CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Albergaría
hai uns meses falábamos sobre Albergaría, un pobo do concello da Veiga asolagado cando se fixo o encoro de Prada, hoxe atopamos en Vieiros a seguinte reportaxe.

Medio século despois A Albergaría volve saír a flote

Os veciños dunha aldea do municipio da Veiga que desapareceu pola construción do encoro reviven a súa historia constituíndo unha asociación.

Un 14 de maio de 1958 as augas comezaban a asolagar as terras da Albergaría, no municipio valdeorrés da Veiga. Seiscentas persoas deixaran atrás as súas casas para deixarlle sitio a un encoro programado polas autoridades franquistas. Precisamente, pouco máis de tres anos despois, en setembro de 1961 o ditador, acompañado da súa dona, Carmen Polo, inaugurou o encoro de Prada, propiedade da empresa Hidroeléctrica Moncabril.

Mais a memoria non hai xeito de pechala baixo a auga. E aínda que as casas e os agros quedaron asolagados, os veciños que un día tiveron que deixar todo atrás nunca esqueceron cal era a súa patria pequena. Un exemplo é que cada 15 de agosto os veciños celebran a festa patronal á beira do río Xares, algo que tamén fan os que tiveron que marchar para Bos Aires.

Quizais por iso mesmo, este mércores cando se cumpren exactamente cincuenta anos do éxodo, A Albergaría volve a rexurdir. Un grupo daqueles exiliados forzosos e dos seus descendentes constitúen no Barco de Valdeorras a Asociación Cultural da Albergueiría-Oleiros (A.C.A.O)

A asociación nace para que nunca morra na memoria aquel lugar e as xentes que o poboaron. Como explican os estatutos do novo colectivo que acaba de nacer, a misión é transmitirlle a lembranza dun pobo que xa non aparece nos mapas.

Poden ampliar información nesta páxina.


Comentarios (0) - Categoría: lembranzas - Publicado o 15-05-2008 18:00
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis