CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

estamos na web nova
aqui xa non atendemos,
a partir do 1º de maio de 2010
estamos na web nova:


www.cig-saude.org/OBARCO
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 01-05-2010 00:00
Queres comentar ou preguntar algo?
Nós tamén nos trasladamos: nova web de CIG-Saúde O Barco

Desde hai un tempo vimos preparando a que será a nova web de CIG-Saúde O Barco, despois dun periodo de tres anos aloxados na blogoteca, pensamos que satisfactoriamente, máis chega un punto en que temos que dar o salto e establecernos no noso propio servidor.

Queremos primeiro de nada agradecerlle a Fran o seu traballo e a súa axuda coa nova web. Tamén agradecer aos administradores da blogoteca que nos facilitaran estes tres anos a labor.
E, por suposto, agradecer a todas aquelas persoas que nos visitástedes que nos axudarades a construir esta ferramenta de traballo que é o noso blog.

Esta noite ás 24 hs, ou sexa mañá, primeiro de maio, día da clase obreira, inauguraremos a nova web, podedes atopala en www.cig-saude.org/OBARCO. Alí poderedes continuar como ata o de agora recibindo información, expoñendo as vosas inquedanzas, suxestións ou críticas, facendo preguntas, etc... Por alí seguiremos. A partir das 0 horas desta noite, ou sexa, a partir de mañá, este blog seguirá únicamente para poder ser visualizado, mais non contestaremos nin comentarios, nin preguntas, nin publicaremos nada de nada. A partir de mañá, todo na nova web. Convidámosvos a pasar por alí.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 01-05-2010 00:00
Queres comentar ou preguntar algo?
Facendo plans para a fin de semana...
Imos facer unha especie de resumo dos diversos eventos reivindicativos e culturais que hai esta fin de semana, para aqueles que queirades participar nalgún, ou en todos eles:

* Mañá venres, 16 de abril, ás 20 hs, parte desde a Praza da Ferraría de Pontevedra, a manifestación contra a privatización convocada pola "Plataforma contra a privatización e polo Hospital Único de Pontevedra".





* O Sábado, 17 de abril a partir das 19:30 hs, poderedes gozar no Recinto Feiral, tamén en Pontevedra, do histórico Concerto de Queremos Galego, en defensa da nosa lingua e contra o decreto do galego no ensino, concerto no que participan grandes grupos e solistas do panorama musical galego, tais como Fuxan os Ventos, Lamatumbá, Berrogüeto, A Quenlla, Galegoz, Os tres trebóns, Fía na Roca, Ruxe-Ruxe, Uxía Senlle, Espido, García MC, Os Carunchos, Tino Vaz, Roi Casal, Zurrumalla... Cun elenco así, non podedes perdervos tan histórica actuación, ao tempo que reivindicamos a dignidade que merece a nosa lingua. Inda podedes mercar as vosas entradas na web de queremos galego, ou premendo nesta imaxe:




* O domingo, 18 de abril, A Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" convoca en Santiago unha manifestación de apoio ao pobo cubano e en contra da manipulación informativa que se está a vivir últimamente ao respecto. Sairá ás 12:30 hs desde a Alameda de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 15-04-2010 11:43
Queres comentar ou preguntar algo?
enchufismo da xunta
artigo extraido de La Voz de Galicia

Dous cargos de Facenda optan a un posto da Xunta e á vez son membros de tribunal

Dous compañeiros seus nunha mesa de avaliación puntuarán as súas probas de acceso ao corpo superior

Ambos son funcionarios cualificados da Administración autonómica. Pero, á marxe da súa xornada, dedican unhas horas a desempeñar a súa faceta de opositores e outras cantas a exercer como membros dun tribunal de oposición para a mesma categoría á que optan. Dous xefes de servizo da Dirección Xeral de Orzamentos, departamento adscrito á Consellería de Facenda, están a concorrer mediante promoción interna a unha praza do corpo superior da Xunta (subgrupo A1) cando, á vez, forman parte do tribunal encargado de avaliar aos aspirantes a ingresar en devandito corpo pola vía do acceso libre.
Dáse a circunstancia de que os dous procesos selectivos convocados pola Administración galega para a categoría A1 (a promoción interna e o acceso libre) posúen tribunais diferenciados, aínda que ambos están presididos pola mesma persoa: Joaquín Macho Canales , adscrito ao corpo de letrados da Xunta. Pero non é o único nome coincidente, pois Lorena Otero López, tamén letrada, actúa como presidenta suplente nun tribunal (o de acceso libre) e como secretaria no outro (o de promoción interna), o que coloca a estes dous xuíces ante a tesitura de ter que avaliar e puntuar a quen sentan con eles na mesa nun dos procesos.
O caso dos dous xefes de servizo da Consellería de Facenda que están a promocionar do subgrupo A2 ao A1 foi destapado por persoas coñecedoras deste proceso selectivo, que aprecian nesta situación unha «flagrante colisión de intereses» que pon en dúbida a imparcialidade da convocatoria pública.
Pendentes de probas finais
Ambas as oposicións empezaron a desenvolverse a principios deste ano e nestes momentos están pendentes das probas finais. No caso da selección por acceso libre e consolidación de emprego, os aspirantes están en fase de ler o tema e resolver o caso práctico. No que respecta á promoción interna, só está pendente de celebrar o caso práctico, fixado para o próximo 12 de abril.
Tanto Francisco Javier B.F. como María Dolores S.V. -estes son os nomes dos xefes de servizo que concorren polo proceso de promoción interna-superaron con fartura a primeira proba, tipo test, do proceso selectivo. O primeiro deles, que é xefe do servizo de Programas Orzamentarios Xerais, obtivo unha puntuación de 15 sobre 20 e o posto 18 dos 94 aspirantes. A segunda, que é xefa do servizo de Análise de Plans e Proxectos, recibiu unha cualificación de 14,5 no test, a vixésimo quinta mellor nota do exame.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 23-03-2010 13:42
Queres comentar ou preguntar algo?
organizando o blog
Últimamente estamos a ter centos de preguntas sobre temas distintos nun mesmo ou varios post que non son os adicados a preguntas, somos conscientes que é clarificador facer preguntas sobre o post que sexa co obxecto de aclarar as cousas, pero esta aclaración veise difuminada cando entran preguntas que pouco o nada teñen que ver co post en cuestión; por exemplo o último post sobre o que aconteceu na negociación do novo pacto, aparte das preguntas que versan sobre o tema, entran multitude de preguntas de como está agora o pacto actual que non teñen nada que ver co novo pacto.

Polo tanto apartir de agora non imos respostar mais preguntas nos artigos que non sexan de preguntas despois dos dous dias seguintes a súa publicación e nunca se non teñen que ver co asunto en cuestión, ata o de agora estábamos derivando ó persoal á sección correspondente, dende agora simplemente non contestaremos a non ser que se faga nos apartados correspondentes ás preguntas.

Tamén seguimos insistindo en que nos apartados de preguntas se fagan sólo preguntas e non comentarios, estes faceinos nos post que creades mais adecuados.

A atención a este blog lévanos moitísimo tempo e traballo, polo que pedimos a vosa colaboración á hora facer e dirixir as preguntas e comentarios.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 02-03-2010 13:16
Queres comentar ou preguntar algo?

CIG-Saúde O Barco deséxavos a tod@s que pasedes unhas boas festas
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 24-12-2009 23:25
Queres comentar ou preguntar algo?
a xerente do HCV participa nun pleno do concello da Veiga nun día laborable
O pasado venres pola mañá, produciuse no concello da Veiga, pertencente á comarca de Valdeorras, unha moción de censura contra o alcalde ata ese momento, Fernando Fernández, do PSOE, por parte dos concelleiros do PP xunto con "independentes" deste municipio. Isto é, últimamente, a tónica habitual nos concellos nos que existen independepentes que no seu momento foron excindidos do PP. Ou sexa, é algo que non nos sorprende.
O que nos deixa un chisco "estupefact@s" é que estivera presente nese acto, celebrado un día laborable de mañá, a nosa xerente, Mª Jesús Magadán, segundo un artigo publicado onte no diario "El Pais". Aqui vos deixamos o artigo, cada un que saque as súas propias conclusións:

La gerente del hospital comarcal de Valdeorras, María Jesús Magadán, formó parte del séquito del PP que el pasado viernes acudió al multiusos de A Veiga para arropar la moción de censura promovida por este partido contra el alcalde socialista, Fernando Fernández. Magadán, vinculada al PP a través de acta de concejal que tiene en A Rúa, está casada con el número dos de este partido en A Veiga, Rogelio García Mata, desde el viernes en el gobierno local.

Su presencia, en un día laboral, formando parte de la clac que alentaba la moción con la que el PP provincial desalojaba de la alcaldía al PSOE molestó a los socialistas, que entienden que la gerente del hospital valdeorrés no incurrió en falta laboral, pero puso de manifiesto que "se mueve por el interés partidista más que por el sanitario". "Fue una absoluta falta de ética", sostienen.

Fuentes hospitalarias consultadas por este diario señalan que el puesto de alta dirección que ocupa Magadán no le obliga a tener una jornada laboral convencional de ocho horas. "Se entiende que un día puede trabajar siete horas y otro 20; no tiene que dar cuentas", con lo que no es necesario que pida día libre para ausentarse de su trabajo. "Sólo tiene que pedir las vacaciones a la gerencia del Sergas, el resto lo distribuye ella", motivo por el que puede mantener su acta de concejal y asistir a las sesiones en A Rúa.

El viernes, la directora del hospital valdeorrés decidió respaldar en un acto partidista a su marido, desde ahora portavoz del grupo de gobierno, "en lugar de dedicarse a la gerencia sanitaria en una comarca en donde hay bastantes carencias", señala la secretaria de Organización del PSOE orensano y parlamentaria, María Quintas. El malestar de los socialistas les ha llevado a registrar una pregunta en el Parlamento, relativa al "uso partidista" del horario laboral de la gerente hospitalaria.

El portavoz del gobierno compara el ambiente del pleno "con el 36"


El portavoz del PP y marido de Magadán, Rogelio García, justifica la presencia de su mujer: "Es absolutamente libre para acudir a donde quiera". García equipara la presencia de su esposa en la sesión plenaria a la de los alcaldes socialistas de O Barco o Vilardevós. "El PSOE, situado en la extrema izquierda, cree que sólo los suyos tienen derechos y que los demás no; niega las libertades", replica el popular, quien además cree que el viernes era necesaria la intervención de las fuerzas de seguridad, que no se produjo, para desalojar a los socialistas: "Fueron con pitos a reventar una sesión que era la representación del pueblo". Además, acusa a algunos representantes institucionales del PSOE de haber proferido injurias "por las que tendrán que responder".

El viernes, en el pleno de A Veiga, tanto PP como PSOE tenían clac. Entre los socialistas no estaba el recién elegido secretario general de la provincia, Raúl Fernández. "Tenía trabajo en el colegio público de Oímbra y se quedó en su puesto", señalan los socialistas. García Mata cree que el ambiente que se respiraba en el multiusos en el que se celebró el pleno de la moción era "como el del 36".

Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 30-11-2009 11:07
Queres comentar ou preguntar algo?
Sanidade incrementará os postos de alta dirección
artigo extraido de el país

Os subdirectores xerais de Sanidade, que ata agora son persoal funcionario elixidos por libre designación, pasarán a ter contratos de alta dirección se prospera un decreto que ten a consellería sobre a mesa. Segundo denuncia a Confederación Intersindical Galega (CIG), non será necesario ser funcionario nin licenciado universitario para chegar ao cargo, cando ata agora se requiría ostentar un posto de funcionario do grupo A.

A CIG recorreu o parágrafo do novo decreto que cambia os requisitos para acceder ás subdireccións xerais, xa que se incrementa o número de altos cargos e bastará ser amigo do PP para acceder a eles". A Consellería de Sanidade que dirixe Pilar Farjas non explicou os fundamentos desta decisión e as súas repercusións nos orzamentos a pesar das repetidas peticións deste xornal. O departamento de comunicación directamente non contestou.

Con todo, o borrador do decreto que se está negociando enuncia que o cambio realízase de conformidade co establecido na Lei de Saúde de Galicia. No seu artigo 121.2 apunta que "a designación do persoal directivo será realizada (...) mediante nomeamento de libre designación para o persoal funcionario ou estatutario fixo ou con contrato de alta dirección para o caso do persoal que non acredite esta condición".

A responsable de sanidade da CIG, María Xosé Abuín, cre que esta lei, aprobada polo bipartito, dá carta branca a Sanidade para nomear a quen estime oportuno con "opacidade e maior gasto de diñeiro". Outros sindicatos, como UXT e CC OO, pensan que hai tamén outros parágrafos problemáticos no decreto que prepara Sanidade, xa que "o persoal que se integra no Sergas non adquire todos os dereitos dos que xa son funcionarios".
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 24-11-2009 12:03
Queres comentar ou preguntar algo?
lotaría do nadal

Xa temos á vosa disposición no noso local participacións de 5 euros da Lotaría de Nadal da CIG como a que vedes na imaxe, con ese número que de seguro nos vai facer millonari@s a tod@s.

Se queredes algunha participación non tendes máis que pasar polo local.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 30-10-2009 08:59
Queres comentar ou preguntar algo?
prazas de formación
CIG-SAÚDE INFORMA


Publicada no BOE de hoxe, 22 de setembro 2009, a orde do 14 de setembro pola que se convoca a proba selectiva 2009, para o aceso no 2010 a prazas de formación das especialidades de enfermería Obstétrico-xinecolóxica (Matrona), de Enfermería de Saúde Mental e de Enfermería do Traballo.




Orden do 14 de septembro, publicada non BOE de hoxe, 22 de setembro 2009 pola que se aproba a convocatoria de probas selectivas 2009 para o acceso no ano 2010 a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos, Químicos, Biólogos, Bioquímicos, Psicólogos e Radiofísicos Hospitalarios.

Podedes ver as dúas convocatorias no BOE de hoxe.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 23-09-2009 09:03
Queres comentar ou preguntar algo?
A Banda da Balbina e Lolo Arincón, na Veiga ao vivo
Os gañadores de A Polo Ghit 2009 participarán a madrugada do sábado ao domingo no Festival da Serra do concello valdeorrés.

Os gañadores de A Polo Ghit 2009, tanto na categoría do xurado como do público, actuarán ao vivo esta fin de semana. Será no marco do Festival da Serra, no concello da Veiga, a partir da medianoite do sábado. O programa Máis berberechos da Radio Galega, co-organizadora do certame xunto con Vieiros, emitirase en directo dende ese emprazamento.

Pola praza da Veiga pasarán os grupos A Banda da Balbina -gañador do premio do xurado-, Lolo Arincón -vencedor do do público-, Cuchufellos, Faneca Brava -estes dous tamén participaron nesta cuarta edición de A Polo Ghit- e De Carallo. Nos intervalos, a compañía de Cabaret Lilí Berlín de Blanca Cendán ofrecerá o seu espectáculo.

O domingo continuará a programación especial da radio pública, pois, de nove da mañá a unha da tarde, o programa Extrarradio, presentado por Belén Regueira, Eduardo Herrero e Susana Rios, emitirá contidos relacionados coa comarca e contará coas actuacións da Banda da Balbina e de Cabo da Vila.

fonte vieiros

Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 05-09-2009 00:10
Queres comentar ou preguntar algo?
renovamos cabeceira
Como vedes, acabamos de darlle un novo aire ao blog. Despois de dous anos e medio de aventura blogueira, acordounos que estaría ben remozar un chisco a web cambiando a cabeceira.

Un chisco de ar fresco nunca senta mal, sobre todo tendo en conta a difusión que ten este blog, que chega ata "altas instancias" (témolo constatado en varias ocasións).

Total, que agardamos con esta nova cabeceira seguir facendo o posible por informar e asesorar a todas aquelas persoas que visitades o blog de CIG-Saúde O Barco.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 03-09-2009 11:35
Queres comentar ou preguntar algo?
son de meiga: a garda civil okupa valdeorras
Cecais alguén de vos teña pensado acudir a algún dos concertos de son de meiga que se están a celebrar estes dias en O Barco. Pois ben, advertimos que toda a comarca está okupada pola benemérita, controles de alcolemia, cacheos con moi malas foras a vista de toda a xente, etc etc, son habituais estes dias.

O festival son de meiga que pretendía atraer a miles de persoas a O Barco, polo menos trouxo decenas de pikolos de fora.
parecera que vivamos nun estado policial onde a xente que acude ós concertos é tratada como delincuentes por algúns destes "axentes da orde pública". Pídenche a documentación, que saques todo dos petos, e por riba tocanche os testículos para ver se atopan "sustancias" e todo isto en plena rua e á vista de tod@s.

Como xa onte habia poucos, hoxe parece ser que se vai incrementar o número de efectivos, así que xa sabedes, se tedes pensado pasar este fin de semana por Valdeorras, facédeo sen unha gota de alcohol nin doutras sustancias e co Carné de Identidade nos dentes.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 24-07-2009 13:48
Queres comentar ou preguntar algo?
son de meiga






Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 23-07-2009 01:04
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito á conselleira ante a gripe A
A Secretaria nacional de CIG-Saúde ben de remitir un escrito á conselleira de sanidade que pasamos a publicar:

A: Pilar Farjas Abadía.
Conselleira de Sanidade.


A infección por gripe A(H1N1)v , coa repercusión mediática que ten, e coas posibles consecuencias sanitarias da súa transmisión, é un reto para o Sistema Sanitario no seu conxunto. Conscientes do problema, observamos tamén con preocupación o previsible aumento de demanda, e queremos mostrar a nosa dispoñibilidade a colaborar no que sexa necesario coa Consellaría de Sanidade, tanto para aplicar medidas de prevención de riscos laborais como para reducir o impacto da infección na poboación.
Resulta imprescindible contar cunha planificación seria e con protocolos de actuación e recursos (servizo 061, atención primaria, hospital, redes de transporte), así como dunha política informativa rigorosa e da máxima transparencia, para que a cidadanía e as/os traballadoras/es da sanidade se sintan confiadas/os e tranquilas/os coa atención prestada polo Sistema.
Ademais disto, suxerimos que estuden e programen diversas medidas de prevención de riscos e de organización asistencial como as seguintes:

1. Dotación de mascarillas, luvas e solucións hidroalcólicas suficiente nos centros sanitarios.

2. Organización da recepción de pacientes con sospeita de infección respiratoria nos centros sanitarios, para reducir tanto a transmisión ao persoal do Servizo Galego de Saúde como á poboación que haxa no centro nese momento. Estudar, nese sentido, a posible instalación de medidas físicas de barreira nas instalacións de recepción inicial de pacientes, cando estes chegan ao centro sanitario.

3. Mellorar os circuítos asistenciais, nomeadamente a drenaxe de pacientes xa atendidos, nos servizos de urxencias hospitalarios, así como a dotación de persoal destes servizos.

4. Mellorar a coordinación, as veces deficitaria, entre a F.P. 061 e os niveis asistenciais de Atención Primaria e Atención Especializada. Reforzar a rede de transporte urxente (061) con máis dispositivos así como a coordinación coa rede de transporte social.

5. Reforzar, mediante contratación de persoal eventual, os Centros de Saúde para poder efectuar unha vacinación rápida da poboación, tanto con persoal de enfermaría como con persoal non sanitario.

6. Reforzar, mediante contratación de persoal eventual, os Puntos de Atención Continuada durante o período no que se prevea aumento de demanda asistencial.

7. Poñer en marcha novos dispositivos de atención domiciliaria (con persoal médico e de enfermaría) de ámbito comarcal para reforzar a atención ordinaria de AP e reforzar os servizos de HADO durante este tempo..

Estas son suxestións que precisan un estudo e unha planificación, pero que entendemos que se deben preparar agora. Mantémonos á súa disposición para traballar fronte a esta infección.
Reciba un saúdo.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2009
María Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 22-07-2009 13:20
Queres comentar ou preguntar algo?
Intenciois do novo goberno en materia sanitaria.
Recollemos a parte que afecta a sanidade dunha entrevista ó novo presidente da Xunta; a entrevista foi publicada no diario "el país" o pasado domingo 19.
podedes velo enteiro, premendo aquí.

Pensamos que estas declaraciois dan pistas sobre o que poden ser as súas intenciois en materia da xestión da sanidade pública.

P. ¿Le parece una solución correcta que una empresa privada gestione un hospital público?

R. Ese tipo de sistemas no deben ser expulsados de la red. En un hospital nuevo, yo haría una gestión de titularidad pública. Pero no hay gestión pública o privada, sino eficiente o ineficiente. La asistencia sanitaria ha de ser de titularidad pública, pero el Sergas no debe ser el que sepa de cocinar, de limpiar, de esterilizar, de mantenimiento, de la construcción... Todo lo que existe de red privada la mantendremos, y en lo nuevo, la asistencia debe ser pública y la gestión, eficiente. Titularidad pública y gestión, la de un buen padre de familia.

P. ¿Por qué un médico del Sergas va a agilizar su trabajo si luego puede lucrarse de los pacientes que ese mismo sistema deriva a clínicas privadas?

R. Eso es lo que hay que evitar. No hay que prohibirle a los médicos el ejercicio de su profesión, pero sí establecer controles para que no utilicen indebidamente el sistema público. No olvidemos algo: todo lo que atienda el sistema privado no lo ha de atender el público. A mí no me preocupa que las personas con recursos vayan a un hospital privado, me preocupa tener medios para atender a los que no pueden ir a la privada. El gasto en sanidad privada está por debajo de la media europea. Incentivaría un doble aseguramiento, porque así para la patología banal usted irá al seguro y para la grave, ya sé que vendrá a mí. Pero al menos me quito la banal. Y utilizo los quirófanos y las salas para quienes no pueden ir a la privada.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 22-04-2009 13:24
Queres comentar ou preguntar algo?
concentracións silenciosas en repulsa polas agresións de Moratalla
CONCENTRACIÓN EN TODOS OS CENTROS DO SERGAS
POLO ASASINATO DA MÉDICO DE MURCIA



mércores, 18 de Marzo de 2009


As Organizacións abaixo asinantes desexan expresar a súa máxima repulsa e condena polos sucesos acaecidos na madrugada do 11 de marzo no Centro de Saúde de Moratalla, en Murcia, que ocasionaron a morte dunha médico de familia, de 34 anos, e feridas a un condutor de ambulancia que se atopaba no Centro de Saúde.
Os devanditos profesionais atopábanse desempeñando a súa actividade laboral no Servizo de Urxencias do citado centro, cando foron agredidos cunha arma de fogo por un paciente que acudiu ao Servizo de Urxencias.
Por todo iso, convocamos a TODO O PERSOAL de todos os Centros de Saúde, Centros Hospitalarios e Servizos de Urxencias a realizar unha CONCENTRACIÓN SILENCIOSA, durante cinco minutos, na entrada dos respectivos centros de traballo, o mércores día 18 de Marzo de 2009 co seguinte horario:

Na quenda de mañá, a concentración será ás 12 horas
Na quenda de tarde, a concentración será ás 18 horas
Na quenda de noite, a concentración será ás 23 horas

SINDICATOS: OMEGA - CESM - SATSE - SAE - CCOO - UGT - CIG - CSI.CSIF - SPF

CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS MÉDICOS

SOCIEDADES CIENTÍFICAS: AGAMFEC - SEMG Galicia - SEMERGEN Galicia - SEMES Galicia
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 16-03-2009 13:14
Queres comentar ou preguntar algo?
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
CONCENTRACIÓNS DIA 6 MARZO-CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER TRABALLADORA- SANTIAGO DE COMPOSTELA
informamosvos que dentro dos actos de celebración do DÍA 8 DE MARZO, día da Muller Traballadora, e co ánimo de demandar a implantación de plans de igualde, políticas de conciliación da vida laboral e familiar, implantación da perspectiva de xénero na saúde laboral ..... tanto nas administracións públicas coma nas empresas privadas, é polo que vos convocamos aos seguintes actos de protesta, pedindo a vosa participación

CONCENTRACIÓN ás 11:OO horas : ENTRADA SUPERMERCADO GADIS, rúa Frai Rosendo Salvado Comarca de Compostela e Federación de Servizos en Santiago de Compostela.

CONCENTRACIÓN ás 12:OO horas : ENTRADA EDIFICIO ADTVO SAN CAETANO- BLOQUE 1
Area Pública CIG CONSELLARÍA DA PRESIDENCIA. Santiago de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 04-03-2009 10:54
Queres comentar ou preguntar algo?
xa estamos no facebook
Como nestas datas de "amor, paz" e todos eses tópicos, a actividade en canto a novas e acción sindical é mínima, pois acabamos de meternos noutro fregao mais, creamos un grupo no faceboock co fin de ter un lugar un pouco menos anónimo e frio que o blog no que compartir simplemente as nosas inquedanzas, este non é un lugar para consultas, para iso xa está o blog, somente é un punto de encontro mais cálido e personalizado, aquí coñeceredes @s nos@s delegad@s e compañeir@s de sección sindical, iremos engadindo fotos e vídeos e gustaríanos a vosa participación activa nel.
Benvid@s a tod@s @s que queirades participar no noso grupo.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 02-01-2009 15:00
Queres comentar ou preguntar algo?
loteria
xa temos á vosa disposición no local da CIG a loteria de nadal en participaciois de 5 euros.

este ano xogamos ó número: 36.188

A ver se este ano por fin o calvo ese se lembra de nós ;).
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 05-11-2008 12:07
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0