CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

mesa primaria 25-05-07
Resultado da xuntanza mantida co SERGAS para analizar as condicións da creación do denominado “contrato estable de área” para as substitucións de persoal facultativo en Atención Primaria. É un dos compromisos derivados do Plan de Mellora da AP.

Na reunión estiveron presentes representantes de Recursos Humanos, de todas as Xerencias de AP, e de todos os Sindicatos da Mesa.

Debatiuse en torno á proposta presentada por CIG, , e anque non se pecharon todos os temas pode decirse que hai aspectos sobre os que parece haber xa bastante acordo:

- que o contrato se fará baixo a modalidade de servizo determinado por 6 meses con prórroga por outros seis
- que poderá rexeitarse sen penalización nas listas no momento da sua oferta, que se fará a todas as persoas da lista, incluídas os novos titulados que se incorporen ás mesmas; o Sergas ten que responder sobre si acepta tamén que esa renuncia sen penalización se poda facer igualmente no momento da prórroga
- que o ámbito é de área e que a posibilidade da sectorización/comarcalización do mesmo se fará en cada Xerencia coa participación do persoal e da Comisión de Centro
- que este contrato é compatible coa oferta das interinidades que xurdan
- que en principio as Xerencias estiman que poden ofertar este contrato a todas as persoas das listas, ou sexa, sen limitacións de número
- que os límites de xornada a respectar serán: 812 horas ordinarias en 5’5 meses, 148 horas ordinarias por mes, 42 horas complementarias por mes (ou sexa 190 totais por mes como máximo), 24 dias naturais máximos por mes
- que se ten que garantir ao menos os 15 dias de vacacións nun dos semestres; de momento din que non á ampliación dos dias de vacacións por non disfrutar os outros 15; e que se debe aplicar a mesma regla para os dias de LD
- que a retribución será mensual, equivalente á dun médico xeral cupo cero; e tamén mensualmente se liquidarían tanto os cupos realmente feitos como as horas complementarias realizadas (co valor que corresponda á modalidade de Ordinaria ou de Pac)
- que se entende que se debe buscar unha fórmula para retribuir o concepto de “disponibilidade”, pero non se conseguiu concretar; o Sergas quedou de presentar unha proposta (que podería ir no sentido de abonar horas de localización, según din).

Con todo esto, e con algúns aspectos da nosa proposta que inda quedaron no aire, quedou o Sergas de enviar unha nova proposta (queda totalmente derrogada a sua proposta da semana pasada) e convocarnos a unha nova reunión para tratar de pechar.

Tamén se reiterou, por iniciativa nosa, a necesidade de regular as condicións das substitucións que realiza a xente dos Pac, pero quedouse de tratar no marco da propia comisión de seguimento das urxencias extrahospitalarias, que sería convocada para eso.

En principio será a próxima semana cando teñamos unha nova reunión para pechar estes temas e retomar o debate sobre a cuestión da intersubstitución.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 28-05-2007 19:07
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis