|
|
|
Ben Falado: carta dunha emigrante |
|
Carta dunha emigrante retornada, un documento interesante que reflesiona sobre a nosa lingua
|
|
|
|
o apelido "rei" e o dominio .gal |
|
|
|
|
|
das orixes do topónimo Ferrol e a lingua en O Barco |
|
|
|
|
|
Polonia-Galiza |
|
|
|
|
|
pontedeva |
|
no capítulo de ben falado que publicamos hoxe, fálase deste concello de Ourense que foi o primeiro concello de Galiza que se dirixiu por escrito ó rei Carlos IV en galego alá polo 1805.
|
|
|
|
moito, muito, muto,mutio |
|
moito, muito, muto, mutio; como se dí na túa zona?
|
|
|
|
os apelidos |
|
hoxe publicamos o capítulo 4 do programa ben falado que fala da orixe dos apelidos, é facil que nél podas ver a procedencia do teu.
na web dos apelidos de Galiza, podedes ver o úmero de galegos que hai con cada apelido e de que concello son, non tedes mais que premer aquí para vela.
|
|
|
|
sobre a orixe da palabra valdeorras |
|
a semana pasada abrimos unha nova sección para trasladar ó noso blog algúns capítulos do programa "ben falado!" da TVG, que versa sobre a nosa cultura e lingua, hoxe publicamos o capítulo 50 no que se fala das orixes da palabra Valdeorras e o galego no instituto Lauro Olmo de O Barco, nas imaxes pódese apreciar a paisaxe que caracteriza á nosa comarca.
Estoutro, o capítulo 8, vainos servir de axuda para orientarnos a non cometer algúns erros na escrita do galego; tamén fala de Lugo e das cantigas de Santa Maria de Alfonso X O sabio.
|
|
|
|
ben falado |
|
Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal.
Ben falado! é como un prato combinado, pois o telespectador accederá a explicacións do seu apelido e do nome do lugar onde vive; a curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas; ao sentido de ditos e refráns. Este espazo reflicte como se move a lingua nos colexios, nos institutos, nos movementos xuvenís, nas empresas, na Internet. Tamén amosa o que foi a lingua galega na Idade Media e o que é hoxe nun contexto internacional: novas tecnoloxías como tradución automática, a síntese de voz, o mundo dos blogs, o Punto Gal, as televisións escolares en galego, etc. O programa coñece a especialistas estranxeiros que traducen a nosa literatura ás súas linguas ou que fan dicionarios bilingües para poderen despois traducir do galego ás súas linguas e viceversa.
Este é un microespazo lingüístico con propósito de divulgación científica. Tamén a infancia está presente para dar a ver a enorme creatividade que a lingua galega esperta maiormente na infancia, na xente moza, no mundo literario ou musical, no sector sanitario, no empresarial.
Polo interese que teñen estes documentos para o coñecememnto e a transmisión da nosa língua e cultura, tódalas semanas imos colgar algún deles, hoxe poñemos o 1º capítulo no que se fala da procedencia da palabra Galiza e as palabras milenarias que temos na boca contadas por alumnos de bertamirans.
e neste de abaixo, o número 40, unha nai e o seu xinecólogo falan sobre a regalia da fala, tamén veremos varias denominaciois para o lobo.
|
|
|
|