CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Grave incidente no HCV... e non foi por non avisar!
Acaba de producirse un incidente que, sen ter graves consecuencias persoais afortunadamente, si que pode considerarse moi grave, máxime cando se leva denunciado en moitísimas ocasións o perigo de que isto chegara a suceder.

Hai escasos minutos, varios dos andeis onde se gardan as historias clínicas do HCV viñéronse abaixo, atrapando a unha traballadora do arquivo debaixo, afortunadamente con tanta sorte que só resultou ferida leve.

As fotos non chegan a dar conta da impresión que produce ver o arquivo coas estanterías totalmente dobradas, as historias ciscadas polo chan e a sensación de que puideron morrer debaixo deses ferros tres traballadoras que nese momento se atopaban na estancia. Do que si dan conta as fotos e da situación precaria na que traballa o persoal de arquivos do HCV.

Desde CIG-Saúde levamos denunciado en numerosas ocasións a situación do arquivo, con masificación de historias, andeis cunha altura considerable sen estabilidade de ningún tipo, sobrecargados de peso, corredores estreitos para moverse entre eles, escaseza de espazo físico e multitude de graves deficiencias que, xa o levamos dito moitas veces, facían prever un desenlace como o de hoxe.

Como non é o primer accidente en archivos, as Xerencias anteriores do HCV, comprometeronse, no Comité de Saúde Laboral, a reformar o servicio, cunha ampliación do actual arquivo mais cunha construcción exterior ao mesmo tempo que se cambiaría o sistema de almacenamento das historias clínicas, pero sempre se espera ata ter un accidente para facer os cambios.
Neste caso as traballadoras non sufriron lesións;pero esperemos que a reforma prometida e que consta nas actas do Comité de Saúde Laboral, se materialice dunha vez por todas.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 15-12-2009 15:03
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG-Saúde solicita a instalación de mamparas nas recepcións
DE: DELEGADO DE PREVENCIÓN CIG
A: DIRECTORA XERENTE
A: COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE
A: UNIDADE DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
A: XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA

Para evitar a propagación da Gripe A, e demais enfermidades infecciosas entre os/as traballadores/as, e conforme á Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/95 e normativa de desenvolvemento, solicitamos a instalación de mamparas de protección nos mostradores de atención aos usuarios, no Hospital Comarcal de Valdeorras, en especial na entrada principal, e en todos os Centros de Saúde da Área de O Barco.

Tal e como marca a normativa, a negativa ás solicitudes dos delegados de Prevención terán que ser XUSTIFICADAS.


Atentamente

Carlos Álvarez.
Delegado de Prevención de CIG-Saúde.



En resposta ao noso escrito, a Xerente do HCV contesta que as mamparas se instalarán o antes posible.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 02-10-2009 11:29
Queres comentar ou preguntar algo?
medidas excepcionais ante a gripe A
@s compañeir@s de CIG-Saúde Vigo elaboraron este informe en base ó borrador que nos facilitou o SERGAS o venres e que podedes acceder a el dende aquí

Diante da pandemia da Gripe A H1N1, a administración amparándose na lexislación actual pode tomar as seguintes decisións:

?Denegación, suspensi6n ou revogaci6n das autorizacións de desfrute de vacacións, licenzas e permisos. (disfrutaranse despois)

?Xornada de traballo e descansos poderán ser suspendidas.

?Mobilidade: rexeranse, de entrada, polo principio de voluntariedade. Poren, polo tempo que resulte indispensable, as Xerencias poderán utilizar as facultades de reordenación e mobilidade inherentes ao feito de que o persoal esta legalmente adscrito a Área Sanitaria, con independencia do destino adxudicado nos procesos de selección e provisión, fixa ou temporal, e do ámbito de prestación que figure no seu nomeamento. A administración poderá trasladar de forma temporal ou definitiva, dentro da Área Sanitaria, ao persoal cando existan razóns de imperiosa necesidade.

?Reordenacións funcionais, organizativas ou asistenciais: o persoal poderá ser adscrito aos centros ou unidades situados dentro do ámbito que o seu nomeamento precise. (ser movido de servizo)

?O persoal estará obrigado a prestar colaboración profesional cando así sexa requirido polas autoridades como consecuencia da adopción de medidas especiais por razóns de urxencia ou necesidade

?O persoal estatutario, previa resolución motivada e coas garantías en que cada caso dispóñanse, poderá ser destinado a centros ou unidades situadas fora do ámbito previsto no seu nomeamento.

?O persoal estatutario poderá ser destinado en comisión de servizo, con caracter temporal, ao desempeño de funcións especiais non adscritas a unha determinada praza ou posto de traballo.

?A través da programación funcional do correspondente centro poderase establecer a distribución irregular da xornada ao longo do ano.

?Mediante a programación funcional dos centros poderanse establecer xornadas de ata 24 horas para determinados servizos ou unidades sanitarias, con caracter excepcional e cando así o aconsellen razóns organizativas ou asistenciais.

?As disposicións relativas á xornada de traballo e períodos de descanso poderán ser transitoriamente suspendidas como medida excepcional e polo tempo da súa duración. As medidas especiais previstas neste artigo non poderán afectar ao persoal que se atope en situación de permiso por maternidade ou licenza por risco durante o embarazo

?Por necesidades de servizo ou funcionais poderán trasladar ao persoal a unidades ou departamentos distintos ao do seu destino, respectando as retribucións, e condicións esenciais de traballo.

?Os profesionais poderán prestar servizos conxuntos en dous ou mais centros por necesidades urxentes e inaprazables, aínda cando manteñan a súa vinculación a un deles.

?Contratacións: Poderanse prorrogar os nomeamentos dos bloques de vacación de verán de catro meses a seis. Tamén poderase centralizar a xestión das listas de contratación, axilizar e simplificar as incorporacións automáticas, priorizar as listaxes nas Unidade críticas ( áreas especiais, UCI-Rea, Hemodiálise ...), Valorarase as suspensión das penalizacións (agás por motivos graves). Nas categorías nas que exista un maior déficit de profesionais.

Poderase autorizar a realización de nomeamentos mediante as listas de promoción interna temporal das persoas que fosen excluídas destas listaxes por non acreditar no seu momento dous anos en servizo activo como persoal fixo.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 07-09-2009 10:17
Queres comentar ou preguntar algo?
desmontando a gripe A


Algún lector do noso blog de CIG-Saúde O Barco deixou nun comentario unha ligazón a este vídeo, moi interesante para ter outra perspectiva da gripe A:

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 02-09-2009 11:57
Queres comentar ou preguntar algo?
risco no embarazo ante a gripe A
Despois de que algunha enfermeira do HCV acudira a nós para plantexarnos que solicitaran unha suspensión de emprego por risco de embarazo debido, entre outros riscos, tamén á gripe A, e séndolle esta denegada pola dirección, fixemos unha serie trámites tanto en saúde laboral como en dirección que conlevaron a convencer á dirección do HCV e á resolución do problema no senso en que o solicitaron as traballadoras, ante a falla de servizos onde adaptar os postos de traballo polos riscos destas.
Felicitámonos do cambio de opinión da Xerenta, "rectificar é de sabios".

Ó fio disto recomendamos ás traballadoras embarazadas do SERGAS, que acudan ó servizo de saúde laboral e poñan en coñecemento deste a súa situación.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 01-09-2009 10:23
Queres comentar ou preguntar algo?
SIMULACRO NO LABORATORIO DO HCV
Como parte da implantación do Plan de emerxencia do HCV, Onte realizouse no laboratorio, o simulacro dun lume no almacen de productos químicos perigosos.

Como era de esperar, houbo moitos fallos, tanto de comunicación como de organización, pero estas probas, permiten coñecer estos erros para correxilos.

En pouco tempo teremos o Plan de Emerxencia totalmente implantado no Hospital.

¡¡¡¡¡¡¡POR FIN¡¡¡¡¡¡¡

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 02-04-2009 10:54
Queres comentar ou preguntar algo?
resposta do 061






esta da esquerda é a contestación ó escrito que lle enviamos ó 061 denunciando o estado das rodas dalgunha das suas ambulancias, preguntámonos se os responsables e inspectores do 061 necesitan gafas ou acaso trátase dalgo mais grave.
Apuntar co dia seguinte da denuncia, a esa ambulancia fóronlle cambiadas as rodas.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 28-07-2008 13:07
Queres comentar ou preguntar algo?
ambulancias con rodas lisas
a sección sindical de CIG-Saúde Barco, vimos de presentar un escrito ante a Xerencia do HCV, o comité de saúde laboral e a Unidade de Prevención de Riscos Laborais, denunciando o estado en que se atopan as rodas dalgunha ambulancia que presta servizos para o HCV, as fotos foron tomadas esta mañá e nelas veise claramente o lamentable estado das rodas, que supoñen un claro perigo non solo para o persoal senon tamén para os pacientes, polo que pedimos unha inspección de tódalas ambulancias e a corrección por parte da empresa adxudicataria de tódolos problemas que se poideran detectar.

esta non é a primeira vez que denunciamos irregularidades neste servizo básico para a nosa área de saúde que despraza tódolos dias duzias de persoas da sua casa a servizos do HCV e das unidades do HCV ós Centros de referencia como Ourense, polo que deben estar especialmente supervisado.

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 09-07-2008 09:58
Queres comentar ou preguntar algo?
Avaliacion de riscos da Centraliña Feita
Despois de varios escritos, pedindo esta avaliación, (o primeiro escrito do 2003), por fin está feita.

Reformarase o local da Centraliña, e as traballadoras terán unha sala independiente dos aparellos, con mais espacio para o seu traballo.

Tamén se modificará a sala de celadores lindante ca centraliña.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 06-09-2007 08:59
Queres comentar ou preguntar algo?
NOVAS AXUDAS CONCILIACIÓN VIDA FAMILIAR E LABORAL
Convocanse axudas á conciliación da vida familiar e laboral para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.
Resumen:
-Tempo máximo reducción xornada 8 meses
-Afecta as Reduccións entre o 33%, e o, 50% da xornada.
-Importe máximo das axudas co 50% de reducción da xornada: 3000 euros o primer fillo, 3300 o segundo, e 3600 o terceiro..
Pra descargar picade no link que está debaixo, e na páxina que se abre en "clik here to start download"

Mais información no local da CIG.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 16-07-2007 09:46
Queres comentar ou preguntar algo?
CLIMATIZACIÓN E NOVOS VESTIARIOS PARA MANTEMENTO
Hoxe o Xerente comunicou que xa había unha partida de cartos para mellorar o servicio de mantemento.
Despois de moitos escritos da CIG, e unha denuncia a inspección de traballo, por fín se van a facer os vestiarios de mantemento e se vai a climatizar o servicio; hai que lembrar, que é un dos poucos servicios do HCV que non tiña nin calefacción nin aire acondicionado.

Tamén nos informou da construcción dun novo almacén na central térmica, que paliará un pouco a escasez de espacio de almacenaxe do HCV.
A ver si deste xeito hai espazo para que as camas que non se utilizan non estean bloqueando as portas de emerxencia

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 11-06-2007 14:21
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito de carencias en materia de saude laboral
Este de abaixo é o derradeiro escrito enviado pol@s delegad@s de prevención de CIG-Saúde, denunciando deficiencias en materia de saúde laboral:


DE: DELEGADO PREVENCIÓN CIG
A : DIRECCIÓN XERENTE
A : COMITÉ DE SEGURIDADE E SAUDE
A : UNIDADE DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Solicito se corrixan as seguintes deficiencias, xa denunciadas por nós, noutros escritos, entre eles o 149 do 14-2-2003:

? Acceso a climatizadores planta 1ª . Non reune os mínimos do RD 486/1997 sobre lugares de traballo

? ¿Cándo comezará a fase que contempla a construcción dos vestuarios de mantemento.Recordamoslle que temos un requerimento de inspección de traballo que nos avala.

? ¿Cándo se vai a corregir o acceso as oficinas de mantemento dende as torres de frío?, a saída dunha porta debe ser a un rellano de ancho como a mesma porta, e non directamente ás escaleiras.
Incumple a o RD 486/1997 sobre lugares de traballo.

? O Sistema antiincendios sigue averiado, todos os días hai falsas alarmas e averias.

? ¿Cándo se van a poñer as máquinas con renovación de aire para Anatomía Patolóxica e para Laboratorio Vello?.
? As condicións do lugar de traballo das telefonistas non reunen os requisitos mínimos dos lugares de traballo, polo tanto:
Solicitamos se faga unha avaliación das condicións do lugar de traballo das telefonistas pola Unidade de Prevención de Riscos Laborais, e no caso de encontrarse, se corrixan as deficiencias detectadas
? Non existe climatización en Lenceria, só calefacción, ¿Cándo se vai a poñer frío?.

? ¿Qué se pensa facer co sistema de aire nos aillados das plantas de hospitalización?, o circuito de aire non ten aillamento dos demais locais das plantas.
? O taller mecánico non ten extracción, que é obrigatoria cando se realizan traballos de soldadura.

? As vías de circulación do recinto hospitalario non cumplen o RD 486/1997, xa que non teñen sinalizados pasos de peatóns, as aceras non teñen a anchura suficiente, non hai sinais de limitación de velocidade, e o chan non é adecuado para o transportes de carros de man nos lugares habitualmente utilizados para esa tarefa.

? Para os traballos a altura superior a 3 mtrs fai falta unha plataforma elevadora ou no seu defecto arneses e cintos de seguridade. Nos non temos nin unha cousa nin outra e traballamos a mais de esa altura.

? A alarma de incendios ten que estar situada nun lugar onde sempre exista unha persona, non é o caso da nosa, co que reiteramos a petición de que se pase esta alarme a un teléfono.

? Xa que se vai a mercar unha nova máquina de esterilización de Óxido de Etileno; solicitamos a compra dunha central detectora de Óxido de etileno para esterilización, xa que a existente rixese pola antigua norma de 50 ppm, e o límite actual é 1ppm. Ou senón o troco do novo esterilizador de gas por un de plasma, que según a antigua supervisión de quirófano sería suficiente para as necesidades deste Hospital. Seguimos insistindo en que o almacenaxe dos cartuchos de Óxido de etileno en Esterilización incumple a normativa, a Xerencia anterior había quedado en comprar un armario antilume adecuado.

? O laboratorio non ten presión negativa, co que incumple a normativa do RD 664/1997 sobre axentes biológicos.

? Solicitamos un control ambiental en anatomía Patológica, e os resultados da medicións ambientais en esterilización.

? ¿ Cándo se vai a iniciar a implantación do plan de emerxencia?.

Atentamente, Carlos J Alvarez Fernández, D. de Prevención de CIG.



O Barco 25 de Maio de 2007

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 29-05-2007 11:47
Queres comentar ou preguntar algo?
vestiarios novos: unha chapuza
Os vestiarios novos xa están practicamente rematados, e os millóns que costou a reforma mellorou pouco as condicións dos mesmos.

Seguimos sin espacio dabondo para todas as taquillas, non caben os bancos entre as mesmas, e seguimos sin ter taquillas separadas para a roupa de traballo e a de casa, para os traballadores que traballan con axentes biolóxicos e canceríxenos.

Os vestiarios pronto estarán operativos, pero, ¿Non se pudo facer mellor a reforma con esa cantidade de cartos?

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 21-05-2007 10:46
Queres comentar ou preguntar algo?
ACOPLAMENTOS POR MOTIVOS DE SAUDE
BASES DE ACTUACIÓN EN ACOPLAMENTOS POR MOTIVOS DE SAÚDE NO HOSPITAL COMARCAL VALDEORRAS.

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 01-02-2007 19:53
Queres comentar ou preguntar algo?
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0