CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

ACTUALIZACIÓN DE PERMISOS
nova táboa actualizada de permisos

Permiso por parto

Duración: 16 semanas ininterrompidas, ampliadas en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo e, por cada fillo a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple.

Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato se atope hospitalizado, cun máximo de 13 semanas adicionais.

Condicións de aproveitamento:

o Distribución: O permiso distribuirase a opción da traballadora sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste de permiso.

o Aproveitamento compartido (simultáneo ou sucesivo): Sen prexuízo das 6 semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai, ao iniciar o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o outro proxenitor aproveitamento dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. O outro proxenitor poderá seguir aproveitando do permiso de maternidade inicialmente cedido, aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ao traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal.

Nos casos de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan no caso de discapacidade do fillo ou de parto múltiple.

o Este permiso poderá aproveitarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen.


Observacións:

Supoñen innovación lexislativa a inclusión de supostos de ampliación de período para o caso de nacemento de discapacitado/prematuro/neonato hospitalizado.

Asemade, denótese que para o caso que aproveitamento compartido a incapacidade temporal da nai chegada a súa reincorporación non obriga á “reversión” do tempo de permiso restante que estea nese momento aproveitando o pai, é dicir, este seguirá aproveitando da parte do permiso que lle foi cedida con independencia da saúde da nai.

Outra novidade supón a posibilidade da transferencia da licenza por maternidade nos matrimonios de mulleres, é dicir, a cónxuxe que non sexa a nai biolóxica, poderá aproveitar a parte da licenza de maternidade que non corresponda co descanso obrigatorio e que se podería transferir ao pai.

Permiso por adopción ou acollemento tanto preadoptivo como permanente ou simple

Duración: 16 semanas ininterrompidas, ampliadas en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple.

Condicións de aproveitamento:

o Cómputo: á elección do traballador o prazo contará a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción sen que en ningún caso un mesmo menor poda dar dereito a varios períodos de aproveitamento deste permiso.

o Aproveitamento compartido: No caso de que ambos proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán aproveitalo de xeito simultáneo ou sucesivo, sempre en períodos ininterrompidos.

Nos casos de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das 16 semanas ou das que correspondan no caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido.

o Este permiso poderá aproveitarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades de servizo o permitan, e nos termos que regulamentariamente se determine.

Desprazamento internacional previo:

o Este permiso poderase iniciar ate catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento.

o Cando fóra preciso dito desprazamento dos proxenitores ao país de orixe do adoptado, terase dereito, ademais, a un permiso de ate tres meses de duración, percibindo durante este período exclusivamente as retribucións básicas.


Formación:Durante o aproveitamento deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración.

Duración mínima do feito causante: Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan no Código Civil ou nas Leis civís das Comunidades Autónomas que os regulamenten, debendo ter o acollemento simple unha duración non inferior a un ano.


Observacións:

No caso de desprazamento internacional previo permitirase o fraccionamento do período e asemade entenderanse como retribucións básicas: soldo, trienios e respecto das pagas extraordinarias enténdese como básicas as súas compoñentes básicas, é dicir, soldo e trienios.

Permiso por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer hospitalizados

Titulares:

A traballadora ou o traballador (de xeito excluínte, é dicir, se os dous traballan deberán decidir quen aproveita o permiso, se ben, é certo que na maior parte dos supostos a nai estará aproveitando do permiso por parto, en todo caso nas súas seis primeiras semanas indispoñibles)

Condicións de aproveitamento:

2 horas diarias como máximo percibindo as retribucións íntegras.

Este permiso é compatible coa redución de xornada de máximo de dúas horas coa diminución proporcional das súas retribucións

Observacións:

En canto ao permiso de ausentarse xustificadamente (dúas horas retribuídas) establécese un aproveitamento alternativo (traballadora ou traballador) e en ningún caso simultáneo,

Debe entenderse compatible coa redución de xornada de dúas horas non retribuídas, é dicir, podería chegarse ate un total de ausencia do traballo máxima de 4 horas/día.

Permiso por paternidade polo nacemento, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente

Titulares:

1º O pai sempre que estea casado ou sexa parella de feito da nai ou teña recoñecida a garda do fillo-a por resolución xudicial (ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio antes da utilización do permiso)

2º No caso de adopción ou acollida preadoptiva ou permanente poderá ser distribuido entre o pai ou a nai de forma simultánea ou sucesiva en periodos ininterrompidos
3º No caso de matrimonio ou unións de feito de mulleres pode aproveitar deste permiso a que non sexa nai biolóxica.

Duración:

29 días naturais ou 35 se parto/adopción/acollida múltiple a aproveitar polo pai a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción

Observacións:

Substitúen aos 3/5 ou máis días do Acordo de Concertación Social
Substitúe ao establecido na lei de igualdade galega

Permiso de lactación

Por lactación dun fillo menor de doce meses terá dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituírse por unha redución da xornada normal en media hora ao inicio e ao final da xornada ou, nunha hora ao inicio ou ao final da xornada, cunha mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ambos traballen.

Igualmente a traballadora poderá solicitar a substitución do tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente.

Este permiso incrementarase proporcionalmente nos casos de parto múltiple.


Observacións:

Condicións de aproveitamento:

O beneficiario do dereito é o menor de 12 meses

Permiso sustitutivo: poderá sustituirse o tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente (4 semanas ininterrompidas), ou ben por crédito horario (150 horas)

Non necesariamente se esixe o aproveitamento acumulado ao permiso por parto/adopción/acollida, mais deberá aproveitarse durante o primeiro ano:
- de vida do acabado de nacer, ou
- contado dende a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollida.Necesariamente durante o primeiro ano de vida no nacido ou durante o primeiro

Permiso para asistir e/ou acompañar a exames prenatais/técnicas de preparación ao parto / tratamentos de fecundación asistida

Titulares:
a traballadora embarazada para asistencia a exames prenatais e técnica de preparación ao parto
o/a traballador-a que se somete a tratamento de fecundación asistida
cónxuxe ou parella de feito acompañante a eses tratamentos ou a exames prenatais ou técnicas de preparación ao parto

Condicións de aproveitamento:
Polo tempo indispensable para a súa realización, en caso de desprazamento concederanse 2 días, entendéndose que existe o desprazamento sempre que sexa necesario -atendidas as circunstancias do caso concreto- pernoctar fóra do lugar de residencia.
Acreditación da realización no SNS e dentro da xornada de traballo
Aviso previo con 48h antelación, agás imposibilidade obxectiva.

Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave de familiar

Por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grado de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma área, e cinco días hábiles cando sexa en distinta área.

Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grado de consanguinidade ou afinidade, o permiso será dous días hábiles cando se produza na mesma área e de catro días hábiles cando sexa en distinta área.

Permiso por accidente ou enfermidade moi grave

Feito causante:accidente ou enfermidade moi grave de:

conxuxe ou parella en análoga relación de afectividade
familiares de primeiro grao
acollidos/acollidas ou familiares conviventes

Duración:máximo de 30 días naturais por cada feito causante, que poderán aproveitarse nun único ou en diversos períodos.

Condicións de aproveitamento:

Este permiso concederase por unha súa vez ( con independencia do seu aproveitamento partido) é dicir, respecto dun mesmo proceso causante –accidente ou enfermidade moi grave- e sen dar lugar a novos permisos por recaídas sucesivas ou procesos concomitantes inherentes ao proceso principal.

En todo caso, deberá persistir a necesidade

Permiso para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral

Deberase entender deberes directamente relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral, e dada a crecente normación de permisos nesta materia tense que entender que deben limitarse a aqueles supostos que non respondan a feitos causantes que se poidan inscribir dentro doutros permisos.

Permiso para acompañar a revisións médicas
Feito causante: acompañar ás revisións médicas de

o Fillos e fillas
o Persoas maiores ao seu cargo

Duración: ausencia polo tempo necesario

Condicións de aproveitamento: aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo

Faltas de asistencia xustificadas por razón das violencia de xénero

Titular: a muller traballadora vítima de violencia de xénero

Duración: as faltas de asistencia, totais o parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde segundo proceda..

Acreditación:
A regra xeral para acreditar a existencia da situación de violencia de xénero será a presentación da orde de protección a favor da vítima, e excepcionalmente o informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a demandante é vítima de violencia de xénero ate que se dite orde de protección


CADRO RESUMO REDUCIÓNS DE XORNADA


A) NON RETRIBUÍDAS


Redución por fillo prematuro/hospitalizado ao nacer
Titulares:

o A traballadora ou o traballador (de xeito excluínte, é dicir, se os dous traballan deberán decidir quen aproveita a redución, se ben, é certo que na maior parte dos supostos a nai estará aproveitando do permiso por parto, en todo caso nas súas seis primeiras semanas indispoñibles)

Condicións de aproveitamento:

o 2 horas diarias como máximo coa correspondente redución de retribucións.

o Esta redución é compatible co permiso xa sinalado máis arriba tamén de dúas horas de duración

Redución por garda legal

Suxeitos causantes:

o Menor de 12 anos sobre o que o titular ten garda legal e coidado directo
o Persoa maior que requira especial dedicación
o Persoa con discapacidade que non desenvolva actividade retribuída
o Familiar ata segundo grao que non se poda valer por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída

Condicións de aproveitamento: redución 1/2 ou 1/3 da xornada de traballo coa correspondente redución de retribucións


Redución por causa de violencia de xénero

Titulares: as traballadoras vítimas de violencia sobre a muller

Duración: Non está determinada a porcentaxe de redución nin a súa duración (estremos pendentes de desenvolvemento)

Acreditación:
A regra xeral para acreditar a existencia da situación de violencia de xénero será a presentación da orde de protección a favor da vítima, e excepcionalmente o informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a demandante é vítima de violencia de xénero ate que se dite orde de protección

B)
RETRIBUÍDAS (en realidade trátase de ausencias xustificadas)


Redución por lactación
Esta redución de xornada recóllese máis arriba como permiso de lactación.

Redución por fillo prematuro/hospitalizado ao nacer
Esta redución de 2 horas xornada recóllese máis arriba como permiso.

Redución por coidado de familiar de primeiro grao
Feito causante: enfermidade moi grave

Condicións de aproveitamento: redución de ata o 50% da xornada laboral

Duración: máximo dun mes, prorrogable ( de forma excepcional e ante a extrema gravidade da enfermidade) ata dous meses

De haber mais dun titular do dereito o tempo de redución poderase ratear de forma sucesiva entre eles

Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 24-09-2007 11:25
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis