CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

contra da cacicada (altos cargos) : concentración en san caetano
Día 26, ás 11:30, concentración na sede da Xunta en San Caetano en Santiago.

comunicado da CIG con respecto á lei dos altos cargos.

O pasado día 17 de setembro entrou en vigor a reforma da Lei da Función Pública Galega, aprobada no Parlamento Galego o día 17 de Xullo, e na cal se introduce un novo beneficio salarial para aqueles funcionarios e funcionarias que ocupen cargos públicos de libre designación ou diferentes cargos de representación institucional.

Mediante esta reforma amplíase en 3.000€ o complemento de destino de 11721€ ao que xa tiñan dereito a raíz da lei 2/1998, e amplíase tamén o colectivo de beneficiarios da mesma, incorporando a funcionarios que exerceran de alcaldes, deputados, senadores, cargos do poder xudicial e outros cargos de representación institucional, seguindo o modelo do Estatuto Básico do E.P. aprobado a nivel estatal e que xa no seu momento contara coa oposición da CIG.

Entendemos, dende a CIG, que o correcto sería aproveita esta reforma da Lei da Función Pública Galega para revisar á baixa o dereito que lles recoñecía a lei do 98 aos funcionarios públicos a consolidar un complemento de destino de mais de 11.000€, por ocupar un cargo público durante dous anos, en vez de aproveitar a reforma para, xustamente o contrario, incrementarlle dito plus en 3000€. Iso é o que nos entendemos que sería o xusto e racional.

Os funcionarios e funcionarias, cando ocupan un cargo público xa cobra o complemento de destino correspondente ao máximo nivel da Administración, o nivel 30. Teñen tamén establecido por lei a maneira de ir consolidando niveis cando desempeñan funcións de nivel superior ao seu. Non é polo tanto nin xusto, nin proporcionado, nin ético e si é claramente discriminatorio respecto dos outros funcionarios de carreira e todos aqueles cidadáns que non son funcionarios e que ocupan cargos públicos ou de representación institucional, consolidar un complemento salarial desa natureza e cantidade unha vez que dito funcionario ou funcionaria deixe o cargo e ate a súa xubilación

Desde a CIG, entendemos que esta forma de proceder é reflexo dunha visión elitísta da función pública, pola que se prima e se crea un corpo de elite que son os funcionarios que ocupan cargos públicos ou de representación institución co agravante que se fai con un custo importante para o erario público.


Diante deste feito que a CIG considera inxusto, discriminatorio e elitista, decidimos levar adiante diversos actos de protesta e proceder a manter reunión cos tres grupos parlamentarios par que procedan por lei a derrogar esta disposición adicional 17, así como a revisión da lei da Función Publica do 98, no que se refire a consolidación deste complemento.

Días 26, ás 11:30, concentración na sede da Xunta en San Caetano en Santiago.




Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 25-09-2007 17:11
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis