CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Novas políticas privatizadoras. Olladas dende Lugo.

Extraemos un post de CIG-Saúde Lugo relacinado coa política do PP das novas políticas privatizadoras.

SANIDADE PÚBLICA: Novas políticas privatizadoras. Olladas dende Lugo.


A política sanitaria practicada dende o goberno actual da xunta de Galiza vai claramente cara modelos de finanzamento privado da Sanidade Pública (modelos PFI), seguindo o exemplo que comunidades como Madrid ou Valencia tomaron dos ingleses, cando xa está demostrado que empeoran a calidade asistencial e que hai outras maneiras posibles de facer que unha asistencia sanitária de calidade sexa posible.

O contexto político actual e como pode chegar a repercutir no hospital novo de Lugo é a nosa actual preocupación.

O PROGRAMA FOI O SEGUINTE:

Modelos PFI e a experiencia galega
Poñentes: Manolo Moreira, médico responsable da Agrupación Médica da CIG-Saúde (Agm) e Paco Vizoso, médico responsable da Agm de CIG-Saúde e xefe do servizo de medicina preventiva do CHOP.

2.Contexto actual en Lugo, expectativas e dúbidas ao respecto.

Poñentes: Carme Aira, secretaria comarcal da CIG-Saúde; Roberto Rei, radiólogo do H. Xeral

Visión das AAVV da cidade de Lugo

Poñentes: Valentín Arias.

Despois tivo lugar un coloquio, no cal os asistentes tiveron a oportunidade de prantexar preguntas aos poñentes, sobre as súas inquedanzas sobre a privatización da sanidade, as motivacións, a repercusión sobre a poboación.. etc.
Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 05-03-2010 13:49
Queres comentar ou preguntar algo?
cadea humana en Vigo
Trasladamos ó noso blog a noticia da cadea humana celebrada onte en Vigo en contra da privatización do novo hospital de Vigo, publicada por CIG-Saúde Vigo

Celebrouse o mércores 3 de marzo a cadea humana ao redor do hospital Xeral de Vigo cun éxito de participación e compromiso, tendo en conta cos poucos días que houbo para organizar este acto, (sendo a alternativa á suspensión do paro previsto para ese día pola desautorización por parte do SERGAS) empezouse a organizar o luns para realizalo o mércores.

Preto de 3000 persoas rodearon sobradamente a mazá que rodea o H.Xeral, incluída a igrexa que está por detrás do centro sanitario. A orixinalidade do acto resultou moi rechamante pola variedade de colorido das distintas variedades de luz, velas, lanternas, viseras, fachos, etc.

Logo de dar varias voltas ao redor do hospital os participantes deixaron depositadas as velas e cirios encendidos ao redor do hospital Xeral, dando unha imaxe tanto curiosa como espectacular. Realmente emociona ver o compromiso e a resposta que se está a dar, non lembramos unha resposta tan activa da sociedade e do persoal.

Dende logo a experiencia resultou moi gratificante e o persoal que participou quedou moi satisfeito do acto. Non se deixaron de berrar as consignas que se veñen realizando en tódalas mobilizacións en contra da privatización da sanidade pública, e mais concretamente no referente ao novo hospital de Vigo.

Por outra parte lembrar que o material para repartir xa está preparado, nos vindeiros días procederase ao seu reparto entre o persoal para a súa distribución, informaremos puntualmente de como se vai efectuar dito reparto así de como participar nos distintos actos que se vaian organizando tanto pola Comisión de Centro como pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo.

Grazas a todas e a todos pola excelente participación e compromiso pola causa que nos une, e a seguir mantendo o ánimo tan alto como ata o de agora.

Sumando crecemos e crecendo seremos mais fortes para vencer aos elementos mais reaccionarios que intentan atacar o sistema público de benestar.

O Xerente.

Tamén queremos poñerlle un cualificativo ao xerente do CHUVI señor Soriano polas declaracións que realizou o domingo 28 de febreiro nun xornal desprezando a parte do persoal e mentindo de forma vergonzosa ao dicir que nun acto de presentación do Plan Privatizador se lle insultou e lle dixeron toda clase de improperios, MENTIRA señor Soriano, o único que se mostrou foron algúns rumores e abucheos moi ocasionais en momentos concretos da súa desafortunada e provocativa actitude, nunca insultos persoais. Non se esconda e disfrace a súa covardía.

Se tan bos son os servizos privados que vostede defende o invitamos a que se vaia de asalariado para algún deles, non de xefe nin cargo directivo. O persoal do CHUVI está sobradamente valorado e cualificado profesionalmente. Estupideces as xustas señor xerentillo.

Este Señor demostra que non está a altura das circunstancias e que tanto o cargo como o salario que percibe son un regalo da Xunta para manter a un impresentable como máximo responsable do CHUVI que resulta do menos resolutivo e incompetente que ten pasado polo área sanitaria de Vigo.

Señor Soriano, por dignidade váiase a... onde se perde a vergonza.

Xerente es culpable, e ademais es un SIN-VERGUENZA.

Por suposto serás lembrado pola túa achega á causa...

NON Á PRIVATIZACIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO
Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 04-03-2010 13:43
Queres comentar ou preguntar algo?
enterro da sanidade publica en Vigo
O persoal da área de Vigo non perde oportunidade de mobilizarse contra a venta da sanidade pública, esta é unha noticia roubada do blog de CIG-Saúde Vigo

O mércores 17 de febreiro celebrouse o fin do Entroido co enterro da sanidade pública como protagonista no desfile de comparsas que se celebrou en Vigo.

Unha gran participación chea de sentido do humor e reivindicativa percorreron as rúas de Vigo con cánticos e berros reivindicativos en contra da privatización da sanidade pública en Vigo que pretende materializar o Partido Popular dende o seu poder na Xunta de Galiza.

As viguesas e vigueses estamos a resistir esta ofensiva privatizadora do goberno do PP que pretende diminuír tanto a calidade asistencial como os recursos materiais e persoais da sanidade pública viguesa.

Ante este ataque sen precedentes tanto a Comisión de Centro do CHUVI como a Plataforma en Defensa da sanidade Pública de Vigo van convocar mais actos de protesta na nosa Área Sanitaria.

As próximas mobilizacións serán o luns 22 de febreiro ás 11h no Hospital do Meixoeiro e o martes 23 de febreiro no Hospital Xeral ás 11h, onde se realizarán concentracións para seguir protestando contra a liquidación da sanidade pública e o recorte tanto de persoal como de calidade asistencial.

O mércores 24 de febreiro haberá FOLGA de 24h no CHUVI e unha manifestación das traballadoras e traballadores, así como toda a cidadanía que queira participar. A manifestación partirá do Hospital Xeral de Vigo ás 20h.

Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 18-02-2010 18:10
Queres comentar ou preguntar algo?
seguen as mobilizaciois do persoal de Vigo contra a privatización
Artigo extraido de CIG-Saúde Vigo

Mobilización H. Xeral contra privatización


As 11 horas do martes 9 de febreiro partiu a manifestación multitudinaria, superando a participación da semana pasada, das traballadoras e traballadores do Hospital Xeral en protesta pola privatización do novo hospital de Vigo. No percorrido proferíronse distintas consignas e cánticos en contra das pretensión do goberno da Xunta do PP de privatizar a sanidade pública en Vigo.

A próxima concentración terá lugar o xoves 11 de febreiro ás 11h no Hospital do Meixoeiro.

O luns 8 de febreiro a Comisión de Centro foi recibida polo alcalde de Vigo, logo de que esta convocara unha concentración no concello para o mércores 10 de febreiro ás 12 da mañá. Nesta xuntanza a o alcalde manifestou o seu apoio á un hospital público 100% tanto na xestión como no financiamento. Logo deste pronunciamento esperamos contar coa súa presenza nas mobilizacións cidadáns en defensa da sanidade pública en Vigo.

Polo tanto, logrado o obxectivo, queda desconvocada a concentración prevista para o mércores 10 de febreiro diante do Concello.

A continuación expomos o calendario de actos a desenvolver nas próximas datas:

■Xoves 11 de febreiro as 11h concentración no Hospital do Meixoeiro.
■Venres 12 de febreiro as 11h asemblea no H. Xeral, ás 14h no H. Meixoeiro.
■Mércores 17 febreiro comparsa do enterro da sardiña, ás 18h na Praza da Constitución (Porta do Sol) onde iremos acompañando á comparsa Os Tarteiras, vestidos con uniforme de hospital e lazos e brazaletes negros.
■Mércores 24 folga e manifestación as 20h dende H. Xeral ata o edificio da Xunta (Praza da Estrela).
■Sábado 20 de marzo acto lúdico festivo na finca de San Roque de mañá e tarde, (concretaranse os actos mais adiante)
■Xoves 25 de marzo folga e gran manifestación cidadá as 20h dende o cruce de Vía Norte con Urzaiz.

Esperamos ter a máxima participación reivindicativa para conseguir o obxectivo
Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 09-02-2010 20:53
Queres comentar ou preguntar algo?
VIGO: mobilizaciois en contra da privatización
Esta información de mais abaixo está publicada no blog d@s nos@s compañeir@s de CIG Saúde Vigo, na súa páxina tedes toda a información das mobilizaciois do persoal en cntra da privatización que quere levar a cabo o partido popular. Dende CIG-Saúde O Barco amosamos o noso apoio e brindámonos a ser partícipes desta a loita que non solo afecta a esta área sanitaria senon que é a cabeza de lanza pola que o PP pretende poñer en mans privadas á sanidade pública, de momento imos trasladar a comisión de centro do HCV e primaria de Ourense un posicionamento de apoio.

Preto de 2000 persoas participaron o martes 2 de febreiro na concentración-manifestación celebrada no hospital xeral de Vigo. A gran participación demostra a sensibilización que o persoal ten en contra da privatización de servizos na sanidade publica.

A pesar dos intentos do "corre ve e dille" do xerente do CHUVI para desmovilizar as mobilizacións, enviando correos electrónicos mostrando o marabilloso que resulta a privatización, o persoal entendeu perfectamente o que se agacha detrás de todo este entramado privado.

Lembramos as próximas mobilizacións:


Xoves 4 de febreiro as 11h concentración no H. do Meixoeiro

Mércores 10 de febreiro concentración diante do Concello de Vigo ás 12h

Mércores 24 de febreiro, paro e manifestación as 7 da tarde dende o H. Xeral..

2 e 3 de marzo, paros.

Tamén se realizarán outros actos "lúdico-festivos" que se anunciarán puntualmente.


Publicamos tamén un vídeo da intervención do Xerente do CHUVI intentando explicar as grandes ventaxas que terá esta privatización. Alucinamos coa paciencia qu ten o persoal desta área onde van recortar mais de 400 postos de traballo estatutario dos xa existentes e a incrementar as listas do paro cantidade de persoal de listas qu non vai ter opción a voltar a traballar no SERGAS, somente o abuchearon e ata o deixaron falar, por certo que a "señorita ou señora" que se enfrenta a asemblea sen coñecela de nada, apostamos a que non pertenece a ningunha das categorias mais directamente afectadas, e algo nos dí que non vai sair á defensa deste persoal co ímpetu que defendeu ó seu amo.

Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 04-02-2010 01:00
Queres comentar ou preguntar algo?
Confirmada a privatización dos servizos non sanitarios do novo hospital de Vigo
Recollemos unha noticia do blog de CIG-Saúde Vigo, posto que poidera reproducirse en moitos dos hospitais SERGAS, e cecais teñamos que empezar a tomar conciencia do que supón a política privatizadora deste goberno.

Confirmada a privatización dos servizos non sanitarios do novo hospital de Vigo

Na xuntanza mantida o venres 22 de xaneiro coa xerencia do CHUVI para informar sobre a adxudicación do novo hospital o Xerente nos informou da privatización dos servizos non sanitarios para o novo hospital.

PRIVATIZARASE:

■Lavandería
■Lencería
■Cociña
■Subministración e xestión enerxética
■Xardinería
■Mantemento
■Limpeza
■Seguridade e vixilancia
■Centraliña
■Transporte interno e externo
■Central abastecemento e tratamento de auga
■Reprografía e imprenta
Ao privatizarse estes servizos tamén se suprime a xestión administrativa dos servizos mencionados, suprimindo prazas de contratación e OPE de xestión administrativa. Iso quere dicir o persoal administrativo verá reducidas as súas prazas.

Todo o persoal de plantilla fixo será reclasificado e colocado en novos servizos.

Como consecuencia de todo isto suprimiranse as listaxes de contratación e OPE referentes a esas categorías.

Tamén se vai privatizar a gardería infantil e o aparcamento. Tampouco se descarta a privatización doutros servizos non sanitarios.

A concesión a empresas privadas será entre 20 e 30 anos.

Ante esta situación cremos que hai que tomar partido e responder con firmeza contra este sistema especulador.

nota de prensa
Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 22-01-2010 15:06
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG:Saúde Lugo: a orixinalidade contra a privatización

Como xa tódalas comarcas teñen a súa propia web, hoxe estreamos unha nova categoria "outros blogs de CIG-Saúde", nela iremos pondo os post que nos chamen mais a atención do resto de comarcas.

E qué mellor que para este primeiro artigo que irnos ó blog de CIG-Saúde Lugo, onde hoxe fixeron unha movida ben orixinal, que pasamos a reproducir:

MESA PETITORIA

A CIG pasou toda a mañá a recadar fondos para amañar as máquinas da lavandería e tamén para que o SERGAS poida facer un edificio para albergala no H. Novo. Consideramos o que pasa con este servizo o inicio do desmantelamento do Sistema Sanitario Público en Lugo e tentaremos paralo por todos os medios.
Por esta causa, insertamos esta cuestión na campaña sobre a GriPeP, iniciada pola Federacíon de Saúde a nivel Nacional, na que se denuncia o adelgazamento do Sistema Público no marco do neoliberalismo máis atroz. Aí vai unha mostra (neste caso correspóndese coa foto superior).

Contarvos que a suma acadada ascende a 30?, informaremos do que decidamos facer con eso.
Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 15-10-2009 16:21
Queres comentar ou preguntar algo?
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0