experiencia", resulta que te cambian los pactos y ala...a jo...!No puedes optar a trabajar, vacante o pla#blgtk08#za, porque valoran muchísimo la nota de examen y poco la experiencia...En qué apartado estariamos nosotras??Primero no, porque eres joven y sin experiencia, luego no porque eres mayor y con mas carga, menos tiempo y menos capacidad...Por favor, en vez de atarcarnos...por qué no convocan plazas libres ( para que los jóvenes sin experiencia tengan opción a plaza), y plazas concurso -op, para las que llevan puteadas años y años...? No creeis que sería mas justo para todos...?.
Comentado por Afiliada (31-10-2008 12:20)
28 Quiero aclarar algo por si os ayuda, Esta última OPO, puntuaría 18 puntos en las listas, ellos se refieren a una futur#blgtk08#a OPO. A partir de la siguiente OPO, se puntuaría según nota de examen, de todos modos están todavía en ello. Saludos.
Comentado por Afiliada (31-10-2008 12:22)
29 El psx tambien realiza funciones de celador (por eso lo de ponerlos en los pacs) tambie#blgtk08#n el tiempo de PSX deberia servir para la categoria de celador.

saludos
Comentado por arturo (31-10-2008 12:41)
30 Imos aclarar algo, porque parece que o debate se está dando en función dunha interpretación errónea do que expoñemos no artigo. A de unificar as convocatorias de OPE e listas de contratación é unha proposta de CIG-Saúde moito máis complexa que o resumo que puxemos no artigo. Segundo a nosa proposta, as listas de contratación elaborarianse igual que actualmente, o único que se unificaría sería a solicitude, e propoñemos que a nota de OPE sexa puntuada proporcionalmente, pero isto non implica que sexa a única cousa a baremar. Baremaríanse como ata agora outros apartados, como experiencia profesional, formac#blgtk08#ión, etc... É dicir, as listas de contratación non serían feitas exclusivamente en base á puntuación ope, como parece que algunhas persoas entendedes. Na nosa proposta, a puntuación da ope nas listas de contratación sería proporcional á nota acadada, pero habería ademais outros apartados a baremar (experiencia, formación...).
Tamén queremos reiterar, e gustaríanos que quede ben claro, que é unha PROPOSTA de CIG-Saúde, o cal non significa nin que se vaia aceptar na mesa de negociación co SERGAS, nin que se vaia levar a cabo inmediatamente. É unha proposta de futuro, como moi ben aclarou "Afiliada" .
Comentado por Cig-Saúde O Barco (31-10-2008 13:04)
31 Estou moi dacordo de que na proxima OPE puntue para as listas de contratacion sexa puntuada segun a nota acadada.
Tamen a experienci#blgtk08#a e a formacion.
Persoalmente penso que deberia haber tamen puntuacion de produtividade que alguns tiñan que rendir un pouco mais.
Comentado por mari (31-10-2008 15:11)
32 e apoiar a formación máis que de cursos pagado#blgtk08#s: masters oficiais, piblicacións, docencia...
Comentado por (31-10-2008 15:19)
33 Creo que seria boa idea a de incluir unha clausula, añadido, ou como se poda chamar, na que para evitar que a xente que aprovou esta OPE non lle conten os puntos, a miña proposta e buscalo modo de que temporalmente e mentres non se resolva a nova lista de DUE e Auxiliares no novo pacto, se colla a lista actual destas categorias e se #blgtk08#lle sumen os puntos da OPE e se elimine a xente que colleu praza (ambalas cousas podense facer automaticamente) e usar estas listas actualizadas ata que se resolva unha lista nova dependente do novo pacto. Pareceme a lo menos o mais xusto para a xente que aprobou a OPE do 2006. E unha forma de enmendar erros do actual pacto.
Comentado por Un (31-10-2008 20:14)
34 Unha máis que opina que deben sair listas paralelas de Enfermaría, como opina #blgtk08#un na resosta 33. Só con puntos da opo, para as novas vacantes que se van dar.
Comentado por (01-11-2008 14:28)
35 yo tambien estoy de acuerdo en que puntuen la ope con relacion a la nota. Lo que pienso por otra parte es que se estan llevando todos estos comentarios a las situaciones personales de cada uno. Yo tambien soy madre de familia con dos hijos , casa, trabajo y demás, como muchísima gente. Y otra que no tengas hijos ya que cuidar a lo mejor tiene personas mayores a su cargo u otros asuntos que ellos tienen que afrontar. Cada uno tiene su situacion familiar y #blgtk08#el tiempo que tenga cada uno no es una excusa para que faciliten a unos mas que otros.
Todos somos aspirantes y todos vamos a por todas de la mejor forma que podemos. y muchas veces no es el que mas estudis el que mas nota saca, ya que tal como estan poniendo los exámenes, nos podemos esperar de todo.
Yo creo que tenemos que hacer lo que buenamente podamos y no adelantar acontecimientos, porque todo esto esta por llegar y aun no se sabe nada
Comentado por eva maria (02-11-2008 20:33)
36 Voteille un vistazo as vosas propostas, en non estou de acordo en moitos puntos, pero chámame a atención o punto sobre a preferencia absoluta a promoción interna as vacantes.Presenteime xa 6 veces a ope do sergas, en todas saquei moi boa nota,e sigo sin ter a plaza por non ter tempo traballado.A miña experencia me di que en moitas oposicións non se cubren todas as plazas de promocion interna, e iso é porque ou non se presentan ou non estudian; premiar esa actitude con darlles o 100% das vacantes pareceme un insulto aos que ano tras ano pagamos as tasas e rompemonos os cornos estudiando.Si non se cubren con promoció#blgtk08#n interna, o fan coas comisios de servicios, o caso e j... os que estudiamos e non collemos plaza.Inda por riba os eventuales cobramos con dous meses de retras, polo menos na área onde eu traballo.
Todo isto me leva a pensar que posto que os eventuales só podemos votar nas eleccións sindicales si nese momento estamos en activo........pareceme que visto o visto non somos generadores de moitos votos para os sindicatos, e non nos defende ninguén.
Asi que amigos moita sorte nos examenes, estudiade moito, a min quedanme 13 dias para o meu.....e a seguir cos contratos basura.
Sorte a todos.
Comentado por lola (25-10-2009 22:16)
37 Esta é unha proposta que o Grupo de Traballo de CIG-Saúde elaborou, que se someteu á aprobación dos afiliados de CIG-Saúde (polo menos no Barco) saindo refrendada, e que temos publicitado ata en tres ocasións sin que ninguén dixera nada a respecto deste punto. En todo caso, CIG Saúde sempre escoita aos/ás traballadores/as e non é a primeira crítica que nos chega sobre ese punto, polo que parece ser, que se vai retomar este tema no Grupo de Traballo. Xa vos diremos cal é o resultado.

Por c#blgtk08#erto, para CIG Saúde tod@s @s traballador@s son iguais, independentemente do seu vínculo ou non vínculo, e así o temos demostrado en numerosas ocasións (só tendes que lembrar as concentracións convocadas non hai moito para esixirlle ao SERGAS celeridade na resolución dos procesos de listas, por exemplo). O feito de que o persoal temporal vote nas eleccións sindicais só se está vinculado non implica que non vaia votar despois cando teñan contrato estable, polo que ese argumento cae polo seu propio peso.
Comentado por CIG-Saúde O Barco (26-10-2009 09:40)
DIRIXE AS PREGUNTAS Á SECCIÓN CORRESPONDENTE (PICA NO ICONO DO MENÚ DA ESQUERDA). ASEGÚRATE DE QUE NON ESTÁ XA CONTESTADA. NON RESPOSTAMOS PREGUNTAS REPETIDAS. NO RESTO DE ARTIGOS, SÓ COMENTARIOS.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis