CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Mesa Sectorial 15 de maio
Reunión de Mesa Sectorial 15 de maio
Orde do día:
1.- Plan de Mellora de Atención Primaria 2007-2011
2.- PAC Medidas pendentes do Plan de Mellora para aplicar no verán 2007-.

TEXTO:

Negociar en mesa sectorial a figura do “profesional facultativo con estabilidade no sistema, en categoría de vinculación continuada” (para a cobertura das ausencias/substitucións e co fin de evitar a marcha dos MIR)

Proposta Recursos Humanos

Contrato de 6 meses (1 de xuño a 31 de decembro) Sería un contrato por Área de Saúde aínda que se podería sectorizar a Área se fose conveniente.
Para actividade ordinaria e de urxencias. A retribución iría en función do que se traballase (en actividade ordinaria se cobraría en función do cupo que se substituíse e en urxencias cobraríase en función do número de horas de atención continuada realizadas).
Alta continuada en seguridade social.
Nº máximo de horas traballadas por mes: 190.
Se non se traballa: está de alta en seguridade social pero non cobra ningunha remuneración.
Se lle ofertaría a aqueles que están na lista ordinaria ou extraordinaria do pacto de contratacións e que non estivesen traballando nese momento.
O número de contratos ten que decidilos cada Xerencia segundo as súas necesidades, pensando que non precisa o mesmo desde outubro que de xullo a outubro.
Sería responsabilidade facer unha boa xestión deste contrato e distribuír a carga de traballo destes profesionais dun modo homoxéneo e asumible polos mesmos

Resposta sindical. CIG

A convocatoria tardía da mesa reduce os prazos para poder aplicar estas medidas no verán.
Habería que ver a xornada, retribución e número de contratos. Debería incluír un ecoñecemento da dispoñibilidade.
Acórdase ter unha nova reunión o día 22 entre Recursos Humanos, Sindicatos e Xerencias para discutir sobre as necesidades que cubriría este contrato e que condicións tería.

TEXTO PLAN MELLORA
Mellora para o incremento do pago por intersubstitución e substitucións co aumento do 30% no gasto realizado por este concepto no ano 2006:
- negociarase a mellora do complemento de intersubstitución

PROPOSTA RECURSOS HUMANOS
A mellora ofertada deste complemento é a seguinte: o concepto sería o mesmo, ou sexa, repartir o complemento de produtividade fixo entre todos aqueles que substitúen ao ausente, pero a esa cifra se lle aumentaría un 30%.
Exemplo: Se nun caso se cobrasen 6 euros agora sería 6 euros máis o 30% (1,8 euros máis).
Recursos Humanos di que non lles gusta este complemento e que debería ser o último instrumento de xestión dunha ausencia. Que primeiro debería substituírse cun profesional eventual e, se non é posible, con prolongación de xornada.

RESPOSTA SINDICAL CIG

Considérase que este complemento se debe retribuír co 100% do salario do ausente e ademais sería necesario fixar regras para o reparto do traballo (xa que hai problemas nos centros) e valorar tamén as cargas de traballo.
Esta posición tamén é expresada por outros sindicatos.

TEXTO PLAN MELLORA

- Se non se pode facer a substitución pola lista de contratacións: farase por prolongación de xornada (nos centros nos que sexa posible)

PROPOSTA RECURSOS HUMANOS

Propoñen pagar 24 euros por hora de prolongación de xornada, que é o que cobra neste momento o persoal de PAC por realizar actividade ordinaria.
Para poder realizar a prolongación de xornada esixirán un compromiso de realizar esa actividade durante un tempo aínda sen definir, e dicir, piden un compromiso de realizar X horas fora da xornada ordinaria durante X meses.

RESPOSTA SINDICAL CIG

A CIG non lle parece correcta a cifra (tampouco a outros sindicatos) e se ofrece negociar unha cifra por hora e unha por xornada, que permitiría maior flexibilidade na súa xestión.
Debe ser voluntaria e ter en conta a carga de traballo asumida na xornada o una hora.
A administración recolle as propostas sindicais e di que dará unha resposta a próxima semana.

PAC

A administración non acepta negociar nada ata outubro. Empezaríase nese momento a revisión do acordo. Se lles deixou o documento coa táboa reivindicativa e se lles advertíu que o sector non estaría satisfeito con esta resposta. O que se pedía fundamentalmente era establecer un calendario de negociación, ademais de ir revisando as diferentes centrais o que poñía a táboa común. PERO A RESPOSTA FOI A MESMA: Non teñen autorización de economía para negociar novos incrementos e, xa que logo, non poden empezar a revisar un acordo que consideran vixente ata o 31 de decembro de 2007.



Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 18-05-2007 23:58
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis