CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

concentración aumento de plantilla
hoxe tivemos a 2ª concentración polo aumento de plantilla no HCV, a participación foi moi boa, como poderedes apreciar na foto.
durante a concentración informóuselle ó persoal as xestiois feitas pola comisión de centro, puxémonos en contacto co delegado provincial do SERGAS e estamos á espera que concrete unha data para unha reunión cos responsables do SERGAS a nivel provincial e a comisión de centro.
quedamos convocados para outra concentración o mércores que ven dia 5 de decembro.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 28-11-2007 11:37
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración aumento plantilla
hoxe levamos a cabo a concentración contra do borrador de orzamentos da plantilla do HCV, que como xa vos dixemos para o ano 2008 é CERO.
na Asemblea previa e na concentración participamos mais de medio cento de traballadores/as, do HCV e quedamos emprazados a unha nova concentración para o mércores ás 11 horas na entrada do hospital.
faremos tamén unha recollida de sinaturas para mandar ó SERGAS e á conselleria de economia, pedindo un incremento da plantilla para que nos vaian equiparando ó resto de hospitais comarcais.


por parte do persoal se falou de convocar de novo á plataforma en defensa da sanidade pública, posto que os compromisos da conselleira de sanidade para con esta área de saúde estanse vendo que quedaron en nada, unha vez que remataron as mobilizaciois.


extraemos a noticia do diario "la región"



Polémica sanitaria
Los fondos que Sanidade destina a la plantilla del Hospital enfrentan a empleados y dirección
Los trabajadores piden una 'discriminación positiva' para igualar su oferta a la de Burela o Monforte


Los trabajadores del Hospital recogen firmas para que Sanidade no lo “marxine”. Dicen que Burela y Monforte aumentarán su plantilla en el 2008, algo que no está previsto en O Barco. Su director dice que su actividad es inferior al de esos hospitales.

Los trabajadores del Hospital Comarcal Valdeorras comenzaron a reunir firmas y a concentrarse “pedindo que non sexa marxinado, pois é o único da comunidade autónoma no que non aumentará a plantilla no 2008”, según José Manuel Álvarez, de la Comisión de Centro.

Lo anunció en el transcurso de una reunión que este jueves 22 de noviembre se desarrolló en el salón de actos del HCV. Durante la misma, Elva Arias, apuntaba que “os orzamentos da Xunta aínda non están aprobados. Habería que facer presión para que non quede así”.

Un tercer miembro de la comisión, Víctor Pariente, dio a conocer la plantilla de personal de los hospitales de Burela, Monforte y O Barco. En los dos primeros en el 2008 se creará un empleo, manteniéndose el mismo número de trabajadores en el barquense. “Trasladámoslle á Xerencia que Sanidade aplique a discriminación positiva e nos acerque ao resto de hospitais”, se quejó Víctor Pariente, quien recordó las protestas de la Plataforma en Defensa da Área Sanitaria de Valdeorras.

Sus quejas fueron rechazadas por el director gerente del Hospital. Roberto Rodríguez recuerda que los hospitales de Burela y Monforte disponen de más camas y atienden a una población mayor que la valdeorresa.

“Es falso que la plantilla no aumente”

El gerente del Hospital de O Barco afirma que “es falso que la plantilla no se incremente”. Apuntó que en el 2008 se adjudicarán seis plazas de jefatura, cinco de supervisores y tres de administrativos. Roberto Rodríguez indica que estas adjudicaciones permitirán contratar a seis médicos, cinco enfermeros y tres administrativos.

El director del centro hospitalario apunta que “la consellería dijo que iba a primar la Atención Primaria el año próximo”, además de “consolidar los contratos precarios en hospitales. Pero en O Barco no hay”, afirmó Roberto Rodríguez.


a cobertura das prazas das que fala o Xerente pertncen a xefaturas que xa tiñan que estar dadas o ano pasado, polo qque non solo é falso que se aumente plantilla no 2008 senon que ademais se leva atrasado mais de un ano estas prazas. Ademais, as prazas de supervisores xa están cubertas con contratos temporais.


Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 22-11-2007 23:08
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración protesta
A Comisión de Centro do HCV informa que mañá ás 11 e media da mañá, vaise levar a cabo unha asemblea seguida dunha concentración do persoal do HCV, para protestar polo aumento CERO da plantilla do HCV para o ano que ven, como xa dixemos no seu dia é a primeira vez na historia deste hospital que se nos conxela a plantilla e iso que cando mantivemos a entrevista ca conselleira de nadidade hai dous anos a raiz das protestas pola falta de persoal no HCV, comprometérase en aquel momento a dar unha discriminación positiva a este hospital e ó resto de comarcais, e vaia se discrimina, pero dun xeito negativo.

os orzamentos preveise que sexan aprobados a mediados de decembro, polo que intentaremos dende a comisión de centro do HCV, intentar que se modifiquen e a lo menos intentar arañar algunhas prazas, polo que é moi importante o compromiso de todo o persoal nesta loita para que se nos escoite en santiago.

lembrade:

mañá as 11,30 asemblea seguida de concentración, non faltes.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 21-11-2007 13:16
Queres comentar ou preguntar algo?
reunion dirección HCV - Comisión de Centro
onte dia 19 de novembro, a Comisión de Centro do HCV mantivo unha reunión ca xerencia, para tratar unha longa lista de temas:

cabe destacar a petición por parte da comisión de centro de aumentar plantilla en enfermaria, celadores e persoal administrativo, asi como a cobertura da praza de pinche de cociña que está desocupada, dando a máxima urxencia á cobertura desta praza e á 2ª enfermeira de noite na planta de medicina interna, de tal xeito que de non tomar nota a Dirección "pronosticamos un quentamento global" nestes servizos. (se estudiará)

tamén se pediu a reorganización de servizos como o de especialidades onde se pide que a 2ª enfermeira de noite pase a formar parte da plantilla. (se estudiará)

solicitamos tamen unhas pautas para reforzar os servizos cando estén colapsados, para que o persoal que este de quenda non teña por que rifar ca supervisora ou xefe de garda, para a cobertura do reforzo. (se estudiará)


Solicitamos a creación e posta en marcha de varias comisiois de traballo entre elas unha para unificar criterios nos dias por asuntos propios. (aceptado)

tamen se pediu a creación dun gurpo de traballo para protocolizar a forma de pruducirse os ingresos nas plantas, neste grupo aparte dos responsables dos servizos, tamén participará unha persoa elexida polo persoal. (aceptado)

pediuse tamén que o persoal informático (estatutario) do HCV, fixera as gardas localizadas e que se remate ca empresa privada ca que teñen concerto. (non saben non contestan)

abordamos tamén que se iniciaran xa os acoplamentos internos do persoal fixo e unha vez rematados iniciar o de persoal interino. (aceptado)

tratouse tamen os orzamentos do 2008 que deixan ó HCV sen ningun aumento de plantilla, a Direccion alega que eles solicitaron e que é cousa de Santiago. ó fio disto avisamos que o xoves que ben teremos unha concentración de protesta contra os orzamentos, e para que sexan modificados, mañá daremos mais información´sobre o tema.

por ultimo quedamos emprazados a unha próxima reunión urxente para tratar a problemática das peonadas.


Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 20-11-2007 18:56
Queres comentar ou preguntar algo?
o SERGAS discrimina ós hospitais comarcais
o SERGAS discrimina ós hospitais comarcais na dotación de plantilla para o ano 2008, sendo o HCV o mais discriminado de todos, posto que é o único hospital da rede SERGAS no que non se aumenta unha sola praza en ningunha categoria, o que é mais se reconvirte unha praza de enfermeira en supervisor.


temos graves carencias en moitos servizos que necesitan dun aumento de plantilla para poder sacar de encima as longas listas de espera que hai, o SERGAS parece ser que opta pola autoconcertación (peonadas) para intentar solventar estes problemas en vez de crear plantillas estables e dotaciois suficientes.

parece ser que para que as cabezas do SERGAS se tome en conta as necesidades dos centros necesitan ver clima laboral caldeado e cheo de conflictos.

que pasa? que como estamos a 200 km de Santiago se pasa de nós moi ampliamente, posto que é a primeira vez na historia do HCV que non temos unha sola praza de aumento de plantilla, nin nos mellores tempos do Cochón pasou isto.

na reunión do luns co Xerente vamos a ver se nos dí cales son as causas para que se nos ningunee deste xeito. Levamos moiitos anos pelexando CON tódolos medios por unha calidade asistencial e unhas condiciois de traballo dignas.
A nosa acción sindical se basa nestes principios, sen facer ruido se as cousas se poden arranxar polas boas, está claro que o SERGAS entendeu mal a mensaxe, polo que nos tememos un fin de ano quente.

se isto non se amaña non teremos problema en poñer os guantes de novo e facernos oir aquí e en Santiago.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 13-11-2007 15:03
Queres comentar ou preguntar algo?
comisión de centro 12-11-07
na comisión de centro que mantivemos onte, presentamos as demandas dos servizos cos que mantivemos reuniois ata o de agora. Como puntos mais destacados os seguintes:

. Planta azul: dotación sen demora da 2ª enfermeira na quenda nocturna.

.Planta laranxa: reorganización do servizo con protocolos de traballo para todo o persoal que alí traballa.

. Planta verde: consolidación e inclusión na plantilla da segunda enfermeira de noites.

e afectan a tódalas plantas as segintes reclamaciois:

. negociación dun protocolo de ingresos de urxencias no que participe a lo menos un/ha traballador/a de cada servizo afectado.

. buscar criterios para aplicar cando o HCV está saturado ou o tipo de pacientes que hai ingresados requiran un reforzo de persoal, ben sexa enfermeira ou auxiliar.

celadores: dotar ó HCV do 3º celador de noite e un celador por servizo no resto de quendas.

pinches de cociña: marcar unhos mínimos funcionais e que nunca se este por debaixo de 5 pinches de cociña por quenda. Cobertura inmediata do pinche de cociña que fai as veces de coordinador do servizo. (este punto tamen o traia a UGT)

persoal informático: gardas localizadas para o persoal deste servizo.

a estas propostas da CIG hai que engadir as presentadas por UGT:

auxiliares administrativos: incrementar un auxiliar administrativo en arquivos en quenda de tarde. e dotar de administrativo quirófano e rehabilitación.

mais a petición de información á xerencia dunha serie de temas como presupostos 2008, endoscopias, urxencias, etc, etc.

todo foi aprobado por unanimidade estando delegad@s de tódolos sindicatos e será remitido á Xerencia para abordar estes temas na reunión entre comisión de centro- xerencia o luns 19.


Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 13-11-2007 10:55
Queres comentar ou preguntar algo?
asemblea
aproveitando a visita de Xoan Cons secretario nacional de CIG-Saúde, convocamos unha asemblea para todo o persoal do HCV para tratar da carreira profesional e os novos permisos en base á lei da función pública e o estatuto básico do empregado público.

será mañá mércores ás 11,30 horas no salón de actos do HCV.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 23-10-2007 13:25
Queres comentar ou preguntar algo?
reunión co Xerente do HCV
hoxe a comisión de centro do HCV, mantivo unha reunión ca Direccción para entre outras cousas se nos informara do problema das especialidades no HCV, neste momento un solo anestesista cubre toda a actividade, quedámonos sin urólogo e este servizo está descuberto, a estas alturas non hai cardiólogo e seguimos co problema de falta de pediatras e radiólogos entre outros.
a contestación do Xerente foi que na primeira semana de outubro, incorporaríanse dous anestesistas mais. pero no resto dos problemas plantexados, limitouse a decir que están intentando contactar con estes especialistas pero que non hai, que en uroxia non habia outra que mandar ós pacientes a ser atendidos a Ourense.
Ante esta perspectiva dende a comisión acordouse mandar un escrito ós medios de comunicación denunciando a situación que estamos a padecer, escrito que vos reproducimos a continuación.

DE: Comisión de Centro de Hospital Comarcal Valdeorras.
A: Medios de comunicación.

NOTA DE PRENSA

Desde a Comisión de Centro do Hospital Comarcal Valdeorras queremos amosar a nosa preocupación pola situación actual e futura da sanidade pública na comarca de Valdeorras.

Xa durante os meses de verán asistimos á marcha deste Hospital de 2 médic@s especialistas en Anestesia, quedando reducido o persoal de Anestesia a un só traballador no mes de setembro. Se ben parece que se vai proceder á próxima incorporación de dúas persoas desta especialidade, non deixamos de ver con preocupación a situación que se aveciña:
• Nestes momentos o HCV non conta con servizo de Uroloxía, logo da marcha do único médico desta especialidade que viña desenvolvendo o seu traballo neste hospital, dando a Xerencia como única solución a esta carencia a derivación dos pacientes de Uroloxía ao CHOU.
• A esto hai que engadir as necesidades que xa se viñan tendo de prazas en Pediatría, Cardioloxía e Radioloxía.
• Próximamente, coa resolución da OPE en curso, varios traballadores e traballadoras de distintas especialidades acadarán praza noutros hospitais, coa subseguinte marcha do HCV, e con dúbidas de que outr@s especialistas pasen a ocupar os postos vacantes neste hospital.

Despois de dous anos desde que esta Comisión de Centro conxuntamente coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, denunciara con mobilizacións a precaria situación da sanidade na comarca de Valdeorras, con falta de especialistas, falta de servizos básicos e falta de previsión para cubrir estas necesidades, e tras unhas intensas mobilizacións conseguiramos da administración o compromiso de poñer medidas para solventar estas carencias, non temos coñecemento de que se teña habilitado ningunha medida real que solucione o problema de carencias actual e vindeiros deste hospital comarcal e na actualidade o HCV segue nunha situación precaria, que se ben non é tan grave como nalqueles momentos, de non aplicar as medidas necesarias, pode chegar a selo.

Por todo isto, esta Comisión de Centro solicita das administracións correspondentes que habilite as medidas precisas e necesarias para garantir un futuro digno da sanidade en Valdeorras.


CIG UGT CEMSATSE SAE CSIF CCOO

noticia en la región
noticia en la voz de galicia
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 27-09-2007 16:49
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG-Saúde O Barco na Intranet do HCV
Xa podedes consultar a nosa páxina accedendo desde a Intranet do HCV coa vosa clave persoal: Se pinchades nas ligazóns da esquerda da pantalla, onde pón INTERNET e despois escolledes ORGANIZACIÓNS SINDICAIS no menú despregable que vos sae atoparedes a CIG-Saúde Barco.

Deste xeito podedes consultar todas as novidades ainda que non dispoñades de internet na casa, se sodes persoal HCV basta con que accedades á Intranet coa vosa clave.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 03-09-2007 01:57
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatorias xefaturas e interinidade
Resolución 3/2007, do 18 de maio, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras, pola que se convoca para a súa provisión, por concurso de méritos, un posto vacante de xefe de grupo de persoal de xestión e servizos.

Resolución 4/2007, do 23 de maio, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras, pola que se convoca para a súa provisión, por concurso de méritos, un posto vacante de xefe de grupo de persoal de xestión e servizos.

Resolución do 15 de xuño de 2007, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras, pola que se anuncia convocatoria para vinculación temporal, mediante nomeamento de interinidade, dun facultativo especialista de área de cirurxía xeral e do aparello dixestivo.





Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 27-07-2007 12:56
Queres comentar ou preguntar algo?
reuniois cos servizos
As reuniois levadas a cabo esta semana co persoal dos servizos de laboratorio e rehabilitación confírmanos co "estado de saúde" en canto á clima laboral do persoal que alí traballa é lamentable, especialmente no caso de laboratorio.

Laboratorio: mantivemos reuniois por separado con TEL, ATS e Auxiliares de enfermería, nas tres reuniois comprobamos que o escrito enviado ós medios de comunicación polo colexio de enfermeria arremetendo contra dos tel, acabou de dinamitar as poucas pontes abertas que quedaban para reconducir o conflicto, algo que era patente como denunciamos no seu dia. Este comunicado de prensa do colexio foi criticado polo persoal de tódalas categorias de laboratorio, resultando sorprendente que o persoal ATS era quén mais doido estaba con él.
A conclusión que sacamos destas reuniois foi a de que a única solución de arranxo pasa polo xuzgado, e será nese intre en base ó que decida o xuiz cando esixiremos que a Xerencia do HCV cumpla co que o xuiz estipule. En tanto presionaremos para que se manteña a organización provisoria que hai ata o de agora neste servizo.

Rehabilitación: O problema de rehabilitación dista moito do de laboratorio, pero hai problemas na cobertura de dias e nas listas de espera. Persoal e CIG decidimos pedir unha entrevista co Xerente a 3 bandas, persoal, CIG e Dirección, para tratar estes problemas.
Esperamos que a dirección tomara boa nota do que pasou en laboratorio para non cometer os mesmos erros con rehabilitación.
O xoves 7 empezaremos a visitar os centros de saúde para darnos a coñecer e recoller os problemas e sensibilidades do persoal.

Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 02-06-2007 13:41
Queres comentar ou preguntar algo?
colexio oficial de enfermería de Ourense, que medoo
Que medo nos dan determinad@s responsables dalgunhas organizaciois coorporativas, cando abren a boca.
Esta é a noticia que ven hoxe La voz de Galicia .
Alertan de que personal sin formación trata de usurpar funciones de enfermería

el Colexio Oficial de Enfermería de Ourense ha denunciado «las continuas injerencias y pretensiones de personal, ajeno a la profesión» que tratan de usurpar sus funciones en los servicios de laboratorio y banco de sangre del hospital valdeorrés. Aunque no lo precisan en su comunicado, el problema surge del intento de los técnicos de laboratorio de asumir todo el proceso para la realización de pruebas y transfusiones en lugar de únicamente los análisis.
La falta de preparación de ese personal para ejercer tales funciones preocupa al Colexio Oficial de Enfermería: «No estamos dispuestos a permitir que la población vea disminuida su calidad asistencial, y ponga en riesgo su vida, porque se utilice la confianza depositada para mantener los intereses laborales y económicos de determinados colectivos», dicen en su comunicado
.


Cando pensábamos que o conflcto de laboratorio podería perder intensidade e voltar a un clima laboral de normalidade, de novo unha organización coorporativa como é o Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, torpedea a conciliación entre os colectivos que alí traballan (ATS, TEL e Auxiliares de Enfermería)acusando aos TEL de non están nin preparados nin cualificados para execer as funciois que lles corresponden no laboratorio.
Que determinados sectores da enfermería mais rancia utilice eses argumentos, pese a normativa e as sentencias existentes, non nos sorprende, posto que seguen cos mesmos argumentos dende á creación da categoria de TEL hai un cuarto de século. Pero que podan causar alarma social soltando ós medios de comunicación alucinaciois mentais do tipo ....No estamos dispuestos a permitir que la población vea disminuida su calidad asistencial, y ponga en riesgo su vida...Eso é un indicador do "calentamento cerebral" de quén verteu estas declaraciois á prensa, causando unha alarma social inxustificada en base ós seus intereses corporativos.
Todo o persoal que traballa nese servizo está perfectamente cualificado; e cando decimos todo significa TODO enfermeir@s, técnicos, auxiliares e facultativos.
No laboratorio do HCV as funciois do persoal non cambiaron dende hai moitos anos, polo que non sabemos moi ben a santo de qué aparece agora este Ente vertendo merda contra todo o que non sexa ATS/DUE.
Está claro que o que pretenden é un enfrontamento entre colectivos no que sería moi pouco sensato entrar.
O que importa é atopar unha solución en base a normativa e a lexislación vixente que permita conciliar posturas dos distintintos profesionais. Nós a lo menos, é a liña de actuación que defenderemos


Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 19-05-2007 16:00
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis