CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

instrucciois do SERGAS sobre incorporación e ceses
Como teñen surxido varias preguntas sobre a forma de incorporación nos servizos e o cese de persoal a causa da OPE, deixámosvos as instrucciois de RR.HH. do SERGAS sobre este asunto.
Lembrade que aparte destas instrucciois, o capítulo V do decreto de provisión é o que regula os criterios de incorporación e cesamento do persoal.


INSTRUCCIÓNS DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE EN RELACIÓN COA INCORPORACIÓN E CESAMENTO DE PERSOAL COMO CONSECUENCIA DOS CONCURSOS DE TRASLADOS E OS PROCESOS SELECTIVOS.

Co fin de acadar un tratamento uniforme nas incorporacións e cesamentos do persoal que se deban producir nos centros de xestión do organismo como consecuencia da resolución dos procesos de mobilidade voluntaria (concurso de traslados) e dos procesos selectivos, así como de clarexar outros efectos derivados dos mesmos, este centro directivo, partindo do establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, considera necesario ditar as presentes

I N S T R U C I Ó N S

1.- CONCURSO DE TRASLADOS:

A.- PRAZOS DE CESAMENTO DO PERSOAL DXUDICATARIO :

Primeiro.- Co fin de coordinar os cesamentos en todos os centros de xestión, o centro de orixe cesará, de oficio, ao persoal que tendo participado no concurso obtivera destino noutro centro o último día hábil do prazo establecido para o cesamento.

Segundo.- En relación co persoal que participou no concurso desde a situación de excedencia por coidado de familiares ou calquera outra situación administrativa que lle dea dereito á reserva de praza e obtivo novo destino, en ningún caso permitirase que se incorpore o seu centro de orixe, debendo este expedir unha dilixencia na que se faga constar a perda do dereito de reserva (non procede o seu cesamento xa que o interesado non está en situación de activo). Dita dilixencia, que deberá ser expedida igualmente o último día hábil do prazo de cesamento, será remitida ao centro de destino con carácter inmediato. Nesa mesma data procederase ao cesamento do substituto, no caso de que o houbese.

Terceiro.- Cando deba cesarse a un adxudicatario, que por encontrarse en comisión de servizos noutro centro teña un substituto na súa praza de orixe, o cesamento do substituto producirase o mesmo día en que deba cesar o titular da praza.

Cuarto.- No suposto de que o interesado se encontre disfrutando de permiso, licenza, vacacións, incapacidade temporal ou maternidade o cesamento deberá quedar diferido ata que o interesado se incorpore á súa praza de orixe. Ao día seguinte da incorporación o centro formalizará o seu cesamento e enviará a baixa ao centro de destino. Nesa mesma data cesará o substituto, no caso de que o houbese.

Quinto.- Non obstante o anterior, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, por necesidades do servizo debidamente acreditadas, e previo informe dos centros afectados, poderá ampliar o prazo de cesamento ata un máximo de tres meses.

B.- PRAZOS DE TOMA DE POSESIÓN DO PERSOAL ADXUDICATARIO:

Primeiro.- A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse, a opción do interesado, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel no que se formalizou o cesamento se as prazas son da mesma área de saúde, no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

Non obstante o anterior, a alta no centro de xestión de destino terá efectos administrativos do día seguinte ó do cesamento, se ben para os efectos económicos deberá terse en conta o establecido no apartado D segundo destas instrucións.

Segundo.- Non disporán de prazo posesorio algún aqueles adxudicatarios do concurso que xa viñesen ocupando praza no mesmo centro de destino en virtude de comisión de servizos ou reingreso provisional.

Terceiro.- En relación co persoal en comisión de servizos os prazos posesorios entenderanse sempre referidos á praza efectivamente desempeñada con independencia do centro no que teña a praza en propiedade.

Cuarto.- Cando o adxudicatario da praza desexe manterse na situación administrativa que lle dea dereito a reserva de praza (excedencia por coidado de familiares, servizos especiais, etc), deberá manifestalo no momento da toma de posesión no centro de xestión de destino. Debe terse en conta que a pesar de estar na citada situación administrativa e aínda que pretenda manterse nela, a súa participación no concurso de traslados obrígalle a cumprimentar os trámites administrativos derivados do mesmo, e en concreto, a tomar posesión, dentro do prazo dun mes, da praza obtida no concurso, o que necesariamente non implica a súa incorporación efectiva ó desempeño da mesma.

Igualmente, nese intre, deberá solicitar á Dirección Provincial respectiva ou á División de Recursos Humanos, segundo corresponda, a declaración da situación administrativa correspondente, que ditará a resolución con efectos desa mesma data e nas condicións e cos límites legalmente establecidos.

Neste suposto, no que o interesado solicita continuar na situación administrativa que lle dea dereito á reserva de praza, o centro de xestión de destino, con efectos do día seguinte a aquel no que o centro de xestión de orixe expedira a dilixencia de perda do dereito de reserva, procederá a darlle de alta aos efectos administrativos.

A incorporación efectiva do interesado á praza determinará, de ser necesario, a aplicación dos criterios de cesamento.

Quinto.- No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ó servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes (obviamente non retribuído).

Sexto.- Se así o permiten as necesidades do servizo, e a pedimento do interesado, o prazo de toma de posesión poderá ser prorrogado pola División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.

C.- CRITERIOS DE INCORPORACIÓN E CESAMENTO:

Primeiro.- Tal e como se realizou nos anteriores procesos procesos selectivos e de provisión e seguindo as instrucións desta División do 11 de novembro de 2005, en relación cos cesamentos que deban de producirse no ámbito da atención primaria, e tendo en conta que as prazas deste nivel asistencial foron ofertadas por centro, o cesamento igualmente deberá realizarse por centro.

Segundo.- O persoal en situación de reingreso provisional que, debendo participar no concurso de traslados, non obteña praza nel deberá ser cesado, sempre que sexa necesario, xa que de conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, a praza terá a consideración de vacante. O cesamento deste persoal producirase coa efectiva incorporación á praza do adxudicatario da mesma. No caso de que existan vacantes suficientes no centro para permitir a incorporación de todo o persoal propietario, non se producirá o cesamento daquel.

O persoal en situación de reingreso provisional que non cumpriu coa súa obriga de participar no concurso de traslados, con independencia de que a praza que ocupa fose ou non adxudicada no concurso, deberá ser declarado na situación de excedencia voluntaria pola respectiva Dirección Provincial con efectos do día seguinte ó que se publique no D.O.G. a resolución pola que se abren os prazos posesorios do concurso de traslados. Por tal motivo o centro de orixe procederá a expedir a dilixencia de cesamento con efectos do primeiro día hábil de prazo de cese e comunicar tal incidencia, de xeito inmediato, á Dirección Provincial respectiva.

O persoal que o seu reingreso lle foi concedido con posterioridade a data de publicación da convocatoria do concurso de traslados, e que polo tanto non acadou praza no mesmo, non debe ser cesado, sempre que exista praza vacante.

D.- OUTROS EFECTOS DERIVADOS DO CONCURSO :

Primeiro.- Os destinos adxudicados son irrenunciables polo que, cando un concursante non tome posesión da praza adxudicada no prazo establecido ou, no seu caso, no da prórroga concedida, estarase ó disposto no apartado 5º do artigo 30 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.

Neste suposto, o centro de xestión de destino, de xeito inmediato, procederá a comunicar tal incidencia á Dirección Provincial correspondente ós efectos oportunos.

Segundo.- Excepto cando a resolución do concurso implique o reingreso ó servizo activo (incluída a excedencia por coidado de familiares), o prazo de toma de posesión e, no seu caso, o da prórroga, será retribuído, percibíndose os correspondentes haberes con arrello ás normas establecidas na orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas de persoal ó servizo da Administración Autonómica.

- Con carácter singular para o proceso de cesamentos e tomas de posesión derivados da resolución do concurso de traslados citado, o aboamento de salarios correspondentes ó prazo posesorio do persoal que se traslada con orixe e destino en institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde axustarase ó establecido na devandita orde para tal suposto.

De acordo co anterior, o centro de orixe aboará os haberes do persoal adxudicatario ata o último día do mes do cesamento. Nesa mesma data procederá a formalizar a súa baixa tanto na Seguridade Social coma na nómina remitindo a correspondente certificación de haberes o centro de destino. Na citada certificación incluirase a liquidación da parte proporcional da paga extra e deberá igualmente reseñarse se disfrutou dalgún permiso, vacacións, días de libre disposición ou calquera outra consideración que se entenda necesaria.

- Con respecto ó persoal que en virtude da resolución do citado concurso de traslados obteña praza nunha institución sanitaria do Servizo Galego de Saúde proveniente dunha institución sanitaria allea a este organismo, as remuneracións correspondentes ao prazo posesorio faranse efectivas integramente polo centro de destino, con referencia e efectos económicos do día seguinte do cesamento na institución de orixe.

Terceiro.- Os centros de orixe deberán remitir ós centros de destino copia cotexada dos documentos que obren no expediente dos interesados que poidan ter relevancia administrativa.


2.- CONCURSO-OPOSICIÓN :


Primeiro.- Para a incorporación do persoal de novo ingreso que superou o concurso-oposición deberán seguirse os mesmos criterios de incorporación e cesamento establecidos no apartado C primeiro do punto 1º destas instrucións.

Segundo.- O prazo para a toma de posesión deste persoal será dun mes (non retribuído) a contar desde ó día seguinte o da publicación no D.O.G. da resolución pola que se abra o prazo posesorio.

Non obstante o anterior, en casos de forza maior, e a instancia do interesado, o órgano convocante poderá prorrogar o citado prazo.

Non poderán tomar posesión da praza as persoas que se atopen en situación de incapacidade temporal nin en incapacidade permanente, posto que a toma de posesión implica a efectiva incorporación o desempeño da praza.

Non obstante o anterior, e para o caso concreto da maternidade, e de conformidade cos pronunciamentos xurisprudenciais máis recentes, o centro de xestión , con efectos do primeiro día hábil do prazo de toma de posesión, deberá expedir dilixencia de toma de posesión, aos únicos efectos administrativos.

Terceiro.- O persoal que viña prestando servizos con anterioridade a toma de posesión da praza adxudicada como consecuencia do concurso-oposición, deberá cesar no correspondente centro, a lo menos, o día anterior ó da dita toma de posesión. Neste suposto o centro de orixe deberá efectuar, con cargo ós seus respectivos orzamentos, as correspondentes liquidacións de haberes, nas que se incluirá a parte proporcional da paga extra así como das vacacións nos termos nos que proceda.

Cuarto.- Respecto ao persoal que teña superado o proceso selectivo en varias categorías, unicamente poderá tomar posesión nunha delas (aquela que desexe o interesado). No mesmo acto de toma de posesión o interesado deberá solicitar á Dirección Provincial correspondente a declaración de excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público na outra categoría, acompañando á solicitude unha copia da dilixencia de toma de posesión. A Dirección Provincial ditará a correspondente resolución con efectos da data na que tomou posesión da praza da categoría pola que optou.

O persoal que teña superado o proceso selectivo nunha categoría que preste servizos temporais noutra categoría estatutaria distinta ou como persoal laboral temporal ou funcionario interino, xa sexa na mesma ou distinta categoría, poderá solicitar a declaración de excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público na categoría na que aprobou.

Para a declaración de calquera outra excedencia ou situación administrativa estarase ás instrucións desta División do 30 de setembro de 2005.

Quinto.- O persoal propietario que pola superación deste concurso-oposición acade nomeamento en propiedade noutra categoría distinta, poderá optar, dentro do prazo de toma de posesión, por ser declarado unha delas en excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público.

De acordo coas instrucións desta División do 30 de setembro de 2005, a excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público autorizarase tanto se o persoal fixo presta servizos noutra categoría estatutaria, xa sexa como persoal fixo xa sexa como persoal temporal, como se presta servizos baixo outro réxime xurídico distinto ao estatutario (laboral ou funcionario), xa sexa como persoal fixo ou como persoal temporal.

Para a declaración de calquera outra excedencia ou situación administrativa estarase ás instrucións desta División do 30 de setembro de 2005.

Sexto.- Por último, respecto ó persoal que se encontre desfrutando dunha excedencia por coidado de familiares concedida con anterioridade a superación deste proceso selectivo, e pretenda manterse nesta situación ó tomar posesión da súa praza en propiedade, deberá solicitar a Dirección Provincial correspondente a declaración dunha nova excedencia nas condicións e nos límites legalmente previstos.


3.- UBICACIÓN DO PERSOAL NAS UNIDADES OU SERVICIOS ORGANIZATIVOS:


Primeiro.- A ubicación do novo persoal nas unidades ou servicios organizativos dos centros de destino, tanto os adxudicatarios do concurso de traslados como os aprobados no concurso-oposición, poderá ter carácter provisional, a lo menos ata que se esgoten os distintos prazos posesorios, con respecto ós regulamentos internos de organización do traballo dos distintos centros así como, no seu caso, ós acordos acadados cos órganos de representación do persoal correspondentes.

Segundo.- Os centros de xestión, no seo da Comisión de Centro, poderán promover os procedementos para a ubicación deste persoal atendendo a criterios obxectivos e co estricto respecto as funcións propias de cada categoría.

Terceiro.- Os profesionais que se atopen prestando servizos no centro continuarán provisionalmente prestando servizos no mesmo posto que viñan desempeñando.

Cando non teña que procederse ao cesamento de persoal temporal a regra xeral para a ubicación provisional será a elección de destino pola orde de puntuación no concurso de traslados ou no proceso selectivo, segundo corresponda, polo que os centros deberán citar a todo o persoal que debe tomar posesión no mesmo, para que elixan pola devandita orde.

Cuarto.- Nas Xerencias de Atención Primaria, ó terse ofertadas as prazas por localidade, centro e quenda a incorporación producirase no centro e quenda adxudicada ao interesado. Cando existan varios postos de traballo no mesmo centro e quenda, os interesados elixirán pola orde de puntuación no concurso de traslados ou do proceso selectivo, segundo corresponda.

4.- OUTRAS NORMAS EN RELACIÓN COS CESAMENTOS DO PERSOAL TEMPORAL:

Primeiro.- En relación coa situación do persoal temporal substituto dun titular con dereito a reserva de praza, de producirse a perda dese dereito de reserva do titular por mor do proceso selectivo, aplicaranse as Instrucións de 22 de setembro de 2000 sobre xestión das listas de vinculacións temporais.

Xa que logo:

1º.- O persoal temporal substituto cesará no nomeamento que viña desenvolvendo no momento en que o titular substituído perda o dereito á reserva da súa praza, praza que, polo tanto, pasará a ser vacante para os efectos da incorporación do persoal propietario como consecuencia do concurso de traslados ou da OPE.

2º.- Ao persoal temporal substituto que cese por aplicación do punto anterior, de ter sido chamado no seu momento para unha vinculación de longa duración (nomeamentos de duración igual ou superior a un ano), pola súa orde de preferencia nas listas vixentes naquel intre, corresponderalle o nomeamento de interinidade na devandita praza vacante de conformidade coas mencionadas instrucións de 22 de setembro de 2000.

3º.- Unha vez vinculados como interinos en vacante serán tidos en conta para os ceses de acordo co disposto no artigo 39 do Decreto 206/2005, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo.- Polo que se refire ao cesamento do persoal temporal de categorías nas que non existen listaxes vixentes de aspirantes á vinculacións temporais, segundo o artigo 39.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o cesamento producirase por orde crecente de menor a maior antigüidade na praza desempeñada, debendo entenderse por praza desempeñada, no suposto de existir varios nomeamentos sucesivos, como sinónimo de vinculacións desempeñadas polo mesmo profesional sen solución de continuidade, na mesma especialidade e centro e realizando, xa que logo, a mesma actividade, por teren eses nomeamentos concatenados a súa orixe na idéntica causa da vinculación inicial.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2008
O DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL




Asdo.: Antonio José Fernández Paniagua.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 12-08-2008 12:17
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis