CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

escrito protesta pola xestión das listas ó Secretario Xeral do SERGAS
aproveitando que hoxe estivo o Secretario Xeral do SERGAS Cayetano Rodríguez, @s delegad@s de CIG-Saúde fixémoslle entrega dun escrito denunciando o que está a pasar cos chamamentos fora de listas, este de abaixo é o escrito entregado que tamén remitimos ós medios de comunicación.

DE: CIG-Saúde O Barco
A: Secretario Xeral do SERGAS

Desde CIG-Saúde, por medio do presente escrito, queremos denunciar a situación que están a padecer as persoas anotadas nas listas de contratación do Sergas.

En xuño do 2007 faise unha convocatoria de máis de 30 categorías, entre as máis importantes: Grupos A e B da función administrativa, Fisioterapeutas, Logopedas, Traballadores Sociais, Técnicos sanitarios, Auxiliares Administrativos, persoal de mantemento, PSX, Celadores, Pinches...etc. Esta convocatoria debería de estar xa resolta se o SERGAS tomara cunha seriedade da que carece os asuntos en materia de persoal; a xente tería que estar traballando realizando substitucións en base a unha lista baremada conforme ao Pacto de Contratacións vixente, pero a día de hoxe as listas provisionais están aínda sen publicar e non hai data prevista de publicación.

Se esa situación non era xa dabondo prexudicial para as persoas aspirantes, resulta que agora, no período vacacional, e cando unha lista das categorías reflectidas se esgota, o SERGAS, sen convocar a Mesa Central de Contratacións, sen acudir ás listas de áreas limítrofes e sen facer convocatoria extraordinaria das categorías esgotadas, é dicir, sen facer o que marca o Pacto de Contratacións, decide unilateralmente realizar chamamentos polas listas aínda sen rematar de baremar utilizando unicamente os criterios de expediente académico nas categorías nas que é un apartado do baremo e a idade nas que non hai ese apartado. Todo isto sumado á indefensión das persoas aspirantes, posto que non foron publicadas estas listas polas que se seguen para chamar, supón unha clara vulneración do establecido no Pacto de Contratacións e dos principios que deben rexer na Administración Pública (mérito, igualdade, capacidade e publicidade).

Desde CIG-Saúde esiximos que se convoque con urxencia á Mesa Central de Contratacións para darlle unha solución a este problema e, mentres tanto, se chame aos aspirantes de listas de áreas limítrofes e se usen (en tanto non estean baremados todos os apartados e publicadas as provisionais) as listas en fase de baremación con todos os apartados que xa están valorados (ao parecer todos non sendo o tempo de desemprego), e instamos ao SERGAS a resolver xa a publicación das listas pendentes para que se instaure a normalidade nos diferentes listados.

Un Saúdo

Asdo. CIG-Saúde O Barco.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 14-07-2008 15:24
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis