CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

o talante enchufista do Xerente do HCV
Dende a sección sincical CIG área Barco, queremos denunciar a actitude privatizadora e enchufista do Xerente do HCV no que se refire a un contrato de informático no HCV, este contrato se concertou hai uns anos cando non habia listas de informáticos no SERGAS e se mativo así ca promesa da antigua Xerenca que unha vez solventada a OPE extraordinaria se cubriría con persoal estatutario, hai mais de 2 anos que se resolveu a OPE extraordinaria e a “empresa” (composta de un informático) segue a prestar os seus servizos no HCV, a pesares de que se leva insistido dende a parte sindical en moitas ocasións en que se tiren das listas de contratación como marcan os acordos co SERGAS para cubrir esta necesidade, e unha e outra vez chocamos contra a negativa do Xerente do HCV , preguntámonos, que oscuros intereses moven a este traballador público (o Xerente) a ter privatizado parte do servizo de informática.

Hai que decir que o traballador desta “empresa concertada”, fai as mesmas funcións que os outros 2 traballadores do servizo que sí que entraron por listas de contratación nun proceso regulado e onde todos teñen as mesmas posibilidades cun baremo establecido e que goza das máximas garantias de imparcialidade.

Levounos moitos anos conseguir que se respetara o Pacto de Contratacións no HCV e temos que remontarnos ata hai 10 anos cando se privatizou a lavanderia deste Centro para atopar un Xerente que actue dun xeito tan caciquil en materia de contratación e privatización.

ESIXIMOS que se cumpra a normativa vixente en materia de contratación e se rematen dunha vez por todas este tipo de actitudes de corte claramente amiguista por parte do Xerente, estamos dispostos a utilizar e así o faremos tódalas armas que nos da a lexislación vixente para denunciar este tipo de abusos por parte da Xerencia do hospital.


En O Barco a 23 de xaneiro de 2008.



Noticia en La Región
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 23-01-2008 13:39
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis