CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

escrito de carencias en materia de saude laboral
Este de abaixo é o derradeiro escrito enviado pol@s delegad@s de prevención de CIG-Saúde, denunciando deficiencias en materia de saúde laboral:


DE: DELEGADO PREVENCIÓN CIG
A : DIRECCIÓN XERENTE
A : COMITÉ DE SEGURIDADE E SAUDE
A : UNIDADE DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Solicito se corrixan as seguintes deficiencias, xa denunciadas por nós, noutros escritos, entre eles o 149 do 14-2-2003:

• Acceso a climatizadores planta 1ª . Non reune os mínimos do RD 486/1997 sobre lugares de traballo

• ¿Cándo comezará a fase que contempla a construcción dos vestuarios de mantemento.Recordamoslle que temos un requerimento de inspección de traballo que nos avala.

• ¿Cándo se vai a corregir o acceso as oficinas de mantemento dende as torres de frío?, a saída dunha porta debe ser a un rellano de ancho como a mesma porta, e non directamente ás escaleiras.
Incumple a o RD 486/1997 sobre lugares de traballo.

• O Sistema antiincendios sigue averiado, todos os días hai falsas alarmas e averias.

• ¿Cándo se van a poñer as máquinas con renovación de aire para Anatomía Patolóxica e para Laboratorio Vello?.
• As condicións do lugar de traballo das telefonistas non reunen os requisitos mínimos dos lugares de traballo, polo tanto:
Solicitamos se faga unha avaliación das condicións do lugar de traballo das telefonistas pola Unidade de Prevención de Riscos Laborais, e no caso de encontrarse, se corrixan as deficiencias detectadas
• Non existe climatización en Lenceria, só calefacción, ¿Cándo se vai a poñer frío?.

• ¿Qué se pensa facer co sistema de aire nos aillados das plantas de hospitalización?, o circuito de aire non ten aillamento dos demais locais das plantas.
• O taller mecánico non ten extracción, que é obrigatoria cando se realizan traballos de soldadura.

• As vías de circulación do recinto hospitalario non cumplen o RD 486/1997, xa que non teñen sinalizados pasos de peatóns, as aceras non teñen a anchura suficiente, non hai sinais de limitación de velocidade, e o chan non é adecuado para o transportes de carros de man nos lugares habitualmente utilizados para esa tarefa.

• Para os traballos a altura superior a 3 mtrs fai falta unha plataforma elevadora ou no seu defecto arneses e cintos de seguridade. Nos non temos nin unha cousa nin outra e traballamos a mais de esa altura.

• A alarma de incendios ten que estar situada nun lugar onde sempre exista unha persona, non é o caso da nosa, co que reiteramos a petición de que se pase esta alarme a un teléfono.

• Xa que se vai a mercar unha nova máquina de esterilización de Óxido de Etileno; solicitamos a compra dunha central detectora de Óxido de etileno para esterilización, xa que a existente rixese pola antigua norma de 50 ppm, e o límite actual é 1ppm. Ou senón o troco do novo esterilizador de gas por un de plasma, que según a antigua supervisión de quirófano sería suficiente para as necesidades deste Hospital. Seguimos insistindo en que o almacenaxe dos cartuchos de Óxido de etileno en Esterilización incumple a normativa, a Xerencia anterior había quedado en comprar un armario antilume adecuado.

• O laboratorio non ten presión negativa, co que incumple a normativa do RD 664/1997 sobre axentes biológicos.

• Solicitamos un control ambiental en anatomía Patológica, e os resultados da medicións ambientais en esterilización.

• ¿ Cándo se vai a iniciar a implantación do plan de emerxencia?.

Atentamente, Carlos J Alvarez Fernández, D. de Prevención de CIG.



O Barco 25 de Maio de 2007

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 29-05-2007 11:47
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis