CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

pizarra: retraso de cobro de nóminas
Pásannos @s compañeir@s da pizarra un comunicado denunciando o retraso do cobro das nóminas nalgunhas empresas que procedemos a publicar

RETRASOS NOS COBROS DA PIZARRA

Parece que a moitos empresarios estalle vindo que nin pintado a cantinela esta da crise económica e a suposta necesidade de apremar o cinto e moderar as pretensións económicas. Sempre que sexamos os traballadores e traballadoras quen asumamos ese cinto apremado e esa moderación económica - salarial.

No último ano, moitas familias que viven do seu traballo en empresas como IPISA, FERLOSA, CUPIGA, PEBOSA, IPIGA e outras, están a padecer retrasos no cobro das súas nóminas absolutamente desmesurados, acumulando até dous meses sen salario.

Non obstante, salvo excepcións, a produción non diminuíu, o material sae ao mercado coma sempre, e o persoal mantén a mesma ou maior produtividade.

Logo non é un problema estrutural nin unha situación de crise real. Cando menos nas empresas das que estamos a falar.

Tampouco pode ser un problema de solvencia, a teor do ritmo de vida que algúns se gastan e do que, ademais, alardean sen pudor ante os mesmos traballadores aos que non paga o que lle adebeda.

Non se pode consentir, por indecente e inmoral, que un empresario que ten a preto de cen familias sen cobrar tres nóminas, celebra fastosamente, nun coñecido restaurante da comarca, a súa onomástica ante setenta convidados; que a súa dona estree coche xusto no período no que o persoal non percibe o soldo; ou que outros manteñan empresas paralelas noutra actividade e que, a pesares de tamén adebedar varios meses, teñan a desfachatez de pedir a algúns empregados que vaian traballar nas vacacións a estas obras nas que a actividade non se interrompe nin de día nin de noite.

Non debemos consentir que se descapitalicen empresas mentres os seus (i) responsábeis dilapidan o patrimonio que saíu do traballo e suor de moitas persoas de ben.

Non imos caer na trampa de aceptar sen poñer en entredito unha suposta crise que sempre, sempre, temos que pagar os traballadores e traballadoras.

A sociedade ten dereito a saber en qué situación económica e patrimonial quedan certos empresarios que non teñen o mais mínimo tremor de pulso para asinar expedientes de regulación e despedimentos colectivos.

Non imos consentir exemplos como a tan de moda Martinsa Fadesa, que se desfai de centos de empregados cando, despois de especular e de obter beneficios multimillonarios, deixa de gañar. Menos aínda permitiremos que sexa o Estado, mediante o Fondo de Garantía Salarial, o que apande co custe económico dos despedimentos, cando o empresario mantén o seu incontábel peculio.

Reclamaremos investigación por parte de quen teña competencias na materia fiscal e económica e estaremos sempre ao lado dos traballadores e traballadoras, defendendo o emprego e o salario.
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 30-07-2008 19:42
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis