CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

situación tercermundista en IPISA
esta de abaixo é a denuncia que fan dende CIG Valdeorras á situación tercermundista que están a padecer os traballadores e traballadoras da empresa de pizarra IPISA; non deixedes de ver o vídeo posto que unha imaxe vale mais que mil palabras.



Desde a Confederación Intersindical Galega (CIG) dirixímonos á Dirección da empresa IBEROITALIANA DE PIZARRAS (IPISA) a fin de lle manifestar a nosa preocupación polo estado no que se atopan algunhas instalacións da mesma e pola inseguridade coa que se efectúa o transporte do persoal.

En canto a instalacións estamos a referirnos aos vestiarios do centro de traballo da Medua, en Carballeda de Valdeorras, que non cumpren absolutamente ningún dos requisitos e condicións previstas no RD 486/1997, do 14 de abril, sobre Disposicións Mínimas de Seguridade e Saúde nos Lugares de Traballo.

Así, no apartado 2.2 do Anexo V do citado Real Decreto recóllese literalmente:

Os vestiarios estarán provistos de asentos e de armarios ou taquillas individuais con chave, que terán a capacidade suficiente para gardar a roupa e o calzado. Os armarios ou taquillas para a roupa de traballo e para a de rúa estarán separados cando isto sexa necesario polo estado de contaminación, sucidade ou humidade da roupa de traballo.

Do mesmo xeito, no apartado 2.4 do mesmo Anexo V establécese:

Os lugares de traballo dispoñerán, nas proximidades dos postos de traballo e dos vestiarios, de locais de aseo con espellos, lavabos con auga corrente, quente se é necesario, xabón e toallas individuais ou outro sistema de secado con garantías hixiénicas. Dispoñerán, ademais, de duchas de auga corrente, quente e fría, cando se realicen habitualmente traballos sucios, contaminantes ou que orixinen elevada sudoración. En tales casos, subministraráselles aos traballadores os medios especiais de limpeza que sexan necesarios.

Por último, dicir que tampouco se cumpre a normativa en canto ao que instalacións de primeiros auxilios se refire, por canto carece do material e medios regulados no Anexo VI do RD 486/1997, que di textualmente:

5. Os lugares de traballo de máis de 50 traballadores deberán dispoñer dun local destinado aos primeiros auxilios e outras posibles atencións sanitarias. Tamén deberán dispoñer deste os lugares de traballo de máis de 25 traballadores para os que así o determine a autoridade laboral, tendo en conta a perigosidade da actividade desenvolvida e as posibles dificultades de acceso ao centro de asistencia médica máis próximo.
6. Os locais de primeiros auxilios dispoñerán, como mínimo, dun botiquín, unha padiola e unha fonte de auga potable. Estarán próximos aos postos de traballo e serán de fácil acceso para as padiolas.
7. O material e locais de primeiros auxilios deberán estar claramente sinalizados.

No que a medios de transporte se refire, as condicións nas que se efectúa tampouco son o máis seguras posíbeis. Así atopamos vehículos coas rodas totalmente lisas, sen apenas debuxo algún, e cun mantemento precario, o que representa un perigo engadido para os traballadores e traballadoras que deben viaxar cada día neles.

Algunhas destas deficiencias son tamén comúns a outros centros de traballo, de IBEROITALIANA DE PIZARRAS polo que facemos extensiva a proposta de remodelación.

Dado que está próximo o período vacacional, prantexamos que se leven a cabo, xusto nese tempo, as obras necesarias para adecuar as instalacións á lexislación actual en materia de prevención de riscos laborais, así como de efectuar un mantemento adecuado nos medios de transporte.

Son cambios absolutamente necesarios para garantir a seguridade, a saúde, o decoro e a intimidade do persoal que traballa en IPISA.

Pensamos que é totalmente razoábel e ponderada a proposta que facemos, ademais de construtiva. Nembargante, non por iso podemos transixir por máis tempo, polo que poñemos no seu coñecemento que non dubidaremos en acudir, se fose necesario -por caer en saco roto o recollido neste escrito-, á Inspección de Traballo e Seguridade Social de Ourense, así como á Autoridade de Minas da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

Agardamos a súa receptividade, e manifestámoslle o noso compromiso de estar á súa disposición para o que fixera falla, dentro das nosas competencias.

O Barco de Valdeorras, a 22 de xullo de 2008.

Adriano Brito Ferreira
Secretario da Unión Local da CIG - Valdeorras
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 22-07-2008 13:52
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis