|
|
|
|
|
|
| TRASLADOS INFORMACIÓN XUNTANZA SERGAS |
|
 No día de hoxe celebrouse unha reunión no Sergas na cal se ían tratar dous asuntos:
Peche baremo persoal facultativo
Oferta de prazas á traslados
Respecto do primeiro punto comentar que o baremo queda pechado segundo o último borrador que hai do mesmo, ou sexa o que significa que a puntuación do MIR non vai ter un peso específico dentro do baremo, senón que vai no apartado de formación, a isto CIG-Saúde fixo un voto particular en contra que non foi aceptado xa que tanto a Administración como o resto dos sindicatos estaban dacordo co proposto no borrador de baremo.
O Sergas informou de que a convocatoria dos Pediatras retrasarase para novembro para que poidan concursar os pediatras da ope extraordinaria segundo o compromiso acadado en Mesa Sectorial anterior. Tamén informa que a toma de posesión non vai ser antes do primeiro trimestre do vindeiro ano.
Outro asunto que nos plantexa o Sergas é que para os Farmacéuticos de Atención Primaria a toma de posesión sexa por área e non por centro e turno, a este asunto opuxémonos os sindicatos da Mesa polo que non sabemos como o van sacar ao final.
Respecto das Matronas fixeronnos unha proposta que consiste en retrasar a oferta de traslados a novembro xunto coa dos pediatras para que poidan neste tempo modificar o Decreto 200/1993 e que as Matronas APD funcionarias poidan participar no concurso de traslados (neste asunto quedamos que nun par de días temos que manifestar a nosa opinión).
Respecto das prazas pasanos o Sergas un borrador coas prazas dos FEAS, que temos que comprobar, e temos para facer alegacións ata o martes da semana que ben. En O Barco xa detectamos que falta polo menos unha praza de radioloxia, que para nós é basico que saia.
Tamén nos entrega borrador correxido do resto de categorías. Quedaron en que ao longo do día de hoxe ou mañá pasarían as mesmas por centro e turno. |
|
|
|
|
| 2 Comentario(s) |
|
| 1 |
A CIG di NON á Directiva das 65 horas A CIG vén de convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro, para denunciar a grave p#blgtk08#erda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. |
|
|
Comentado por Goranbeatrice (16-10-2008 08:20) |
|
|
| 2 |
Vigo: Ás 12:00 horas, saída d#blgtk08#e diante do pavillón do Berbés. |
|
|
Comentado por Geirtina (16-10-2008 14:35) |
|
|
| NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO |
|
|
|
|
|