|
|
|
|
incidencia de folga na área de O Barco |
|
Xa temos os datos da participación na folga en xornada de mañá.
A participación na folga deixando aparte os mínimos, que non somos amigos de maquillar datos facendo como fai a administración de computalos como non folguistas, foi dun 25% do persoal. De contalos como folguistas, estaríamos falando de mais do 60% de participación.
Houbo incidentes reseñables no servizo de laboratorio, onde a dirección non preveu o alto índice de participación neste servizo e ás 8 e media da mañá habia grandes colas de pacientes que non tiñan atención. A Maioria era pacientes maiores da zona rural e ó final por non causarlles mais danos, non intervimos na solución que deu a dirección de derivar xente doutro servizo, pero esperemos que a dirección tome nota cara futuras folgas e avise ós pacientes do que se poden atopar se teñen consultas ordinarias.
Suspenderonse tamén varias operaciois.
Por outra banda cabe reseñar a alta participación no centro de saúde de O Barco onde o persoal de xestión prácticamente foi todo á folga, exceptuando unha persoa e outra que estaba de mínimos, tamén tivo incidencia en parte do persoal facultativo deste centro de saúde.
Polo tanto dende o noso punto de vista e tendo en conta o contexto que tíñamos onde parte do plataforma non solo non secundaba a folga senon que algunha organización fixo unha campaña barriobaixeira en contra dela; sentímonos mais que satisfeitos do resultado da mesma.
Recordamos que esta é unha folga pola dignidade e que con ela pretendemos advertir ó SERGAS que non damos por boa a resolución que deu o conflicto, e seguiremos adiante coas mobilizaciois, con ou sen acompañantes de viaxe.
Agradecemos a todo o persoal que está participando na folga o seu esforzo, así como todo aqueles que estando en mínimos ou de descanso, participa na caixa de resistencia.
Seguiremos informando das novidades que poida haber. |
|
|
|
a asemblea de afiliad@s arroupa a negociación do pacto e a folga |
|
 Na reunión da afiliación de hoxe na sección sindical de A CIG de O Barco, tratamos a nova proposta do SERGAS en materia de contrataciois e analizamos a folga de mañá.
Contrataciois: á sección sindical válelle negociar sobre a proposta do SERGAS, pero coa condición dunha sola lista e a introducción dos puntos de pool no baremo.
Por outro lado tamén se pide que se abra no ano que ben as listas de contratación do persoal técnico e servizos que veñen funcionando dende decembro do 2008 e as listas que neste momento están en fase de baremación (enfermeiras, auxiliares de enfermaría, cociñeiras etc) estén efectivas en torno a un ano, e as seguintes se convoquen tendo en conta a OPE 2009.
Todas estas listas comentadas teríanse que facer co actual sistema de contratación, empezando a funcionar o seguinte a raíz das seguintes OPEs.
Tamén se aceptou a proposta do grupo de traballo da CIG de cada ano nun mes determinado actualizar méritos.
FOLGA: Con respecto á folga a asemblea foi contundente, é unha cuestión de dignidade, houbo incluso alguén que dixo que poder exercer este dereito, ante un goberno que nos trata como farrapos, iba a ser do mais reconfortante que podía ter e que pagaba a pena todo o desconto que lle fixeran, esta manifestación foi arroupada polo resto do persoal, e por unha vez, a xente que levamos a sección sindical chegámonos a conmover coa forza e convencemento da nosa afiliación; ver que o noso sentir de rexeitamento era compartido polos presentes na reunión a verdade que foi desas pequenas cousas que nos reconfortan nesta tarefa e fai que esquezamos por momentos os ratos mais duros.
Así que mañá xa sabedes
POLA NOSA DIGNIDADE TOD@S Á FOLGA |
|
|
|
|
|
TOD@S A FOLGA |
|
|
|
concentración HCV e FOLGA |
|
Hoxe levamos a cabo a última mobilización das convocadas no seo da plataforma sindical.
Nesta concentración a asistencia foi boa e quedamos a espera de ver que é o que decide a plataforma sindical na reunión que ten mañá para dar continuidade as protestas.
Nós, xunto con SAE como xa sabedes temos convocada para mañá a folga de 24 horas en defensa dos acordos acadados, e para amosar a nosa dignidade como traballadores e traballadoras.
Polo tanto pedimos un esforzo e a vosa implicación nela, porque de nós dependen que non nos ningunee ningunha administración. |
|
|
|
aspectos a ter en conta na folga |
|
Parece que están a correr certos comentarios referentes á folga que cumpre aclarar.
1º Exercer o lexítimo dereito a acudir á folga non hai que comunicalo a ningunha xefatura, ese mesmo dia basta con non acudir ó traballo.
2º Os servizos mínimos están para cubrir as urxencias, ou traballo que non poida ser aprazado, polo tanto o traballo a realizar é básicamente o dun festivo.
3º De producirse calquera tipo de incidencia que se produza o dia da folga é moi importante que vos poñades en contacto co comité de folga do voso centro.
No caso de O Barco imos a estar no noso local sindical dende as 8 menos cuarto da mañá e para a xente de atención primaria podedes chamar ós números: fixo: 988 339112 e mobil:607 839098. |
|
|
|
caixa de resistencia para a folga do 16 |
|
Na asemblea celebrada hoxe no HCV decidiuse facer unha caixa de resistencia para que o persoal que está en servizos mínimos e queira participar na folga dalgún xeito poda facelo aportando 10 ? para compensar en parte a perda do dia de folga do persoal que a faga efectiva. Podedesvos anotar nos locais de CIG-Saúde e do SAE.
Cando a dirección aplique o descontos, tedes que vir polo local dos sindicatos convocantes con copia da nómina e repartirase o que haxa na caixa de resistencia.
Por outra banda lembrade que mañá martes ás 12 horas, temos concentración do persoal convocada pola plataforma sindical na entrada do HCV.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
rotura da plataforma sindical? |
|
Moita xente pregúntase se a plataforma sindical está rota ou segue adiante.
En principio a única organización que se descolgou dela foi a CEMS, que a verdade tampouco é que importe ou se note moito, decímolo en base a escasa presenza do persoal desta organización coorporativa nas mobilizaciois de acordos (no caso desta área sanitaria nula presenza). Os motivos do seu descolgue e o que os fixo asinar a acta o tedes na súa web.
Con respecto ó resto de organizaciois sindicais, de momento seguimos en conxunto tanto onte na concentración ante a consellería como na concentración do martes nos centros de traballo. A partir de ahí imaxinamos que se abrirá un paréntesis ata pasar as festas e o ideal sería seguir coa loita en conxunto, pero cunha loita seria e que de verdade faga dano ó SERGAS, ata o de agora somente se estiveron templando gaitas, os medios de comunicación teñennos na mais completa ignorancia. En CIG-Saúde sí estamos por proseguir coas mobilizaciois conxuntas, gustaríanos ademais que á folga convocada por CIG-Saúde e SAE sumáranse o resto das organizaciois sindicais sería moi positivo e entendemos que iso faría que o SERGAS tomáranos en serio dunha vez por todas, xa dixemos onte que esta guerra vai ser longa e estamos dispostos a manter o pabellón en alto toda a lexislatura se fixera falla.
Ademais o SERGAS non é o único servizo de Saúde que vai sofrir unha folga pola súa política de desprezo ó seu persoal, polo menos son dous mais os servizos de saúde que teñen convocadas folgas para este mes ou xaneiro:
O 18 decembro hai folga no servizo canario de saúde.
Convocan CC.OO, UGT e SATSE o motivo é a política privatizadora do governo canario, a destrucción de postos de traballo e a conxelación salarial.
En Cantabria son 16 os dias de folga convocada en xaneiro.
Convocan: CSI-CSIF, CCOO e UGT
o motivo é a reclamación dos complementos de carreira profesional.
Resulta curioso que noutras partes do estado o persoal está disposto a ir á folga con moitos menos motivos dos que temos no SERGAS, os 16 dias de folga de Cantabria son somente pola carreira profesional.
En definitiva CIG-Saúde O Barco sí somos partidarios de manter a unidade sindical, pero cunha plataforma reivindicativa que tente poñer á Administración contra as cordas, golpeándoa onde mais lles doe, aqueles que lle reventan a imaxe que queren dar cara a sociedade; co fin de que nos devolvan o que é noso, non queremos unha plataforma que se limite a decir que non e non sexa contundente na súa resposta, porque deste xeito o único que faríamos sería dar o visto e prace para que sigan tomándonos o pelo.
O 16 DE DECEMBRO FOLGA NA SANIDADE!!
folleto explicativo |
|
|
|
concentración diante o parlamento |
|
Avantar daba así a concentración de onte diante do parlamento.
Traballadores/as da sanidade concéntranse diante do Parlamento para esixir o cumprimento dos acordos asinados
Rexeitan a última proposta do Sergas de adiar até 2013 a aplicación íntegra das melloras
Uns mil traballadores e traballadoras da sanidade concentráronse esta tarde diante do Parlamento de Galiza, en Compostela, para protestar contra a suspensión dos acordos asinados en materia retributiva e sobre as condicións de traballo. Dende a CIG-Saúde esíxese o cumprimento íntegro dos acordos e dubídase das garantías que poida achegar a administración agora para aplicar a súa nova proposta.
Pouco despois das 17:00 horas, delegados/as sindicais e traballadores/as da sanidade chegaban nos autobuses procedentes de todas as esquinas do País para esixirlle ao goberno do Partido Popular que modifique as súas posturas e respecte os acordos asinados. Arredor de mil persoas tomaron parte na concentración e, debido á grade participación, rematouse por cortar a circulación do tráfico na céntrica Rúa do Hórreo, onde os pitidos que se escoitaron foros os dos chifres e berros dos manifestantes.
A protesta coincidía co debate da lei de Orzamentos no Parlamento, até onde se trasladaron as mobilizacións que nas últimas semanas veñen desenvolvendo os traballadores/as da Saúde logo de que a Consellaría anunciase a súa intención de suspender os acordos xa asinados e publicados e adiar a súa aplicar completa máis alá do 2012.
A secretaria Nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, sinalaba que tan só o sindicato de médicos aceptou asinar a última proposta presentada pola administración durante a reunión da Mesa Sectorial, sindicato que, lembrou, non aceptou os acordos co anterior goberno por parecerlles ?insuficientes?. ?Isto é unha chantaxe da administración, advertiu Abuín, e nós non imos someternos a esta chantaxe. Se non foron quen de cumprir os acordos xa asinados e publicados, que garantías temos de que vaian cumprir o que agora nos din?.
Falla de garantías
Na última xuntanza da Mesa, a Consellaría reiterou a proposta presentada na anterior reunión e adiantou que se vai publicar como Resolución da Administración, sen a necesidade de que exista un acordo sindical. Ao mesmo tempo, dende a Xunta solicitábase ás organizacións sindicais que asinasen un acta de compromiso de seguir negociando na Mesa Sectorial.
Pola súa banda, a plataforma sindical rexeitou unanimemente a proposta, argumentando que o calendario de aplicación fora rexeitado polas asembleas de traballadores/as levadas a cabo nos diferentes centros.
Dende a CIG-Saúde lémbrase que o texto achegado pola administración carece de garantía de cumprimento e debería conter unha cláusula de garantías de que a Xunta se compromete a respectar integramente o texto dos acordos asinados: aspectos retributivos e condicións de traballo.
|
|
|
|
16 de decembro: FOLGA na sanidade pública |
|
Como xa saberedes o próximo mércores 16 de decembro, CIG-Saúde xunto co SAE temos convocada unha xornada de folga. Esta decisión non a tomamos á lixeira posto que sabemos que a folga é un arma preciosa que somente debemos utilizar cando se esgotan o resto de recursos. Foron moitas as horas que adicamos a debatir esta posibilidade analizando pros e contras, pero ó final chegamos á conclusión de que se esta afrenta da administración non xustificaba unha folga nada a xustificaría, hai organizaciois que noutras comunidades teñen convocadas folgas polo tema de carreira profesional no mes de xaneiro, se ese tema por sí solo xustifica as folgas noutros lares, como non se vai xustificar no SERGAS pola suspensión de acordos que non solo afectan á carreira profesional senon tamém ós acordos asinados durante estes anos e que nos deixan co cu ó aire nun ataque ó persoal do SERGAS sen precedentes.
A FOLGA do dia 16 non é ó final das mobilizaciois, é o inicio dunha campaña sen límite de tempo na que polo menos dende CIG-Saúde non regatearemos forzas para que se nos devolva o que se nos quitou e era noso, estamos dispostos a seguir adiante coa a loita se fai falta o resto da lexislatura, nós non empezamos esta guerra, senon os piratas que nos malgobernan, pero unha vez dentro dela estamos dispostos a queimar as naves.
Queremos que os acordos asinados servan para algo e non para que o primeiro politiquiño que chegue os rache como se non pasara nada; esta é unha FOLGA pola dignidade, porque é mellor morrer de pé, que vivir sempre de xeonllos.
FOLGA O DÍA 16; POR QUÉ?
POLO RESPECTO DOS ACORDOS ASINADOS
Desde o 14 de outubro a CIG-SAÚDE ven demandando do SERGAS o cumprimento íntegro dos acordos asinados. A Admón non tiña ningunha intención, dende o principio de chegar a acordos coas organizacións sindicais, só pretendía someternos á súa chantaxe.
POR COHERENCIA
A CIG-SAÚDE fíxolle chegar á Admón unha proposta de acta que garantizaba o cumprimento dos acordos, o Sergas sen embargo pretendía que asinásemos unha acta de compromiso (matrimonial, civil, relixioso..), que nos convertéramos en NOTARIAS/OS da Admón. O que pretende a Admón que fagamos as organizacións sindicais é:
- Que enganásemos ás/aos traballadoras/es, convencéndoos de que teñen que renunciar ás súas retribucións.
- Que lle garantíramos que esta Admón vai cumprir o seu calendario. Se agora xa non cumpre o publicado no DOG.!
- Que as organizacións sindicais sexamos dóciles, converténdonos na voz da Admón e non nos representantes das/os traballadoras/es.
POR DIGNIDADE
Porque non podemos consentir que a Admón sanitaria difunda perante a opinión pública unhas mensaxes co único obxectivo de desprestixiar as/os traballadores como preludio das medidas que van tomar na nosa contra.
Non sexas cómplice na campaña de despretixio que pretenden facer da sanidade pública e das/os seus traballadoras/es. |
|
|
|
Mércores 9: Concentración diante do Parlamento de Galiza |
|
Lembramos que o vindeiro día 9 de nadal(logo da ponte) temos todos e todas unha cita pendente en Compostela. Haberá unha concentración ás 17:30 horas diante do Parlamento de Galiza para esixirlle ao goberno do Partido Popular que modifique as súas posturas e onde lles solicitaremos Xustiza e Democracia para o conxunto de traballadores do SERGAS.
As 14,30 sairemos do HCV para Compostela. |
|
|
|
INFORMACIÓN MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2009 |
|
Atopámonos dun tempo a esta parte cun dilema, polo menos en CIG-Saúde O Barco. Non local, posto que aquí o resto das organizaciois sindicais dan o peito ó igual que nós, excepción feita de CEMS, claro que este sindicato sólo aparece nas elecciois e ata as seguintes non dan señais de vida, tampouco o persoal facultativo que exceptuando casos e situaciois contadas o que lles afecta ó resto parecera que non vai con eles.
Referímonos as instrucciois dadas dende a plataforma para non informar ó persoal da posición de cada un dos sindicatos pertecentes a mesma, e facelo solo da postura de CIG-Saúde; pero hoxe xa foi o colmo, posto que un sindicato (non decimos cal non vaia a romperse a plataforma por iso) atribúese a autoria das ideas de mobilizaciois que hai.
Non entendemos tampouco dende este lugar esquecido de Galiza, cal é o motivo polo que non podemos levar no noso peito o logotipo do sindicato ó que pertencemos nin carteleria propia onde sacar a nosa mascota, non prometemos que na próxima manifestación que se faga non o levemos (sentímolo, pero somos así de ácratas).
En definitiva ás veces sentímonos maniatados e amordazados á hora de dar parte da información. Pero en fín vamos a ser cristianos e sólo imos dar a parte dela que podemos sen alterar a suspicacia do resto en aras da unidade sindical.
INFORMACIÓN MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2009.
Nesta reunión a Admón reitera que pola súa parte manteñen a proposta presentada na anterior reunión; que a devandita proposta publicarana como Resolución da Admón sen a necesidade de que exista un acordo sindical, queren ouvir os nosos posicionamentos e que asinemos unha acta de compromiso de seguir negociando na Mesa Sectorial.
Nas intervencións sindicais como plataforma rexeitamos unanimemente a proposta, argumentando que, como xa lles dixeramos na anterior reunión este novo calendario de aplicación íamolo a someter ás asembleas, e as/os traballadoras/es rexeitaron a proposta da Admón.
Como CIG-SAÚDE rexeitamos de plano a proposta da Admón, solicitamos o cumprimento integro dos acordos, pero como a nosa obriga, a pesares de non compartir a súa proposta, é que a Admón garanta que a súa proposta a cumpran coas maiores garantías e o texto presentado é papel mollado, fixemos as seguintes alegacións.
O texto que eles presentan non ten ningunha garantía de cumprimento; a Lei de orzamentos segue a recoller no seu articulado a aplicación do EB ? Suspensión indefinida dos acordos?, se eles presentan un novo calendario deben modificar o artigo 25 da Lei de Orzamentos.
O texto que presentan debe de ter unha cláusula de garantías de que a Admón se compromete a respectar integramente o texto dos acordos asinados: aspectos retributivos e de condicións de traballo.
No referente á carreira ordinaria, o ámbito de aplicación debe recoller a todo o persoal do SERGAS: sanitario e non sanitario e sen distinción do vínculo laboral.
Ademais disto lembrámoslle que é obriga da Admón garantir as retribucións do su persoal, se queren modificar o calendario de aplicación que o fagan unilateralmente, pero que non poden solicitar a nosa aprobación.
Recuperación económica das retribucións perdidas durante a suspensión dos acordos. A Directora de RRHH respondeu que se arrastra consolidación económica non pode facer fronte ás retribucións de carreira ordinaria.
Como resposta, a Admón entregounos unha acta, e convocarán unha nova reunión na próxima semana para coñecer os noso posicionamento sobre a mesma. Comentan que a súa proposta ten que ser aprobada polo Consello da Xunta antes de finalizar o tramite dos Orzamentos. Quedamos en facer alegacións á acta.
Ollo que o SERGAS empeza a insinuar que a carreira ordinaria poidera quedar restrinxida solo a persoal licenciado e diplomado.
Calendario de mobilizacións acordado pola plataforma:
Solicitar unha reunión urxente coa Conselleira de Economía e Facenda, xa que segundo a Directora de RRHH e decisión dela e do goberno que non haxa incrementos no 2010.
Convocatoria dunha concentración o dia 9 de decembro, ÁS 17,30 hs diante do Parlamento de Galiza.A contratación de autobuses segue o mesmo reparto quen a reunión anterior.
Concentracións en todos os centros de traballo o dia 15 de decembro.
Reunión da plataforma o dia 16 de decembro para deseñar un calendario de mobilizacións sostido no tempo. |
|
|
|
respecto ós acordos, Consello de CIG-Saúde e reunión plataforma sanitaria |
|
O mércores 25 de novembro CIG-SAUDE celebrou un Consello Nacional para decidir a postura que lle íamos plantexar ao resto dos membros da Plataforma.
Logo de analizar o resultado das asembleas celebradas en toda Galiza e ante a unánime resposta do persoal en rexeitar a última proposta do SERGAS. así como seguir mantendo a presión con novas mobilizacións e incluso ir a Folga como último recurso, CIG SAUDE, logo dun amplo debate, decidiu poporlle á Plataforma Sindical a convocatoria de folga para intentar mudar os posicionamentos da Administración.
Na xuntanza da Plataforma realizada o mesmo día pola tarde CIG-SAUDE propuxo a convocatoria de folga, posto que creemos é unha cuestión de dignidade e coherencia entre outros motivos e porque apenas queda marxe de manobra antes de que se aproben os presupostos. Esta postura non foi apoiada polo resto de Organizacións en principio, e polo tanto, en aras de manter a unidade sindical aprazamos a convocatoria a outra data.
En xuntanzas anteriores da Plataforma CIG-SAUDE xa propuxera mobilizacións o 9 ou 15 de decembro entre outras medidas. pero nunca o publicitamos.

Consideramos que as propostas que se fan na Plataforma son da Plataforma, sen intentar coller protagonismo ningunha Organización Sindical, como sucedeu cunha Organización Sindical que fixo público ás súas propostas, todas as Organizacións fan propostas e todas contribúen a manter o principio de unidade.
Esta información e correo enviado por CIG-SAUDE foi unha resposta posterior á información enviada por outro sindicato.
O acordo a que se chegou por parte de Plataforma foi:
1.- Rexeitar a proposta do SERGAS, solicitar o cumprimento íntegro dos acordos. Se a Admón mantén a proposta presentada na reunión anterior, solicitaremos a presenza da Conselleira na M.S para desbloquear esta situación.
2.- Se non prospera a reivindicación sindical, intentaríamos algún acto mais significativo...
3.- Convocatoria dunha concentración diante do Parlamento o Próximo día 9 de decembro, ás 17 hs.
Nós propuxémoslle ao resto de organizacións que se na reunión do xoves 26 o SERGAS non move a postura e ameaza con retirar a súa proposta e aplicar o artigo 38 do EB, nós tamén teríamos que ameazar coa convocatoria de folga, non estaban moi convencidos disto.
Seguiremos informando puntualmente de como se vaian producindo os acontecementos. |
|
|
|
a asemblea do HCV dí NON á proposta do SERGAS e SÍ á folga |
|
Na asemblea de hoxe do HCV o persoal aprobou por unanimidade rexeitar a última proposta do SERGAS e mostra o seu apoio a unha convocatoria de folga.
Mañá pola mañá celebraremos consello nacional de CIG-Saúde para tomar a postura da central no conflicto e levala á reunión da plataforma sindical pola tarde.
As noticias que temos das outras áreas é que de momento ningunha diu por boa a proposta e en todas as que coñecemos instase á plataforma en seguir coas mobilizaciois.
power point explicativo do que perdemos coa proposta do SERGAS |
|
|
|
Os xerentes dos grandes hospitais públicos cobran máis que Feijóo |
|
Esta de abaixo é unha noticia extraida do diario "el país".
Os xerentes dos grandes hospitais públicos cobran máis que Feijóo
Os tres altos cargos da Xunta con maior soldo son responsables sanitarios
Os tres altos cargos da Xunta con maior salario son xerentes de hospital. E os responsables dos cinco maiores centros sanitarios de Galicia perciben un soldo superior aos 89.983 euros brutos anuais que cobra o presidente Alberto Núñez Feijóo, segundo a táboa salarial da Administración á que tivo acceso este xornal. Todos eles, tanto os xerentes como o presidente, verán reducido o seu salario o ano que vén nun 3% se, como é previsible, sae adiante unha emenda do PP aos seus propios orzamentos para rebaixar o gasto en altos cargos no pleno parlamentario de hoxe.
María Rosa Bermejo, xerente do Hospital Universitario de Santiago de Compostela é o alto cargo mellor pagado de toda a Xunta, con 121.367 euros. Entre os responsables de centros sanitarios séguena, por esta orde, o xerente do Universitario da Coruña, o do hospital de Pontevedra, a do de Ourense e o do universitario de Vigo, que pecha a lista dos cinco con mellor soldo con 95.094 euros anuais.
A cifra final destes salarios é a resultante de sumar as retribucións fixas, que se publican cada ano no Diario Oficial de Galicia (DOG); os complementos de produtividade variable, cuxo importe fluctúa en función do tamaño do centro; a antigüidade do funcionario e a súa carreira profesional.
Ademais destes cinco xerentes, outros catro altos cargos da Xunta cobran máis que Feijóo: o director xeral de Emigración (12.000 euros máis), o presidente de Sogama (10.000 máis), o director da Compañía de Radio Televisión de Galicia (5.535 máis) e o director do Igape (case 3.000 euros máis).
Case todos os salarios dos xerentes son tamén maiores que os dos conselleiros. Todos excepto o xerente do Comarcal de Monforte superan os case 70.000 euros que percibe, por exemplo, a titular de Sanidade, Pilar Farjas.
O recorte do 3% aos soldos de altos cargos, que afecta a conselleiros, directores xerais, presidentes de empresas públicas, xerentes de hospitais e organismos autónomos é máis un xesto simbólico que unha medida de contención de gastos. Aplicado aos 20 xerentes de centros hospitalarios e de atención primaria de Galicia suporía un aforro anual de algo menos de 50.000 euros. |
|
|
|
Asemblea |
|
Mañá martes teremos unha asemblea convocada pola plataforma sindicaal para valorar a última proposta do SERGAS en relación coa suspensión de acordos.
A asemblea será ás 13,30 no salón de actos do HCV
|
|
|
|
datos a ter en conta |
|
Como xa informamos estes dias, a Administración fixo unha última oferta, para a rapiña ó persoal dos acardos que tiñamos acadados, entre o luns e o martes faranse asembleas en tódalas áreas para catar a opinión do persoal sobre o conflicto. Por iso parécenos importante que para ter unha opinión sólida saber que se gaña e que se perde na proposta que fan estes piratas de garabata e rosario, para iso ímonos servir da axuda dun cadro comparativo que fixeron @s nos@s compañeir@s de CIG-Saúde Ferrol.
En canto ó acordo retributivo:
No ano 2.013 as cifras de incremento equiparanse ás que estaban previstas para o ano 2.012 pero non se recupera a perdeda acumulada do que se deixa de ingresar nos anos anteriores.
A estas cifras debesenlle de engadir o aforro noutras partidas orzamentadas para o SERGAS e perdeda de ingresos para os traballadores/as: precio de gardas médicas, Atención continuada en persoal de urxencia de hospital + PACs, desprazamentos de persoal de primaria, etc, etc.
En canto á carreira profesional extraordinaria do persoal sanitario de FP e non sanitario de xestión e servizos
O incremento anual por grao para o persoal sanitario de fp e non sanitario de xestión e servizos que remataria no ano 2011, para acadar as cifras do valor por grao definitivas, modificaríase do seguinte xeito:
Ademais o acceso ó IV grao de carreira atrásase ata xullo do 2011 e en piores condiciois:
En canto á carreira ordinaria
Empezamos a negociación da carreira ordinaria coa anterior Administración que viuse truncada polo cambio de goberno, e con este as cousas aínda se complicaron mais posto que aplicaron a estratexia de dilatar as negociaciois no tempo, a proposta do SERGAS deixa aberta a negociación de carreira (realízaríase no 2010) pero sen marcar prazos de execución, polo que por un lado non nos ata as mans para mobilizarse por este tema, pero por outro as expectativas de conseguir un bon acordo con prazos de execución breves para o persoal da OPE 2006 e o que ven de carreira extraordinaria son complicadas dende o noso punto de vista.
O SERGAS ameaza con eliminar a proposta de non ser aceptada polos sindicatos.
Por outra banda a posición do SERGAS mudou de quitar todo a esta última proposta (probablemente sexa unha estratexia de negociación) pero o que sí é certo é que as mobilizaciois que se levan dado ata o de agora sí serviron para algo.
Agora con estes datos sobre a mesa a palabra a ten o persoal, CIG-Saúde vai a ter moi en conta á hora de fixar postura o pronunciamento das asembleas, é obvio que un rexeitamento do acordo conlevaría a convocatoria de folga; pero lembrade tamén que decir sí o acordo átanos as mans para calquera mellora retributiva de aquí ó 2014.
Cecais cumpra lembrar que o acordo retributivo situábanos na media en canto a soldos con respecto ó resto de servizos de saúde no ano 2008, polo que no 2014 voltaremos a estar no vagón de cola do estado, por non falar que o SERGAS é prácticamente o único que aínda non ten negociada a carreira profesional do seu persoal.
Folga decir da importancia de participar nas asembleas dos vosos centros de traballo.
Así que agora vos tedes a palabra. |
|
|
|
Negociación Acordos Suspendidos. Mesa 19 novembro |
|
Na Mesa Sectorial do xoves 19, a Administración propuxo un novo texto, o cal pretende que sexa o definitivo, no que xa non se fala de suprimir os acordos, se non que se fala de reprogramalos no tempo. Ademáis, aparece por primeira vez a negociación da Carreira Ordinaria. Non deixedes de ler a nova proposta que adxuntamos máis abaixo.
Durante a negociación do delegados da Plataforma se concentraron diante do Servizo Galego de Saúde para protestar pola supresión dos acordos e a anterior proposta da semana pasada.
Os vindeiros luns 23 e martes 24 faremos asembleas informativas en todos os centros para informárvos do contido do texto. Así o mércores 25, reuniráse de novo a Plataforma Unitaria e o xoves 26 haberá unha nova Mesa Sectorial.
proposta do 19 de novembro
|
|
|
|
parvos sí, pero a vaquiña polo que vale |
|
É curioso o concepto de solidariedade que ostenta o Partido Popular, por un lado ó persoal do SERGAS se lle negan tódolos acordos acadados en materia retributiva e de persoal, hai que lembrar que moito deste persoal é mileurista e por outro ó persoal que ten unhos ingresos moi superiores se sigue incentivando por estar na poltrona, a Farjas pídenos caridade cristiana a nós para manter o privilexio dos señores e señoras postos a dedo.
Señora Farjas e señor Feijóo un pouco parvos sí que somos pero a vaquiña polo que vale.
este de abaixo é un artigo extraido de la voz de galicia
salario público
O PPdeG bloquea por terceira vez a proposta lexislativa para suprimir o plus de altos cargos
O grupo do Goberno é proclive a manter o complemento, a pesar da crítica do BNG
Por terceira vez no último mes e medio, o grupo parlamentario do PP volveu bloquear a tramitación da iniciativa lexislativa popular, avalada con máis de 19.000 firmas, na que se pide a supresión do chamado plus dos altos cargos, o complemento salarial de 14.500 euros anuais aprobado no 2007 polo conxunto da clase política co fin de premiar aos funcionarios que durante polo menos dous anos desempeñen postos electos ou de confianza na Administración.
O debate sobre a tramitación de devandita iniciativa volveu reabrirse onte no Parlamento galego, no seo da reunión da xunta de portavoces, o órgano encargado de preparar o guión dos plenos.
O portavoz do Bloque, Carlos Aymerich, demandou que a proposta fose incluída na orde do día da próxima sesión plenaria, prevista para o martes día 24, propósito que foi freado polo grupo maioritario. No entanto, o propio Aymerich aclarou que os populares explicitaron na reunión o compromiso de darlle luz verde á iniciativa lexislativa popular promovida por CIG no primeiro pleno ordinario que se celebre en decembro.
Posible rexeitamento do texto
Pero o feito de que a proposta lexislativa chegue ao pleno para un debate de toma en consideración non garante, nin moito menos, que vaia ter máis percorrido. Os populares son conscientes de que a aprobación do complemento salarial para os altos cargos é unha media impopular socialmente, sobre todo nos tempos de crises que corren, pero se mostran renuentes a votar agora en contra do que aprobaron no 2007.
É máis, o grupo do PPdeG masculla a posibilidade de aplicar a súa maioría para matar a iniciativa lexislativa popular no debate de toma en consideración, o que poría fin ao seu percorrido parlamentario e disiparía a ameaza de que moitos funcionarios reclamados polo PP para desempeñar postos de confianza na Xunta vísense privados do suculento sobresueldo, que se aplica noutras comunidades ou no ámbito da Administración do Estado.
Fronte a un BNG, que agora defende abertamente a supresión do plus, e a un PP, que avoga por mantelo, a posición do PSDEG é a máis ambigua da tres grandes forzas políticas. Os socialistas cargan nas súas alforxas coa responsabilidade de ser eles -con José Luis Méndez Romeu como conselleiro de Presidencia- quen promoveron a aprobación do chamado plus dos altos cargos, aínda que no seo do grupo parlamentario levantáronse varias voces dispostas a suprimir agora o complemento para estender así as medidas de austeridade autoimpuestas na Xunta e no Parlamento.
|
|
|
|
concentración e asemblea |
|
Aproveitando a convocatoria da Mesa Sectorial o xoves, imos a atrasar a concentración de delegad@s para ese dia nas portas do SERGAS, para deste xeito se nos oia e intentar que a Administración nos tome en serio dunha vez.
Por outra banda hoxe mércores imos ter unha asemblea no salón de actos do HCV para explicar a proposta do SERGAS. |
|
|
|
|
|
|
|
|