CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

ISAAC
Noticia extraida de Vieiros.

'Isaac', seleccionado para o Festival Europeo de Cine e Televisión 'Memorimage'

O certame internacional celébrase en Reus (Cataluña) e está especializado en documentais e filmes que axudan a construír a historia.

Isaac, o documental de Xosé Abad sobre a figura de Isaac Díaz Pardo, continúa a súa andaina de festival en festival. Agora viaxará a Cataluña, ao prestixioso Festival Europeo de Cine e Televisión Memorimage que se celebra en Reus. O documental, dirixido por Xosé Abad e con guion de de Carlos Vázquez, amosa en 55 minutos a personalidade, biografía e pensamento do intelectual galeguista, mais tamén incorpora, a través das palabras de Díaz Pardo, temas de actualidade e reflaxións sobre o país e o mundo como a economía galega, a guerra civil e a represión franquista ou a Guerra do Irak.

No documental interveñen persoeiros como o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, Xesús Alonso Montero, catedrático da USC e militante do PC, Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, os escritores Xabier Seoane e Manuel Rivas, os músicos Benedicto García e Xurxo Souto, o editor Sabino Torres ou o historiador Ramón Villares. O filme está coproducido por EAF Produccións e CRTVG, coa colaboración e da Consellería de Cultura.

Memorimage ten como subtítulo 'Filmes de hoxe con imaxes de onte', e centra a súa programación nos documentais e filmes históricos.



Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 07-08-2008 12:26
Queres comentar ou preguntar algo?
a flor mais grande do mundo (jose saramago)
un relato para nenos e adultos narrado por saramago, Un corto colmado de símbolos e enigmas, destinado a unha infancia que crece nun mundo quebrado polo individualismo, a desesperanza e a falla de ideais.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 25-06-2008 00:58
Queres comentar ou preguntar algo?
BASEADO EN FEITOS ... QUE PUIDERON TER ACONTECIDO
do mesmo director de Auga esta curta gañou o Premio Galicia 2006 (mellor curta galega da 34 edición do Certame Audiovisual Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa).

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 06-06-2008 14:33
Queres comentar ou preguntar algo?
Curriculum Vitae
unha curta sobre a problemática da busca de emprego.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 31-05-2008 12:23
Queres comentar ou preguntar algo?
auga
Curtametraxe galega de terror dirixida por Ozo (2007). Con Marcos PTT e David Perdomo.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 24-05-2008 12:43
Queres comentar ou preguntar algo?
adeus edrada? de ruben riós
Edrada é unha aldea do concello de Vilariño de Conso, nela está rodada esta película de Rubén Riós que foi un dos protagonistas de Pradolongo, este de abaixo é o argumento da curtrametraxe que deixamos no blog que contén ademais unha entrevista ós protagonistas da curta.

Susiño é un cativo de dez anos moi medorento. Unha das historias máis presentes nos seus soños e nas súas vivencias do día a día é unha historia que lle contou a Tía Narza sobre a Santa Compaña. A emigración dun veciño, José, é motivo de inquedanza e sorpresa para Susiño. Pasado un ano, a volta deste veciño fai que esa inquedanza e sorpresa se convertan en ledicia e nunha esperanza que se verá truncada, porque unha noite cando Susiño está mirando pola fiestra a Santa Compaña, da que tanto escoitara falar, ven na procura do seu veciño José. Isto provocará unha serie de acontecementos nos que o cativo verá cos seus propios ollos como un ser querido pasa deste mundo ao outro acompañado e flanqueado pola Santa Compaña.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 17-05-2008 00:16
Queres comentar ou preguntar algo?
tebras
a santa compaña percorre errante tódalas noites os camiños, e visita cada casa na que en breve haberá difuntos, se a veis, marca un círculo no chan, non vaia ser que te leve con ela.
TEBRAS é unha curta sobre a santa compaña.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 10-05-2008 12:33
Queres comentar ou preguntar algo?
As Muxicas
unha curta de Carlos Alberto Alonso está inspirada nun relato do mozambicano Mia Couto, e influenciada (segun palabras do propio autor) pola obra de cineastas coma David Lynch ou Roger Corman, esta peza contou cunha sorprendente banda sonora a cargo do desaparecido grupo ferrolán, Os Cempés.

primeira parte


segunda parte


Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 04-05-2008 12:59
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis