CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

CIG-Saúde solicita se aclare que vai pasar coas áreas de Ourense e Lugo
COMUNICADO DE PRENSA CIG-SAÚDE


A CIG-SAÚDE solicita da Consellaría de Sanidade que, dunha vez por todas, clarexe o seu proxecto de xestión integrada de área nas provincias de Lugo e Ourense, e a situación sanitaria, carteleira de servizos e a dotación de Recursos Humanos dos Hospitais comarcais de Burela, Monforte e o Barco.

Na Mesa Sectorial celebrada o día 11 de febreiro a administración sanitaria informounos das liñas xerais que vai conter o Decreto de estrutura periférica de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde. O devandito Decreto está en fase de elaboración, polo que a data de hoxe non podemos ter un posicionamento claro sobre o mesmo.

O que si quedou claro na Mesa Sectorial é a confusión que o SERGAS mantén sobre as áreas sanitarias de Monforte, Burela e O Barco, xa que a información que se deu na Mesa Sectorial non coincide coa información transmitida polos representantes da Consellaría de Sanidade e pola propia Conselleira ás plataformas cidadás, constituídas nestas área sanitarias.

A pretensión da Consellaría de Sanidade é comezar a xestión integrada nas áreas de Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol. Desde CIG-SAÚDE solicitamos que a Consellería de Sanidade explique canto antes a xestión integrada das Provincias de Lugo e Ourense e a dependencia dos hospitais comarcais de: Monforte, Burela, O Barco e Verín.

Compostela 15 de febreiro de 2010.

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 15-02-2010 13:50
Queres comentar ou preguntar algo?
Monforte: éxito da asemblea da plataforma en defensa da sanidade pública
Monforte tardou en dar o paso na creación da plataforma da sanidade pública en defensa da calidade asistencial desta área, pero o xoves tiveron unha asemblea á que non pudo entrar moitísima xente posto que a casa de ciltura onde se celebraba, quedouse pequena. Parabens polo éxito da convocatoria.
Trasladamos ó noso blog a noticia recollida do blog de CIG-Saúde Monforte


ÉXITO DE CONVOCATORIA NA ASEMBLEA DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Unhas mil persoas encheron onte a casa da cultura de Monforte(moita xente tivo que quedar fora, na praza de España porque non se collía dentro)para informarse da situación na que se atopa a Área sanitaria de Monforte.

Os portavoces da Plataforma informaron da reunión que mantiveron co xerente e coa xunta de persoal do centro.Decir que os sindicatos que compoñen a xunta de persoal apoian totalmente o manifesto da Plataforma.

A xerencia en ningún momento desmentíu que a xestión da área vaia depender de Lugo.Só se limitaron a dicir que o Hospital non ía pechar e que estaríamos ben atendidos.(Que o Hospital non vai pechar xa o sabemos.O que non sabemos é que servizos imos ter.Si se van manter os que temos ou si para determinadas cousas teremos que ir a Lugo).

A asemblea acudíu o noso director xerente rodeado da súa garda pretoriana( o deputado señor Dámaso,tódolos supervisores,a xefa de enfermería,o director médico e a directora de xestión que veu direitiña das súas vacacións para arroupar ó seu xefe).Tanto a intervención do director xerente como a do señor Dámaso foron abucheadas entre outras cousas porque en ningún momento quixeron contestar apregunta de si a área de Monforte ía seguir sendo xestionada dende Monforte ou ía a pasar a xestionarse dende Lugo.

Por parte dos asistentes acordóuse darlle quince días de prazo á conselleira para recibir a Plataforma e mailo Alcalde(leva pedindo cita dende o 19 de novembro de 2009 e aindo non tivo tempo a recibilo,pero si tivo tempo para unha xuntanza con tódolos alcaldes do PP da zona para falar diste asunto).Si neste prazo non os recibe convocaráse unha manifestación.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 30-01-2010 17:09
Queres comentar ou preguntar algo?
somos unha área: o xogo da lura do PP
No recente conflito en defensa da área sanitaria de O Barco, o PP recorreu varias etapas, dende que anunciou a integración da área de O Barco na de Ourense (a primeira) ata a última onde dá marcha atrás e dí no Parlamento a Conselleira sor Farjas, que se manterá a área e acusa tanto a sindicatos como á plataforma de manipular ós cidadáns con fins políticos. Pero o vivir nunha era informatizada ten moitas ventaxas, unha delas é a hemeroteca dixital da prensa á que tod@s podemos acceder dende o noso ordenador e se accedemos á prensa local que cubriu o conflito veise claramente que quén intentou manipular á cidadanía foron eles (o PP) utilizando a estratexia da lura.
En CIG-Saúde de O Barco, adicamos un pouco do noso tempo a mergullarnos nas hemerotecas locais de La voz de Galicia e La Región e demoslle formato de video para subilo ó tubo, aquí volo deixamos.

Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 31-10-2009 11:36
Queres comentar ou preguntar algo?
Reunión na consellaría entre a Plataforma e a Directora Xeral de Asistencia Sanitaria
Velaqui o resumo que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco envía sobre a reunión mantida onte en Santiago coa Directora Xeral de Asistencia Sanitaria:

Como posiblemente xa veríades na prensa, a directora de asistencia sanitaria na reunión mantida onte coa representación da Plataforma, confirmou que non se vai integrar a área sanitaria do Barco na de Ourense. Ante as nosas inquedanzas e preocupacións sobre se os orzamentos e a xestión ían estar separados en dúas áreas (Ourense e O Barco) a resposta foi afirmativa; parece ser que a súa única intención é integrar a Primaria e a Especializada na área.

Recriminámoslle o feito de non ter aclarado isto desde o principio de xeito oficial a través de declaracións da Conselleira e anunciámoslles que a Plataforma continuaría expectante ante a redación do decreto de integración de Primaria e Especializada, para ver se se cumpría o que nos anunciaron onte.
Tamén lles dixemos que esperábamos que se tivera en conta a opinión da cidadanía e dos profesionais para a redacción dese decreto de integración.

Este é, máis ou menos, o resumo desa reunión. A Plataforma reuniráse en asemblea o próximo mércores 28, ás 20 hs, no lugar de sempre, para valorar o acontecido e as actividades a realizar no futuro como Plataforma.


Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 23-10-2009 19:35
Queres comentar ou preguntar algo?
bando da alcaldesa de vilamartín
No PP de Valdeorras imponse a pleitesia a Santiago sobre o interese xeral da área


Esta imaxe que tedes á dereita é a do bando sacado en Vilamartín de Valdeorras pola alcaldesa Mª Jesús Candal.
Nél táchase de manipalación e política o traballo feito pola plataforma (que curioso ela que saca un bando co tema), da o seu total apoio á xestión do SERGAS en Santiago e fai creer a poboación que vamos a mellorar moitísimo co novo modelo.

Como dista isto do acontecido na mariña, onde o partido popular desa comarca posicionouse en contra das intenciois da Xunta e fixo que Feijóo e Farjas cambiaran o modelo que tiñan preparado nesa área para integrar primaria nela (ata o momento sólo son declaraciois). Na nosa área sen embargo estes politiquillos populares priman o seu desexo de gañar cotas no partido e non lles importa sacrificar a capacidade de xestión nun tema tan importante para os veciños e veciñas como é a sanidade.

Esperemos que cando cheguen as elecciois para elexir alcaldes e concellais o pobo teña memoria a dé a cada un o que se merece.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 14-10-2009 12:06
Queres comentar ou preguntar algo?
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco xa ten páxina web
Podedes xa consultar a páxina web da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco seguindo este enlace:

www.somosareasanitaria.blogspot.com


No blog da Plataforma darase conta das actividades que vai ir levando a cabo, asi como das novidades que se produzan. Tamén podedes deixar os vosos comentarios.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 11-10-2009 20:09
Queres comentar ou preguntar algo?
lazo morado; símbolo do apoio a área de O Barco
Incorporamos o lazo como mostra de apoio a área de O Barco.
Hoxe como tódolos mércores o persoal do HCV fixo unha concentración con corte de tráfico, en apoio da área única, o mércores que ven estamos de novo convocados a esta inicitiva en defensa dunha atención sanitaria digna para as nosas comarcas.

Por outro lado, ás 20 horas reúnese a plataforma en defensa da sanidade pública para iniciar unha serie de medidas en aras da concienciación da poboación.

Xa saiu da imprenta o cartaz que se distribuirá polos locais comerciais de toda área de saúde´, así como panfletos explicativos da nosa postura.
A partires desta semana a plataforma deberá intensificar o seu traballo para intentar chegar e sensibilizar a maior porcentaxe de poboación posible.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 07-10-2009 17:15
Queres comentar ou preguntar algo?
área da Mariña: o PP dá marcha atrás?


Según publica hoxe la voz de galicia na súa edición da Mariña, o PP dá marcha atrás, na integración das áreas de A Mariña e Monforte e incluso integrará nunha xerencia primaria e especializada no entorno da área sanitaria na que están agora.

Hai que lembrar que prácticamente en tódolos concellos da área sanitaria da Mariña leváronse iniciativas en apoio desta área que foron aprobadas por unanimidade.
A ver se toma nota o PP de Valdeorras e deixa de facer a política de confusión que están facendo.

Hoxe temos de novo reunión da plataforma ás 20 horas, veremos tras coñecer esta noticia que é o que fan os "nosos líderes" populares.

Dende CIG-Saúde non entenderíamos que a área de O Barco tivese trato distinto cá da Mariña, cando as peculiaridades dunha e outra son ben similares.



Aquí vos deixamos o artigo mencionado:



O PP di que o hospital de Lugo non xestionará os de Burela e Monforte

O deputado Balseiro afirma que Sanidade integrará asistencia primaria e especializada dentro da área mariñá

Queda por ver como se traduce e, sobre todo, que a Consellería de Sanidade confírmeo, pero todo apunta a que optou por dar marcha atrás e desistir do seu proxecto de crear un área sanitaria de ámbito provincial, o que, entre outras cousas, significaría que o hospital de Lugo xestionaría tamén os de Burela e Monforte, que perderían moita da súa autonomía. Aínda que se nega a recoñecer que Sanidade está rectificando os seus plans iniciais, o deputado popular José Manuel Balseiro comprometeu onte en Viveiro a súa propia palabra e a do PP, «partido que sustenta ou goberno dá Xunta», como aval de que a consellería «non suprimirá a área sanitaria dá Mariña», ao que engadiu que o Hospital dá Costa «non vai depender para nada do de Lugo».
Un anuncio que, reiterou o parlamentario e secretario provincial do PP, «está pactado coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas». Será ela quen, o próximo 14 de outubro, responderá ante o pleno da Cámara autonómica a unha interpelación que Balseiro tramitou con carácter urxente. Él non parece ter ningunha dúbida de como contestará Farjas cando lle pregunte no Parlamento se a Xunta «ten previsto manter á area sanitaria dá Mariña lucense, coñecida tecnicamente como Cervo-Burela».

«Resposta satisfactoria»


«Xa coñecemos a resposta», subliñou Balseiro. E explicouse: «Ninguén pode crer que eu sexa un suicida político ou que non PP sexamos tan temerarios como para preguntar por un tema [ao seu propio goberno] se non tivera a total seguridade dunha resposta satisfactoria».
O deputado popular adiantou a contestación que conta recibir de Pilar Farjas: «Sanidade non só non ten previsto suprimir á area sanitaria dá Mariña, senón que, ademáis, a intención dous responsables autonómicos de saúde é estudar a ampliación do catálogo de servizos e prestacións que a día de hoxe ofértanse non Hospital dá Costa».
Coa vehemencia que lle caracteriza cando parece sentirse seguro do que di, Balseiro insistiu en que o PP «cre e aposta polo Hospital dá Costa, polos seus profesionais e porque manteña a súa autonomía e importancia, porque siga sendo ou centro de referencia para vos veciños dá Mariña».
«Non dependerá de Lugo»
Agora a Xunta define ao hospital situado en Burela como «comarcal» aínda que leva anos equiparándoo a un «xeral básico». Categorías á marxe, o deputado popular reiterou onte en Viveiro que o hospital «non perderá servizos, non eliminaranse consultas e ninguén terá que ir a Lugo para recibir asistencia que agora lle prestan na Mariña». Tampouco, repetiu, «dependerá para nada do de Lugo» e, a maiores, a asistencia primaria será integrada dentro da especializada na área sanitaria mariñá. «Non falamos sen fundamento, senón coa forza e a lexitimidade de ser ou partido máis votado», engadiu.
Aínda que o venres, cando asegurou que A Mariña seguirá sendo área sanitaria, admitía que a xestión ecónomica, de persoal, de obras e de subministracións do Hospital dá Costa centralizaríase no de Lugo, polo que dixo onte Balseiro parece que tampouco será así. E sostén que «tampouco desaparecerá» a área sanitaria de Monforte.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 30-09-2009 11:57
Queres comentar ou preguntar algo?
a Xerente do SERGAS segue a confundir á poboación
Publícase hoxe unha entrevista en La Región á Xerente do SERGAS, Rocío Mosquera, na que lle preguntan qué vai pasar coa área de O Barco. A súa resposta non pode ser máis ambigua: por un lado fala de que non se vai modificar o "mapa territorial" (que non é o mesmo que o "mapa sanitario") e polo outro fala de "xestión integrada entre hospitais de primer e de segundo nivel" (que, ao noso parecer, non é outra cousa que a unificación de áreas). Deixámosvos aqui a parte da entrevista na que falan do tema e unha ligazón á entrevista completa:


Estos meses se puso en entredicho si el área sanitaria de Valdeorras iba a seguir con la misma autonomía.

Es una polémica que me resulta peculiar. Nosotros gestionamos sanidad, no política territorial. No hay ningún cambio en el mapa territorial, lo único de lo que hablamos es de una gestión integrada de la atención Primaria y Especializada y entre los hospitales de primer y segundo nivel. No sería eficiente tener todas las especialidades y servicios en hospitales con nivel inferior (en cuanto a población). Hay patologías tan poco frecuentes que si no se atienden en un nivel superior pierdes capacidad asistencial. Nosotros queremos que cada paciente tenga la mejor atención, independientemente de donde viva, lo más cerca de su domicilio dentro de sus necesidades. No vamos a perder recursos, porque sería poco práctico sacar servicios de O Barco, Verín, Burela u otro hospital comarcal que esté funcionando bien. Lo único es que saldrán ganando porque, al tener un hospital de referencia y trabajar conjuntamente con un hospital más grande, los profesionales estarán más preparados, más motivados y trabajarán mejor. Pero es importante que los ciudadanos entiendan que van a disponer de la misma cartera de servicios.

¿Con un gerente para los tres hospitales?


O somos capaces de tener objetivos únicos para todo el área o será muy complicado gestionar esto. En este momento no sé si habrá un gerente o tres porque está sin diseñar el decreto de estructura. Pero cada centro tendrá un directivo, una figura que pelee para que ese hospital trabaje en las mejores condiciones.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 27-09-2009 14:13
Queres comentar ou preguntar algo?
Burela empeza a "coller temperatura" no conflito da área
Hoxe en "la voz de galicia" na súa edición da Mariña hai un amplo reportaxe sobre a problemñatica de área en Burela, alí xase están presentando as primeiras mociois de apoio á área que de momento están sendo aprobadas por unanimidade. Trasladamos ó noso blog o recollidos nas páxinas de "la Voz de Galicia"

Sanidade elude aclarar se suprime a área sanitaria e intégraa en Lugo

Promete que o Hospital dá Costa «verá reforzada a capacidade de xestión, autonomía e carteira de servizos»

Parece complicado saber que ocorrerá coa área sanitaria da Mariña, así como canto e como repercutirá na asistencia o modelo de xestión que a Consellería de Sanidade prevé aplicar na comarca e na provincia. Por unha banda, o PP insiste en que A Mariña «non desaparecerá» como zona sanitaria, aínda que admite que coa «xestión integral dás áreas» centralizarase no hospital de Lugo a dirección de asuntos económicos, de persoal, de obras e de compras de todos os hospitais públicos lucenses. Por outra, a Consellería de Sanidade, que tras o clamor contra a supresión da área sanitaria mariñá e a integración do Hospital dá Costa no de Lugo, onte pronunciouse sen aclarar se a manterá ou a eliminará, aínda que, iso si, anuncia que o centro situado en Burela «verá reforzada a súa capacidade de xestión, autonomía e carteira de servizos».

Sanidade non confirma nin desmente ao parlamentario popular José Manuel Balseiro, quen ratifica as «explicacións pactadas coa conselleira de Sanidade» que ofreceu antonte, cando asegurou que a área sanitaria mariñá «continuará mantendo a súa denominación», aínda que onte foi máis contundente: «Non desaparecerá a área sanitaria dá Mariña lucense. Nunca foi esa a intención de Sanidade».

O deputado Balseiro insiste

E o deputado engade: «Non é certo que vaia a ser necesario trasladar a Lugo a pacientes que están a ser atendidos non Hospital dá Costa, nin para tratamentos cirúrxicos nin para consultas. Non són non van desaparecer ningunha dás especialidades médicas que hoxe ten ou Hospital dá Costa senón que, a maiores, Sanidade está a estudar a amplicación de servizos».

A conselleira de Sanidade e a xerente do Sergas anunciaron en xuño a creación dun área provincial, e a conselleira ratificou esta semana no Parlamento que preparan a «definición dúas plans operativos de cada área sanitaria».

O hospital é «comarcal»

Sen entrar nese asunto nin tampouco nas declaracións do deputado Balseiro, a consellería repetiu onte as vantaxes do «novo sistema de organización» para profesionais e cidadáns. No seu primeiro comunicado sobre o tema, subliña que Sanidade «reforzará ou papel do hospital comarcal de Burela» co obxectivo de «potenciar a axilización dá xestión, eficiencia e operatividade en beneficio dá poboación, reforzando a resposta resolutiva do hospital e dá atención primaria dá área». Define agora ao hospital mariñán como «comarcal», aínda que durante os últimos anos insistiu en que, pola súa carteira de servizos, equipárase a un «xeneral básico».

Como Sanidade cre que que o «esforzo» do que fala «permitirá dotar ó mesmo tempo, un reforzo entre atención primaria e especializada», incide nas críticas de Balseiro: «Neste marco, cómpre considerar que politizar un tema tan importante e de interese xeral coma é ou sanitario, só deriva na creacióno dunha polémica estéril e innecesaria na sociedade»

Balseiro anuncia que a consellería informará aos profesionais «nun seminario»

O parlamentario popular José Manuel Balseiro pon especial énfase cando defende o modelo de xestión sanitaria que prevé implantar Sanidade: «Falamos de mellorar e non de empeorar a asistencia sanitaria, como pretendían facernos ver algúns indocumentados políticos». E aínda que desde a consellería aínda non o fixeron público, o deputado anunciou antonte que os traballadores da sanidade pública na comarca «terán a oportunidade de coñecelo ou 15 de outubro, cando Sanidade lles dea conta deste sistema a través dun seminario que resolva todas as súas dúbidas».

Como proba dos beneficios que, na súa opinión, achega, o modelo «de xestión integral dás áreas sanitarias», Balseiro agrega que se está aplicando en diferentes comunidades autónomas españolas «e está defendido por gobernos de diversa cor política». Cita Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Cataluña, Estremadura, Canarias, Comunidade de Valencia, A Rioxa e Navarra.

A reacción dos traballadores preocupa a todos

Se finalmente Sanidade mantén o seu proxecto de crear un área sanitaria de ámbito provincial, o director da área sería o xerente do hospital da cidade de Lugo e, entre as súas competencias, estarían case todas as relacionadas cos traballadores do hospital, cando menos.

Por iso a reacción do persoal da sanidade pública preocupa a todos os políticos que están tomando posicións. De feito, o PP incide en que a mobilidade do persoal na provincia sería «voluntaria e pactada», apuntando tamén as vantaxes que, ao seu xuízo, reportaría o futuro modelo de xestión aos profesionais dos centros de saúde e do Hospital dá Costa.

Moi diferente, xusto o contrario, é o parecer da maioría dos preto de 600 empregados do hospital situado en Burela, como fixeron ver os seus representantes sindicais. E o BNG e CIG repiten que, se se suprime a área sanitaria da Mariña, producirase «un empeoramento nas condicións laborais dous traballadores e a conseguinte destrución de emprego».

Burela, Cervo e Mondoñedo piden por unanimidade que se manteña

Aínda que as posicións dos partidos políticos maioritarios sobre o futuro modelo de xestión sanitaria difiren, que Sanidade continúe sen concretar como o aplicará nin as súas consecuencias na comarca dá pé a unha cerimonia da confusión.

Nese contexto non sorprende que as corporacións municipais de Burela, Cervo e Mondoñedo aprobasen antonte, por unanimidade, reivindicar á Xunta que manteña a área sanitaria da Mariña. Fuentes municipais aseguraron que no pleno celebrado polos concelleiros mindonienses mantívose a proposta do bipartito PSOE-BNG que rexe o Concello, apoiada polo PP e polo Partido Galeguista.

Non ocorreu o mesmo en Cervo e en Burela. Os edís cervenses debateron a moción presentada polos nacionalistas, aínda que finalmente todos votaron a favor da emenda introducida polo PP, maioritario na corporación. O mesmo ocorreu no pleno burelense, que antonte á noite se pronunciou deixando constancia de que o Concello de Burela «defende que se manteña a actual área sanitaria do norte lucense, ampliando as competencias que tén na actualidade, así como ou catálogo de servizos que se ofrecen non Hospital dá Costa, integrando tamén dun xeito coordinado ós distintos centros de saúde de primaria».
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 26-09-2009 14:51
Queres comentar ou preguntar algo?
A Mariña tamén se mobiliza
O persoal do Hospital da Costa de Burela, mobilizouse hoxe tamén en defensa da súa área sanitaria.
A área sanitaria da Mariña, xunto coa de O Barco, a de Monforte e a do Salnés, son as que soan mais forte para a súa eliminación e incorporación nas de Lugo, Ourense e Pontevedra.

@s compañeir@s de CIG-Saúde do Hospital da Costa dan así o primeiro paso para mobilizar o resto de forzas sindicais e organizaciois políticas e sociais para nesta área tamén constituir unha Plataforma en defensa da súa área sanitaria.

O dia 2 de outubro pode ser a data de constitución da mentada plataforma.

BENVID@S Á LOITA COMPAÑEIR@S
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 23-09-2009 19:24
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración e recollida de sinaturas pola área
Esta mañá estivemos ás portas do HCV recollendo sinaturas pola área. A resposta está a ser moi boa, levamos recollidas xa unhas 600 sinaturas.


Ás 13:30 levouse a cabo unha concentración de traballadores e traballadoras diante do Hospital, na que participaron tamén algúns usuarios e usuarias. Ao finalizar a mesa, a asemblea de traballador@s decidiu volverse mobilizar o mércores que ven á mesma hora (13:30).


Lembrámosvos que hoxe ás 20 hs celébrase a reunión da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, de onde, esperamos, saian xa propostas de actividades a levar a cabo para reivindicar a área. Nós, cando menos, propoñeremos algunha.


Seguimos loitando:

SOMOS UNHA ÁREA!!!
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 23-09-2009 15:05
Queres comentar ou preguntar algo?
empezamos a coller sinaturas
Como xa publicamos, hoxe a Xunta de Persoal da área de O Barco empezou a repartir folletos informativos no Centro de Saúde de O Barco, aproveitamos tamén para empezar a recollida de sinaturas do manifesto da plataforma en defensa da área; recolléndose xa mais de 200.

Deixaremos follas de recollida de sinaturas en tódolos Centros de Saúde, a medida que vaiamos indo; de momento xa as tedes no Centro de Saúde de O Barco e no HCV

Mañá estaremos en A Rua e Vilamartín e vistaremos o resto de centros de saúde da área no resto da semana.

podedes descargar as sinaturas de apoio, picando aquí
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 21-09-2009 12:48
Queres comentar ou preguntar algo?
manifesto plataforma en defensa da sanidade pública
O xoves aprobouse por representantes de diversas organizaciois sociais da área de Valdeorras o manifesto que marcará os principios básicos da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Valdeorras, a maioría dos alí presentes xa asinaron o documento e na reunión do mércores da Plataforma o poderán facer todas aquelas organizaciois que non o asinaron ben por ausencia ou por telo que debater entre a súa xente. Aquí abaixo deixámosvos o manifesto íntegro e a partires da semana que ven empezaremos a recoller sinaturas en apoio do manifesto a nivel de rúa.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco, conformada por veciños e veciñas e organizacións de distinto tipo pertencentes ás comarcas de Valdeorras, Trives e Viana do Bolo
manifesta como principios xerais da mesma:

 A necesidade de manter a Área de Saúde do Barco para asegurar unha calidade digna da asistencia sanitaria da poboación de Trives, Viana do Bolo e Valdeorras. En vista das peculiaridades xeográficas, orográficas, poboacionais, socioeconómicas e de infraestruturas desta área, e ante a intención da supresión da mesma para integrala na de Ourense, a Plataforma manifesta a súa oposición a esta supresión, e a necesidade dunha Área Sanitaria propia e forte como
garante dunha asistencia sanitaria de calidade.

 A defensa da sanidade pública, único xeito de garantir o acceso da poboación á sanidade en igualdade de condicións.

 A loita por unha boa calidade asistencial na Área Sanitaria do Barco, coa mellora contínua da dotación, tanto humana como técnica, que permita asegurar que os veciños e veciñas destas comarcas reciben.

____________________________________________


tamén deixamos os enlaces á prensa tal como deron a noticia incluindo as declaraciois de altos cargos do PP que seguen a vender fumo e a intentar despistar á xente falando da unificación de primaria e especializada, cando nós o que reivindicamos é a non eliminación da área de O Barco. Claro que eles teñen que ocultar dalgún xeito que o seu verdadeiro fín é o aforro de diñeiro para derivalo á sanidade privada. Pero diso xa falaremos mais adiante.

a noticia en la voz de galicia

a noticia en la región
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 18-09-2009 23:47
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración polo mantemento da área
O persoal do HCV participou hoxe nunha nova concentración en defensa do mantemento da área de saúde de O Barco.

A semana que ven a Xunta de Persoal da área de O Barco imos percorrer os centros de saúde de toda a área co fin de ofrecer información ós usuarios e usuarias desta área dos graves problemas que poidera ocasionar a nosa desaparición como área.

o luns estaremos no centro de saúde de O Barco
o martes estaremos en Vilamartín e A Rua
o mércores no HCV
o xoves en Petín, Larouco, O Bolo, Viana, A Veiga e Vilariño
e o venes en Trives, Manzaneda, Rubiá e Sobradelo.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 17-09-2009 14:18
Queres comentar ou preguntar algo?
retomamos as accións por conservar a nosa área
A partires do luns 21 dende a Xunta de Persoal da área de O Barco levaremos unha campaña informativa no HCV e nos centros de saúde da área para tentar concienciar á poboación afectada da situación en que quedaríamos de seguir adiante coa tentativa do partido popular de eliminar a área de saúde de O Barco e integrarnos na de Ourense.

Lembramos que mañá ás 20 horas no multiusos do concello, celebrarase unha reunión da plataforma en defensa da área para marcar a estratexia a seguir, á que estades todos convidad@s
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 15-09-2009 14:13
Queres comentar ou preguntar algo?
o PP por fin da a cara; quere finiquitar a área de o Barco

Ata o de agora as respostas do Partido Popular con respecto á eliminación da área de O Barco deixaban entrever que era o que tiñan proxectado `pero eran bastante ambiguas. Onte por fin diron cara, a súa intención é integrarnos coa de Ourense, xa publicamos onte o comunicado que nos foi enviado polo BNG sobre este tema e hoxe La Voz de Galicia o publica, este de abaixo é o artigo en "La Voz de Galicia"



A Xunta integrará Valdeorras nun área sanitaria de xestión provincial


O PP asegura que non afectará á atención aos pacientes mentres que PSOE e BNG din que a empeorará

Valdeorras integrarase nun área sanitaria de xestión integrada que abarcará toda a provincia ourensá. O PP confirmou onte na comisión de Sanidade do Parlamento esta decisión. O seu portavoz, Rosendo Fernández, explicou que a medida se toma para racionalizar a xestión e que iso non afectará á atención que reciben os pacientes do oriente ourensán. Con todo, PSOE e BNG temen o contrario.

Aínda que a supresión da área sanitaria valdeorresa estaba na axenda do goberno autonómico, nin a conselleira de Sanidade nin ningún outro cargo político confirmárona tajantemente aínda. Tivo que ser onte, durante o debate de dúas proposicións de lei presentadas por PSOE e BNG en defensa do seu mantemento, cando se disiparon as dúbidas.

O ourensán Rosendo Fernández explicou, como portavoz do PP, que se creará un área de xestión integrada pero matizou que «ninguén quere quitar nada aos cidadáns». A calidade da atención que reciben os cidadáns será ata maior porque, segundo dixo, mellorarase a xestión sanitaria. O deputado do PP dixo que os receos de PSOE e BNG ante esta decisión ten un compoñente xeográfico e político e explicou que esta medida xa se tomou noutras comunidades autónomas. «Ou que quere aplicar ou PP non é nada novo», dixo. Ademais Fernández sacou a relucir un estudo datado a 31 de decembro de 2007 e encargado polo bipartito no que xa se prevía a división provincial das áreas sanitarias.

Socialistas e nacionalistas responderon que se trataba dunha proposta da consultora encargada de redactar o estudo e que tal medida non foi aplicada nin tida en conta. Tareixa Paz, do BNG, dixo que a integración de Valdeorras na área sanitaria ourensá debilitará ao hospital do Barco porque «sería inevitable que ou peixe grande non acabe engulindo ao peixe pequeno».

Carmen Acuña, do PSOE, engadiu que os problemas para contratar especialistas en Valdeorras pódense ver agravados posto que as recentes carencias de persoal solucionáronse con listas de contratación propias para a área sanitaria. «Podería ocorrer que se desmantelase O Barco para solucionar as carencias de capital», aventurou a política socialista. Acuña dixo que para os intereses de Valdeorras sería ata máis útil integrarse nun área sanitaria xestionada desde Monforte ou desde O Bierzo que desde Ourense. Nesa mesma liña manifestouse Tareixa Paz, que explicou que o centro de xestión da área estará a máis de 130 quilómetros dalgúns municipios da zona.

Tanto socialistas como nacionalistas rexeitaron, tras unha acalorada discusión fóra dos micros, unha emenda do PP á súa proposición non de lei. Nela incluíase a advertencia de ter en conta os artigos 67 e 68 da Lei de Saúde, que basicamente establecen a necesidade de organizar territorialmente as áreas en función das necesidades dos pacientes. PSOE e BNG rexeitaron este punto porque dixeron que nas decisións gobernamentais debe sobreentenderse o respecto á lei e a socialista Acuña considerou a proposta como unha ofensa a Valdeorras.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 05-09-2009 12:07
Queres comentar ou preguntar algo?
o PP rexeita unha moción para a non modificación da área sanitaria de o barco
O pasado mércores 2 de setembro, membros da plataforma en defensa da área sanitaria de O Barco acordaron en reunión pospoñer todo tipo de acciois á espera de ver que postura adoptaba partido popular no parlamento galego ante duas propostas unha do bng e outra do PSOE polo mantemento da área sanitaria de o barco. De momento solo nos chegou información do que pasou na proposta do BNG, que nos fixeron chegar un comunicado no que como xa imaxinábamos nos dí que o PP votou en contra da proposición non de lei presentada por esta organización; trasladamos aquí o comunicado de prensa íntegro do BNG, así mesmo de chegarnos fariamos o propio co do resto de partidos, aproveitamos para convidar a toda a xente preocupada por esta ameaza á próxima reunión da plataforma que será o martes 8 ás 20 horas no salón de actos do multiusos do concello.

O PP REXEITA NO PARLAMENTO DE GALIZA A INICIATIVA DO BNG PARA QUE A XUNTA MANTEÑA A ÁREA SANITARIA DE VALDEORRAS

Tereixa Paz considera que “o PP demostrou que defende claramente a súa supresión” e advirte de que “isto provocará importantes prexuízos para todos os habitantes de Valdeorras, Viana do Bolo e Trives, ao teren que depender directamente de Ourense”

Santiago de Compostela, 4 setembro 09.- A iniciativa do BNG na que se lle pedía á Consellaría de Sanidade que mantivese a Área Sanitaria de Valdeorras foi rexeitada este mediodía no Parlamento Galego debido a que o Partido Popular votou en contra dela.

Para a deputada do BNG e autora da iniciativa, Tereixa Paz “o Partido Popular deixou ben claro que defende a supresión da área sanitaria”, unha decisión anunciada pola Consellaría de Sanidade que “provocaría unha redución na caildade de atención sanitaria a todos os habitantes das comarcas de Valdeorras, Viana do Bolo e Trives, ás que actualmente presta servizo o hospital do Barco”.

En concreto, a Proposición non de Lei do BNG demandaba que o Parlamento de Galiza instase ao Goberno Galego a “manter o mapa sanitario de Galiza no que atinxe á área de saúde do Barco nos termos establecidos no Decreto 50/1992 de 14 de febreiro, mantendo a área sanitaria do Barco integrada polas comarcas de Valdeorras, Viana do Bolo e Trives e a ubicación da súa Xerencia na localidade do Barco, con todas as competencias que ten na actualidade”.

O BNG non aceitou unha emenda do Partido Popular xa que, segundo Tereixa Paz, “viña a demandar que fose a Consellaría de Sanidade a que decidise a súa continuidade ou non, e xa sabemos cales son as intencións da Consellaría”.

Importantes prexuízos para os habitantes da comarca e para o persoal que traballa no Hospital do Barco

A deputada nacionalista lembrou o “malestar e a alarma” que crearon as declaracións tanto da conselleira de Sanidade como do Xerente do SERGAS
nas que anunciaron a súa intención de unificar as áreas sanitarias actualmente existentes na provincia (Ourense e o Barco) converténdoas nunha soa que tería un único xerente coa súa base na cidade de Ourense.

A este respeito, Tereixa Paz advertiu de que “a supresión da Área Sanitaria de Valdeorras suporía unha merma importante nos servizos ofertados, así como na calidade dos existentes, porque o Hospital do Barco pasaría a ser secundario na área sanitaria que se crease, que tería como referente ao Hospital de Ourense, que ten as súas propias necesidades”.

“É necesario manter a Área Sanitaria de Valdeorras e que a xerencia estea no Barco, porque só así teremos un servizo sanitario próximo, implicado e coñecedor das necesidades da comarca e unha xerencia máis sensible ás demandas de mellora desta área sanitaria”, subliñou.

Ademais, Tereixa Paz advertiu “dos importantes prexuízos para o persoal tanto sanitario como non sanitario do hospital do Barco, xa que a xerencia do mesmo estaría afastada máis de 115 quilómetros”.

Por último, a deputada do BNG lembrou que “foi a presión na rúa dos veciños e veciñas de Valdeorras a que obrigou a Xunta a crear a Área Sanitaria de Valdeorras no ano 1992, unha conquista que agora o Partido Popular quere tumbar, deteriorando o servizo de atención sanitaria na comarca”.

SAÚDOS: Gabinete de Prensa do BNG.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 04-09-2009 23:48
Queres comentar ou preguntar algo?
concentracion en contra da supresión da área sanitaria
Hoxe levamos a cabo unha concentración en defensa da nosa área sanitaria, previamente tivemos unha asemblea de persoal onde se detallou o acontecido na reunión de mesa sectorial celebrada onte no punto que mais nos afectaba que era o da ordenación sanitaria, xa explicado no post de mesa sectorial.

Así mesmo a asemblea ratificou as concentraciois que se farán os 2 xoves restantes do mes de xullo ás 13,30 na porta do HCV. debido á importancia do asunto pedimos ó persoal que faga un pequeno esforzo por acudir ás mobilizaciois que se convoquen.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 17-07-2009 14:39
Queres comentar ou preguntar algo?
Escrito Conselleira sobre a área sanitaria
Velaqui o escrito que desde CIG-Saúde se lle acaba de enviar á Conselleira para que convoque a Mesa Sectorial a fin de expoñer o proxecto de unificación de áreas sanitarias, do que existe certo "escurantismo". Pensamos que é tema de Mesa Sectorial e esperamos que sexa convocada para que por fin se informe concretamente do que se pretende facer.


Ante a situación que se está a xerar nas distintas áreas sanitarias motivada polos reiterados posicionamentos que Vde. realiza perante a opinión pública, sobre a creación das áreas de xestión únicas e o que isto conleva, tanto no plano asistencial como laboral. Desde a CIG-SAÚDE solicitamos que antes de tomar ningunha decisión ao respecto se aborde este tema na Mesa Sectorial. Entendemos que este tema é competencia negociadora deste ámbito.

Neste momento as organizacións sindicais non dispoñemos de ningunha información do proxecto en cuestión; é polo que solicitamos que, á maior brevidade posible, se nos convoque á reunión de Mesa Sectorial para abordar este tema.

Agardando a súa resposta.

Un saúdo.


Compostela, 10 de xullo de 2009.

Asdo: Mª Xosé Abuín Alvarez.

Secretaria Nacional da CIG-SAÚDE.

Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 10-07-2009 09:32
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis