CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

empezamos a traballar
A partires da semana que ven @s delegad@s de CIG-Saúde iniciaremos unha serie de reuniois con persoal de todos os servizos do HCV e visitaremos un a un todos os Centros de Saúde da área.
Queremos saber os problemas, carencias, preocupaciois que tedes en todos lados, para intentar a través da sección sindical ou das comisiois de centro solventar na medida do posible os problemas que poiderades ter.
Empezaremos polos servizos que xa nos teñen plantexado a súa problemática como é laboratorio, planta laranxa ou rehabilitación, pero seguiremos co resto para deste xeito recopilar todos os datos posibles do que pasa a nivel laboral e asistencial en toda a área sanitaria.
Unha prioridade que nos marcamos para estes catro próximos anos é poñer a primaria ó nivel de información e participación que ten o HCV, argallar fórmulas para que esto sexa así. A dispersión dos centros de saúde é un obstáculo que saberemos sortear, pero para isto necesitamos que o persoal de primaria nos bote unha man. @s compañeir@s que se van dedicar dun xeito especial a primaria (Andrés, Mario e Susana) empezarán a visitar os Centros de saúde na primeira semana de xuño.

Outro dos aspectos que queremos mellorar é a atención ó persoal de listas de contratación que non traballa ou o fai moi de cando en vez.
Miraremos de argallar algunha fórmula para recoller a problemática deste colectivo amplo de traballadores/as para solventala ou transmitila a quén proceda.
Os compañeiros Xosé Manuel e Lorenzo serán os encargados de que esto funcione.

Grazas a todos aqueles que confiastes en nós dándonos o voso voto nas pasadas elecciois sindicais, temos unha sección sindical forte, con xente que se implica e que lle motiva traballar por unhas condiciois laborais e unha asistencia sanitaria dignas sen corporativismos nin ataduras políticas nin de ningún tipo.
Pero @s delegad@s de CIG-Saúde simplemente somos @s portavoces de casi un cento de afiliad@s nesta área de saúde que son en realidade quén deben definir a línea a seguir, eles máis o resto de traballadores deben tirarnos das orellas se non o facemos ben.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 24-05-2007 18:47
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis