|
|
|
o parauguas do xosé do cuco de velle |
|
|
|
|
|
Xares: o río que nos leva |
|
Velaqui un resumo do documental "Xares: O río que nos leva" de Pedro Prada, onde se narra a historia do asolagamento da Alberguería e o éxodo dos seus habitantes pola construcción do encoro de Prada.
|
|
|
|
Ugia Pedreira - Teño Saudade |
|
|
|
|
|
Albergaría |
|
hai uns meses falábamos sobre Albergaría, un pobo do concello da Veiga asolagado cando se fixo o encoro de Prada, hoxe atopamos en Vieiros a seguinte reportaxe.
Medio século despois A Albergaría volve saír a flote
Os veciños dunha aldea do municipio da Veiga que desapareceu pola construción do encoro reviven a súa historia constituíndo unha asociación.
Un 14 de maio de 1958 as augas comezaban a asolagar as terras da Albergaría, no municipio valdeorrés da Veiga. Seiscentas persoas deixaran atrás as súas casas para deixarlle sitio a un encoro programado polas autoridades franquistas. Precisamente, pouco máis de tres anos despois, en setembro de 1961 o ditador, acompañado da súa dona, Carmen Polo, inaugurou o encoro de Prada, propiedade da empresa Hidroeléctrica Moncabril.
Mais a memoria non hai xeito de pechala baixo a auga. E aínda que as casas e os agros quedaron asolagados, os veciños que un día tiveron que deixar todo atrás nunca esqueceron cal era a súa patria pequena. Un exemplo é que cada 15 de agosto os veciños celebran a festa patronal á beira do río Xares, algo que tamén fan os que tiveron que marchar para Bos Aires.
Quizais por iso mesmo, este mércores cando se cumpren exactamente cincuenta anos do éxodo, A Albergaría volve a rexurdir. Un grupo daqueles exiliados forzosos e dos seus descendentes constitúen no Barco de Valdeorras a Asociación Cultural da Albergueiría-Oleiros (A.C.A.O)
A asociación nace para que nunca morra na memoria aquel lugar e as xentes que o poboaron. Como explican os estatutos do novo colectivo que acaba de nacer, a misión é transmitirlle a lembranza dun pobo que xa non aparece nos mapas.
Poden ampliar información nesta páxina.
|
|
|
|
25 de abril |
|
|
|
|
|
Uxia - As fadas que te faden |
|
|
|
|
|
galiza sitio distinto |
|
|
|
|
|
Alberguería, medio século baixo as augas |
|
hoxe botamos unha ollada ó pasado. Nesta mesma área de saúde no concello de A Veiga, no ano 1958 o pobo de Albergueria foi asolagado pola política franquista de construcción de encoros. hoxe viña unha entrevista de la región a unha afectada que viviu na suas propias carnes o desaloxo do pobo, esta entrevista foi a raiz da presentación dun documental sobre este pobo o seu título é ? Xares, o río que nos leva?, de Pedro Prada, é o relato cronolóxico da expulsión e diáspora das xentes do pobo de Alberguería mesturado con declaracións ?especializadas? sobre o tema das centrales hidroeléctricas en Galicia.
e buscando referencias no tubo sobre alberguería, deixámosvos esta montaxe de fotos en branco e negro sobre a alberguería e as suas xentes nas vésperas de aquel 1958.
|
|
|
|