CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

reunión co Xerente do HCV
hoxe a comisión de centro do HCV, mantivo unha reunión ca Direccción para entre outras cousas se nos informara do problema das especialidades no HCV, neste momento un solo anestesista cubre toda a actividade, quedámonos sin urólogo e este servizo está descuberto, a estas alturas non hai cardiólogo e seguimos co problema de falta de pediatras e radiólogos entre outros.
a contestación do Xerente foi que na primeira semana de outubro, incorporaríanse dous anestesistas mais. pero no resto dos problemas plantexados, limitouse a decir que están intentando contactar con estes especialistas pero que non hai, que en uroxia non habia outra que mandar ós pacientes a ser atendidos a Ourense.
Ante esta perspectiva dende a comisión acordouse mandar un escrito ós medios de comunicación denunciando a situación que estamos a padecer, escrito que vos reproducimos a continuación.

DE: Comisión de Centro de Hospital Comarcal Valdeorras.
A: Medios de comunicación.

NOTA DE PRENSA

Desde a Comisión de Centro do Hospital Comarcal Valdeorras queremos amosar a nosa preocupación pola situación actual e futura da sanidade pública na comarca de Valdeorras.

Xa durante os meses de verán asistimos á marcha deste Hospital de 2 médic@s especialistas en Anestesia, quedando reducido o persoal de Anestesia a un só traballador no mes de setembro. Se ben parece que se vai proceder á próxima incorporación de dúas persoas desta especialidade, non deixamos de ver con preocupación a situación que se aveciña:
• Nestes momentos o HCV non conta con servizo de Uroloxía, logo da marcha do único médico desta especialidade que viña desenvolvendo o seu traballo neste hospital, dando a Xerencia como única solución a esta carencia a derivación dos pacientes de Uroloxía ao CHOU.
• A esto hai que engadir as necesidades que xa se viñan tendo de prazas en Pediatría, Cardioloxía e Radioloxía.
• Próximamente, coa resolución da OPE en curso, varios traballadores e traballadoras de distintas especialidades acadarán praza noutros hospitais, coa subseguinte marcha do HCV, e con dúbidas de que outr@s especialistas pasen a ocupar os postos vacantes neste hospital.

Despois de dous anos desde que esta Comisión de Centro conxuntamente coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, denunciara con mobilizacións a precaria situación da sanidade na comarca de Valdeorras, con falta de especialistas, falta de servizos básicos e falta de previsión para cubrir estas necesidades, e tras unhas intensas mobilizacións conseguiramos da administración o compromiso de poñer medidas para solventar estas carencias, non temos coñecemento de que se teña habilitado ningunha medida real que solucione o problema de carencias actual e vindeiros deste hospital comarcal e na actualidade o HCV segue nunha situación precaria, que se ben non é tan grave como nalqueles momentos, de non aplicar as medidas necesarias, pode chegar a selo.

Por todo isto, esta Comisión de Centro solicita das administracións correspondentes que habilite as medidas precisas e necesarias para garantir un futuro digno da sanidade en Valdeorras.


CIG UGT CEMSATSE SAE CSIF CCOO

noticia en la región
noticia en la voz de galicia
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 27-09-2007 16:49
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis