CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

GOBERNO GALEGO EXTINGUE AS FUNDACIÓNS PÚBLICAS HOSPITALARIAS
O Consello da Xunta aprobou o decreto sobre extinción de Fundacións públicas hospitalarias da Barbanza, Virxe da Xunqueira, Verín e O Salnés
Esta extinción será efectiva con data do 31 de decembro do 2008, e os orzamentos para o vindeiro ano 2009 xa se referirán aos 14 centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde e non a 10 e catro fundacións como ata agora
Este decreto culmina o proceso de eliminación das fundacións públicas Hospitalarias, coa conseguinte mellora para os profesionais e para a calidade da asistencia sanitaria

O Consello da Xunta de Galicia aprobou esta mañá o decreto de extinción das Fundacións Públicas Hospitalarias da Barbanza (en Ribeira), Virxe da Xunqueira (en Cee), Verín e a do Salnés (en Vilagarcía de Arousa). Este decreto culmina o proceso de desaparición destas fundacións coa conseguinte mellora para o cadro de profesionais e para a calidade da asistencia sanitaria ofertada á cidadanía. Redundará ademais, dun xeito moi importante nunha maior homoxeneidade do Sistema Público de Saúde de Galicia.

A extinción será efectiva con data do 31 de decembro do 2008. Por iso, a próxima lei de orzamentos de Galicia para o ano 2009 non estipulará os cartos destinados á saúde de xeito diferenciado a estas fundacións e referirase xa aos 14 centros hospitalarios que forman o Servizo Galego de Saúde, no canto dos dez centros e catro fundacións que recollían os orzamentos ata agora.

Para cada unha das fundacións que se van extinguir desígnase unha comisión liquidadora integrada por tres auditores de contas, que non estiveron vinculados a elas nos cinco anos anteriores.

Beneficios para o sistema público e os seus profesionais
Entre as vantaxes da integración como centros de xestión do Servizo Galego de Saúde destacan o sometemento dos centros a criterios uniformes de planificación e coordinación; a redución do gasto sanitario ao incorporar ao centro a plans conxuntos de adquisición e subministración de bens e servizos; garantir a concorrencia, publicidade e imparcialidade na contratación; someter os centros a criterios de control financeiro e orzamentario que se establecen para o resto de centros hospitalarios públicos; unificar a oferta de emprego público; consolidar o proceso de homologación das condicións de traballo do persoal; e unificar os cadros de persoal e réxime de xestión dos centros hospitalarios, mellorando a calidade asistencial.

Este decreto responde ao fracaso do modelo organizativo en que se situaron estas fundacións sanitarias de carácter asistencial que non alcanzaron os obxectivos de eficacia, eficiencia e mellora da calidade dos servizos inicialmente proposto ademais de impedir que os seus profesionais se puidesen desprazar ao Sistema Nacional de Saúde o que constitúe unha auténtica barreira profesional ao seu progreso laboral. O Servizo Galego de Saúde xa extinguira en 2006 a Fundación Foro Permanente Galego Iberoamericano da Saúde.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 01-08-2008 13:46
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis