CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

para mariñeiros nós
"Para mariñeiros nós" é unha serie que comezou a gravarse para emitir exclusivamente en internet, mais que, á vista do éxito obtido, vai dar proximamente o salto á TV, ao estilo do que sucedeu con "Qué vida más triste", que agora emite a Sexta.

Para que vaiades coñecendo ao Pinto e máis ao Cobiñas, os mariñeiros protagonistas da serie, e para que escachedes coa risa e quededes con ganas de máis, deixámosvos aqui o capítulo 2 e o capítulo 3 da primeira tempada. Agora andan pola segunda.






Se vos deixa bo pouso, podedes coñecer máis sobre a serie, e ver o resto de capítulos nestas ligazóns:


PMN


serie "para mariñeiros nós"
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 04-04-2010 11:48
Queres comentar ou preguntar algo?
Nor-noroeste: a viaxe bravú
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 31-03-2010 12:12
Queres comentar ou preguntar algo?
bechos raros
O ser humano é o becho máis raro da natureza. Para demostrar esta afirmación seguiremos os pasos de tres curiosos especímenes de bechos raros: José Luis pertence á tribu urbana dos ?sinistros?, Raul é un frikie dos video-xogos e Eva unha fervinte adepta á astroloxía. Os tres sofren a marxinación dunha maioría que os rechaza por ser diferentes e lles dificulta a procura de alimento, seguridade e reproducción que guía os instintos de tódolos animais. Cada un deles enfróntase á decisión de cómo vivir a súa condición de raro. José Luís elixe a estratexia do camaleón, esconde a súa verdadeira personalidade e camíflase entre a maioría para non sufrir. Raul, como un lobo solitario, refúxase na súa guarida e se relaciona co mundo a través dunha pantalla de ordenador. Eva busca a calor dunha manda de lunáticos coma ela, entre os que sentirse integrada. Esta é a historia de tres bechos raros habitantes nun ecosistema ?normal? que lles é hostil, que elixen tres formas distintas de vivir a súa vida. E precisamente é esa capacidade de elección a que fai do ser humano o becho máis raro da natureza.



flocos.tv
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 04-09-2009 21:20
Queres comentar ou preguntar algo?
Carcamáns
"Carcamáns", do director Marcos Nine, tenta transmitir, coas imaxes e os testimonios dos afectados pola marea negra do Prestige, a épica e o valor que os mariñeiros da illa de Arousa demostraron nos tres días cruciales da crisis, aqueles días nos que loitaron coas suas propias mans para extraer o fuel do mar.



flocos.tv
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 28-08-2009 13:14
Queres comentar ou preguntar algo?
Segadores, Xulio Nogueira, 2003
Documental que recupera as vivencias e a vida cotiá dos valdeorreses que ían segar a Castela e á Rioxa nos anos cuarenta e cincuenta. En paralelo ás entrevistas cos protagonistas reconstrúense escenas da sega tradicional, rodadas nos seus escenarios naturais.



flocos.tv
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 21-08-2009 14:06
Queres comentar ou preguntar algo?
Sempre Xonxa en Petín
Documental realizado no marco dun obradoiro, cos rapaces e rapazas de Petín, como homenaxe ao director Chano Piñeiro, no 10 aniversario do seu pasamento. Conta a experiencia vivida polos veciños de Petín que participaron no filme, combinada con imaxes da película, espazos da rodaxe e testemuñas diversas de persoas implicadas na produción. Tamén participan Uxía Blanco, Manolo González e Mari Luz Montes.
Director:Ignacio Vilar

para velo en alta resolucion na páxina de flocos, preme aquí.

podes acceder a ver a película sempre xonxa da que trata este documental.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 18-08-2009 12:50
Queres comentar ou preguntar algo?
o hospital
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 17-03-2009 12:42
Queres comentar ou preguntar algo?
Good night mon ami
Animación en plastilina, baseada nun relato de Castelao. Nun porto do norte de Europa, encóntranse un mariñeiro que fala inglés con outro que fala francés. Ambos beben xuntos, ainda que sen entenderse. Cando se dispoñen a pagar danse conta de que acaban de ser vítimas dun ladrón de carteiras.





Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 13-03-2009 18:52
Queres comentar ou preguntar algo?
Xares, o río que nos leva
Documental de difusión cultural que recolle a memoria histórica das xentes do pobo de Alberguería, pobo que desapareceu no ano 1958 baixo as augas do río Xares no concello da Veiga (Ourense). Alberguería personaliza un fenómeno que se reproduciu en toda Galicia nos anos da ditadura Franquista. A peza recupera un fragmento da historia para que non se repita e analiza teses actuais que pretenden minimizar o problema dos encoros en Galicia.



Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 28-02-2009 12:08
Queres comentar ou preguntar algo?
Lobos sucios
Lobos sucios é a historia dunha época na que nazis e aliados libraban unha singular batalla na Galicia do interior en plena II Guerra Mundial. É a revolución mineira do wólfram (wolf=lobo, ram=sucio) que se descobre a partir do desenterro dun corpo, do desenterro de memoria e do desenterro dunha lenda...
Coa participación do escritor Manuel Rivas.

Este documental refrexa parte da historia de Valdeorras, desenrólase nas montañas de Trevinca, as mais altas de Galiza onde as guerrillas de Galiza e León se fixeron fortes na súa resistencia contra o franquismos, moitos destes guerrileiros foron utilizados como man de obra gratuita nas minas de wolfram.


Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 25-02-2009 11:42
Queres comentar ou preguntar algo?
o pai de Migueliño
Esta é a adaptación que en 1977 fixo Miguel Castelo do relato de Castelao do mesmo título, onde se narra a historia dun neno que agarda a volta do pai desde as Américas.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 20-01-2009 13:04
Queres comentar ou preguntar algo?
Vellas
O amor, a paixón, o sexo... non entenden de idades. Curta ambientada no mundo rural interpretada pola avoa do director, Amalia Touriño, e a súa veciña Áurea García. Director: Carlos Prado Pampín.
Curta gañadora de cantro premios do concurso Curtas na Rede 2008.


Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 13-01-2009 11:14
Queres comentar ou preguntar algo?
Man
lembrádesvos de man o aleman de camelle que din que morreu de pena cando o afundimento do prestixe?, nesta curta que hoxe publicamos no blog él é o protagonista.

Man morréu de pena co chapapote do PRESTIGE e dixo:

«yo decir que esto no debe limpiarse nunca...,Ser episodio de la Historia. Quedar así debe, para todos recordar quién es hombre, porque hombre no querer a hombre, ni a mar, ni peces ni playa»


Man é un soñador, un home libre que vive tranquilo en harmonía coa natureza. É feliz no seu xardín máxico que ten como terraza un inmenso océano. Ata que un día de lonxe, no horizonte, advirte que unha inmensa e escura masa uniforme desprázase ameazante cara á costa.
Director: Juan Carlos Abraldes, Luís Fernández Santiago, Luís Faraón


Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 03-01-2009 14:14
Queres comentar ou preguntar algo?
A guerra dos avós
Interesante curta de Óscar Galansky sobre a guerra civil. Un mozo invítanos a acompañalo na súa investigación do acontecido na súa vila, Moaña, durante a Guerra Civil. Nunha imaxinaria viaxe no tempo trasládase a Moaña tal e como debía ser o 18 de xullo de 1936. O mozo coñecerá cómo o golpe triunfa no pobo e o alcalde é sustituido mentres nas rúas manda a Falanxe, a cal leva a cabo unha política represora. Aqueles feitos marcaron ós moañeses, que ainda hoxe conservan medos e rencores. Con só 20 anos, Óscar Galansky dirixe e presenta este documental con partes ficcionadas que mostra episodios acaídos en Moaña durante os primeiros momentos da Guerra Civil e que son representativos no ámbito galego, nas fases do alzamento militar e a inmediata represión.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 30-12-2008 10:59
Queres comentar ou preguntar algo?
a escola das áreas
en flocos.tv atopamos esta animación en plastilina, baseada nun texto de Frai Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 24-12-2008 12:57
Queres comentar ou preguntar algo?
os defuntos falaban castelao
atopamos en flocos.tv, esta divertida animación baseada nun relato de Ánxel Fole.
Na noite de defuntos, nunha aldea galega, unha rapaza foxe da súa casa para escapar co seu mozo e prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que falan en castelán no cemiterio.
se tarda en cargar dadelle a pausa e esperade uns minutos antes de empezar a vela

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 17-12-2008 14:06
Queres comentar ou preguntar algo?
km54
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 15-12-2008 19:27
Queres comentar ou preguntar algo?
mamasunción de aniversario
Xa o puxemos unha vez, hai tempo, pero en vista de que está de aniversario, repoñemos a curta galega máis premiada, obra do grande Chano Piñeiro, "mamasunción":


ParteI



Parte II

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 06-12-2008 14:54
Queres comentar ou preguntar algo?
flores brancas
Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 07-11-2008 14:02
Queres comentar ou preguntar algo?
The End
Coñece un dos primeiros traballos de Carlos Alberto Alonso, rodado no ano 1996 e estreado no ano 2000 en salas comerciais http://www.asmuxicas.com/theend.htm . Con exteriores do xa desaparecido Cine Goya da Coruña, "The End" combina o terror psicolóxico cunha abondosa dose de humor negro.

Guión orixinal de Jose Luis Ducid

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 27-08-2008 13:12
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0