CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

preguntas frecuentes listas de contratación
Copiamos aqui o apartado de preguntas frecuentes sobre os listados de contratación que aparece na web do SERGAS e que pode orientarvos sobre algunhas cousas:

Preguntas máis comúns sobre as listaxes provisionais de selección temporal do Servizo Galego de Saúde, correspondentes á convocatoria de 2007 (DOG do 19 de xullo).

¿Onde podo consultar as listas de selección temporal?
As listas publícanse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e das xerencias de atención primaria, hospitais e complexos hospitalarios; así como tamén na páxina web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (accedendo ao cadro Espazo PROFESIONAL >> Emprego público >> Listados de contratación, marcando finalmente o nome da categoría/s do seu interese).

¿Que podo facer se non estou de acordo coa puntuación que teño asignada, ou se figuro na relación de aspirantes excluídos?
Ten a posibilidade de presentar unha reclamación contra a lista provisional, dirixida á dirección provincial do Servizo Galego de Saúde que corresponda coa provincia da área de xestión solicitada ou, no caso de ser unha categoría de ámbito autonómico, á dirección provincial que vostede indicara na súa solicitude de inclusión nas listas (lémbrase que as áreas de xestión das correspondentes provincias figuran no modelo de solicitude empregado). Nesa reclamación deberá expoñer os motivos dela, podendo xuntarlle a documentación que estime conveniente para fundamentala, ou para corrixir o erro que segundo vostede se puidese ter cometido.

¿Onde podo presentar unha reclamación contra as listas provisionais?
As reclamacións poden presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde, nos rexistros dos centros hospitalarios e das xerencias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, así como tamén nas oficinas de correos e nas demais dependencias ás que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; indicando sempre a dirección provincial do Servizo Galego de Saúde á que corresponda a súa recepción e revisión.

¿Que prazo teño para presentar unha reclamación contra as listaxes, e a partir de qué data podo facelo?
Con carácter xeral, o prazo para formular as reclamacións contra as listas ante as direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde é de 10 días hábiles, pero deberá estar pendente do que indique ao respecto o correspondente anuncio de publicación das listas no Diario Oficial de Galicia. Nese anuncio indicaranse expresamente as datas de comezo e remate do dito prazo de reclamacións, con independencia de que as listaxes se publiquen con anterioridade nos taboleiros de anuncios dos centros e nesta web; pois estas publicacións previas teñen tan só un carácter informativo, iniciándose o período de reclamacións sempre a partir da data indicada no Diario Oficial de Galicia e non antes.

¿Se presento unha reclamación, cando e como me contestan?
As reclamacións enténdense estimadas ou desestimadas coa resolución pola que se publican as listas definitivas, do xeito establecido para as provisionais (con publicación no DOG, ademais de nos taboleiros de anuncios das oficinas administrativas e nesta web). Coa citada publicación se dará resposta ás reclamacións contra as listaxes provisorias, iniciándose o prazo dun mes, que se indicará na propia resolución, para presentar un recurso administrativo contra as listas definitivas, no suposto de que os aspirantes entendesen que a súa puntuación nelas (ou a súa exclusión, de ser o caso) aínda non fose a correcta.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 07-08-2008 18:38
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0